Dmitrii Anatolevich Medvedev[1] (en ruso Дмитрий Анатольевич Медведев), nado o 14 de setembro de 1965 en Leningrado (actual San Petersburgo), é un político ruso, actual vicepresidente do Consello de Seguridade de Rusia dende 2020.

Modelo:BiografíaDmitrii Medvedev

(2018) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Дмитрий Анатольевич Медведев Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
San Petersburgo (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Deputy Chairman of the Security Council of the Russian Federation (en) Traducir
16 de xaneiro de 2020 –
← sen valor
Leader of United Russia party (en) Traducir
30 de maio de 2012 –
← Vladimir Putin
Primeiro ministro de Rusia
8 de maio de 2012 – 16 de xaneiro de 2020
← Vladimir PutinMikhail Mishustin →
Presidente da Federación Rusa
7 de maio de 2008 – 7 de maio de 2012
← Vladimir PutinVladimir Putin →
First Deputy Chairman of the Government of the Russian Federation (en) Traducir
14 de novembro de 2005 – 12 de maio de 2008
Kremlin Chief of Staff (en) Traducir
30 de outubro de 2003 – 14 de novembro de 2005
Deputy Chairman of the Government of the Russian Federation (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCasa Branca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaNacionalismo ruso Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo (1982–1987) Editar o valor en Wikidata
Altura163 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e educación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxurista, político, empresario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoRusia Unida (2012–)
Partido Comunista da Unión Soviética (–1991) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForzas Armadas de Rusia Editar o valor en Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
ConflitoInsurgência no Cáucaso Norte (pt) Traducir
Conflito de Ossetia do Sur de 2008 Editar o valor en Wikidata
Deportenatación
halterofilia Editar o valor en Wikidata
Participou en
2014anexação da Crimeia à Federação Russa (pt) Traducir
23 de xaneiro de 2013Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSvetlana Medvedeva (1993–) Editar o valor en Wikidata
FillosIlya Medvedev Editar o valor en Wikidata
PaisAnatoly Medvedev Editar o valor en Wikidata  e Yulia Medvedeva Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia (full versions) (en) Traducir
Lentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webda-medvedev.ru Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3792617 Allocine: 542672
Facebook: 175517041850 Twitter: MedvedevRussia Instagram: damedvedev Telegram: medvedev_telegram VK: dm Editar o valor en Wikidata
Medvedev

Anteriormente foi presidente de Rusia entre 2008 e 2012 e primeiro ministro de Rusia de 2012 a 2020.

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Seu pai, Anatolii Afanasevich Medvedev, morto en 2004, era profesor do Instituto Tecnolóxico Lensovet; súa nai era profesora de lingua no Instituto Pedagóxico Hertzen, logo guía de museo. Fillo único. Vivían no barrio Kuptchino na periferia da cidade.

Diplomado pola facultade de Dereito civil da Universidade de Leningrado en 1987, doutor no 1990. Sendo aínda estudante, apaixonouse pola fotografía e o rock'n'roll. Gañou tamén competicións de halterofilia. Casou no ano 1989 coa súa compañeira de escola Svetlana Linnik, diplomada de finanzas e economía, que traballa en Moscova. O matrimonio ten un fillo, Ilia, nado en 1996.

A facultade de Dereito de San Petersburgo formou dous presidentes, Vladimir Putin (diplomado en 1975) e Medvedev (en 1987).

Carreira profesional e política

editar

Entre 1990 en 1999 foi profesor da Universidade Estatal de San Petersburgo. Entre 1990 e 1995 foi conselleiro do Presidente do Concello Municipal de Leningrado, Anatolii Sobchak, experto no Comité de relacións exteriores do concello de San Petersburgo. Máis tarde serviu directamente so a dirección de Vladimir Putin. Estaba a cargo da posta a punto de diversos contratos e proxectos de investimento.

No ano 1993 foi un dos fundadores da empresa «Fincell», á súa vez matriz fundadora de «Ilim Pulp Enterprise», un dos xigantes forestais rusos. Nesta última compañía, Medvedev foi director de asuntos xurídicos. En 1998, entrou no consello de dirección dunha das maiores empresas controladas por aquela: o combinado forestal de Bratsk. Converteuse, en decembro de 1999, en director adxunto da administración presidencial, para pasar a director, ao ser designado no ano 2000.

No 2000, tórnase aínda presidente do consello de dirección do grupo Gazprom.

En outubro de 2003, pasa a xefe de administración do Kremlin.

Era desde o 14 de novembro de 2005 primeiro Viceprimeiro Ministro, coa responsabilidade da posta en marcha dos proxectos nacionais e prioritarios.

O 10 de decembro de 2007, Medvedev é designado candidato á elección presidencial rusa de 2008 por catro partidos, Rusia Unida, Rusia Xusta, Partido Agrario e Forza Civil, membros da coalición actualmente no poder e que sostiñan a Putin. Foi elixido, sen sorpresa, presidente de Rusia, o día 2 de marzo de 2008, na primeira volta das eleccións presidenciais, co 70,23 % dos votos.

Medvedev é considerado como un dos xefes da á «liberal» do Kremlin, por oposición aos «siloviki» (exército, policía, servizos de seguranza).

Presidente de Rusia

editar

Aos 42 anos de idade, Medvedev converteuse no terceiro presidente da Rusia postsoviética logo de Boris Eltsin (1991-1999) e Vladimir Putin (2000-2008) e no máis novo.

Tomou oficialmente posesión do cargo o 7 de maio de 2008.


Predecesor:
Vladimir Putin
 
Presidente da Federación Rusa

2008 - 2012
Sucesor:
Vladimir Putin
  1. Segundo a transliteración oficial de Rusia (véxase WP:TRL).