Eduardo Vincenti

político galego

Eduardo Vincenti Reguera, nado na Coruña o 13 de outubro de 1857 e finado en Madrid o 4 de abril de 1924, foi un político galego.

Modelo:BiografíaEduardo Vincenti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1855 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1924 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Madrid
28 de xuño de 1905 – 15 de xuño de 1906
← Gonzalo Figueroa y TorresAlberto Aguilera →
Alcalde de Madrid
19 de xuño de 1903 – 2 de novembro de 1913
← Joaquín Ruíz GiménezLuis Marichalar y Monreal (pt) Traducir →
Deputado das Cortes
1886 – 1889
Concelleiro de Madrid
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, político, telegrafista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParentesEugenio Montero Ríos, sogro
Manuel García Prieto, concuñado
Benito Calderón Ozores, concuñado Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Vincenti y Reguera (Eduardo), p.482) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 11358 BNE: XX854441 BUSC: vincenti-reguera-eduardo-1857-1924


Homenaxe a Eduardo Vincenti dos Auxiliares das Escolas Normais.

Traxectoria

editar

Realizou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer no periódico El Eco de Tambo e desenvolveu unha notable carreira política: militando no Partido Liberal, foi deputado por Pontevedra desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros. En 1897 dirixiu en Madrid o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en La Revista Popular (1904).

Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos, de quen foi aliado político.

Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros e subforos.

Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas.

A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns do Parque das Palmeiras da cidade de Pontevedra.

 
Sepulcro no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
  • Estudios sobre las reformas penitenciarias (1880).
  • Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera (1884).
  • La propiedad foral en Galicia (1888), con prólogo de Joaquín Díaz de Rábago, Biblioteca Gallega.
  • La libertad de prensa (1902).
  • Estudios sobre emigración (1908).[1]
  • La educación popular: memoria (1911).
  • Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria (1916).
  • El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria (1917).

E unha adaptación de El Quijote para nenos.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Gonzalo Figueroa y Torres
i conde de Mejorada del Campo
  
Alcalde de Madrid
 
28 de xuño de 1905-15 de xuño de 1906
Sucesor:
Alberto Aguilera y Velasco
Predecesor:
Joaquín Ruiz Jiménez
  
Alcalde de Madrid
 
19 de xuño de 1913-2 de novembro de 1913
Sucesor:
Luis Marichalar y Monreal
viii vizconde de Eza