Esporanxio
O esporanxio é a estrutura das plantas, fungos ou algas que produce e contén as esporas[1]. Atópanse esporanxios nas anxiospermas, ximnospermas, fieitos e os seus parentes, nas briófitas, algas e fungos.
En relación ao ciclo de vida das plantas, naquelas plantas cuxa xeración diplonte é multicelular (posúen "esporófito"), chámase esporanxio á estrutura nacida no esporófito que se especializa en levar a cabo a meiose que dará as esporas haploides (n).
Nos fieitos, os esporanxios poden estar recubertos por indusios.
Notas
editar- ↑ "Glossary". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2009. Consultado o 2008-12-10.