Emilia Docet
Emilia Docet Ríos, nada en Vigo o 9 de xullo de 1915 e finada o 22 de febreiro de 1995, foi unha deportista[1] galega. Obtivo tamén os títulos de Miss Galicia e de Miss España en 1933.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1915 Vigo, España |
Morte | 1995 (79/80 anos) |
Actividade | |
Ocupación | modelo |
Traxectoria
editarModelo e deportista
editarFilla de Francisco Docet, galego, e Emilia Ríos Renjifo, peruana, quen tiveron seis fillos. Estaba emparentada coa familia de Xosé Núñez Búa, fundador do Partido Galeguista. Estudou para perito mercantil en Vigo, e traballou no Laboratorio Miguel Servet. Destacou na natación durante a Segunda República Española como membro do Club Marítimo de Vigo.
Presentouse a Miss España en 1933,[2] nunha edición que patrocinaba o xornal Ahora. O 14 de febreiro dese ano gañou a final do concurso en Madrid.[3] Meses máis tarde presentouse a Miss Europa, que se celebraba tamén en Madrid, fronte a outras trece modelos europeas, e quedou como dama de honor. O triunfo foi para a rusa Tatiana Maslova. Posteriormente foi modelo das galletas Pitusín[4], da empresa La Peninsular, que se fabricaban en Tui[5].
Acción política
editarMilitante do Partido Galeguista na agrupación local de Vigo,[6] o 16 de xuño de 1933 recibiu, canda Manuel Luís Acuña, unha homenaxe do partido no Hotel Miño de Ourense. A esta asistiron, entre outros, Vicente Risco, Ramiro Illa Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, María Luz Morales, Eduardo Blanco Amor, Xohán Luís Ramos Colemán ou Manuel Peña Rey.[7] Durante a súa actividade política visitou o ministro de Agricultura republicano para que se lles levantase o embargo aos 7.000 labregos avalistas do empréstito estatal concedido para construír o matadoiro porriñés de Marucoga[8]. Tamén foi a única muller que interveu no primeiro mitin das arengas, acto público do Partido Galeguista celebrado o 25 de xullo de 1934 en Santiago de Compostela.
“ | Mulleres galegas, berrade comigo: Viva Galicia Ceibe. | ” |
—Emilia Docet. Mitin das Arengas da Quintana. 1934. |
Vida persoal
editarEn 1940 casou con Francisco Novoa Ortiz, funcionario axudante de obras públicas, que estivo destinado en Lugo, Pontevedra e no porto de Vigo, con quen tivo dous fillos, Juan e Francisco.
Notas
editar- ↑ Domínguez Almansa, Andrés (2013). "Un esfuerzo contra la exclusión, mujer, modernidad y cultura deportiva (Galicia 1880-1940)". III Ciclo de Conferencias : Xénero, Actividade Física e Deporte, 2011-2012 (en castelán). A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-543-1. OCLC 863513227.
- ↑ Mundo Gráfico 22/2/1933, páxinas 12, 13 e 37.
- ↑ Villares, Ramón (2004). Historia de Galicia, p. 354, Vigo: Editorial Galaxia.
- ↑ Giráldez, Diego, «Tan Miss España como galleguista», El País, 9/1/2011.
- ↑ Estévez Piña, Alberto. «Breve historia de la Guerra Civil en Tuy», 21/6/2008
- ↑ Bugallal, Isabel. «Las otras misses gallegas» Arquivado 12 de setembro de 2011 en Wayback Machine., Faro de Vigo, 21/7/2009.
- ↑ Valcárcel, Marcos, «Un banquete galeguista», La Región, 14/12/2008.
- ↑ Miss España 1933: Emilia Docet Arquivado 27 de xuño de 2018 en Wayback Machine., páxina web de Miss España.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emilia Docet |
Bibliografía
editar- Rodríguez Castelao, A. (1944). Sempre en Galiza
- Marco, Aurora (2007). "Docet, Emilia" en Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, p. 135-136, ISBN 978-84-8341-146-9.
- Sánchez Lubián, E. (2009). Emelina, la belleza que alumbró a la República: orígenes de los concursos de misses en España, 1929-1932, Deputación de Cidade Real.[1]
Ligazóns externas
editar- Giráldez, Diego: «Aquel galeguismo de Miss España» Praza Pública, 25/4/2013.
- Giráldez, Diego: «Emilia Docet. A Miss España galeguista» Álbum de mulleres, Consello da Cultura Galega.
- Rodríguez, Salvador: «Ni musa ni galleguista. Familiares de Emilia Docet, Miss España en 1933, critican la tergiversación de su imagen» Faro de Vigo, 20/4/2013.