Donatismo
O Donatismo foi unha doutrina cristiá que defendía que só os presbíteros non pecadores podían impartir os sacramentos, así mesmo entendía que, tras a conversión, os fieis tiñan que manter unha vida irreprochable para permaneceren na Igrexa. Xurdiu tras as persecucións de Diocleciano, e debe o seu nome ao bispo Donato que, radicalizando as moi respectadas opinións do seu antecesor Cibrán de Cartago, entendía que non se podía acoller con misericordia aos que se afastaran da fe rendendo culto ao Emperador.
Agostiño de Hipona combateu con teimosía estas concepcións contrarias a súa doutrina da graza, pero se mantiveron ata á conquista árabe do norte de África a través dunha Igrexa paralela que, fronte ao Papa de Roma e concilios como o Concilio de Arlés, vivían comunitariamente un cristianismo radical.