Estadi Ciutat de València
O Estadi Ciutat de València é un estadio de fútbol da cidade de Valencia, no que xoga os seus partidos oficiais o Levante Unión Deportiva. Atópase situado na Rúa San Vicente de Paúl, 44, no barrio de Orriols.
Estadi Ciutat de València | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°29′41″N 0°21′51″O / 39.494722, -0.364167 |
Localización | Valencia, España |
Construción | |
Inauguración | 1969 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 107 x 68 |
Capacidade | 25.354 |
Propietario | Levante UD |
Operadora | Levante UD |
Localía | Levante UD |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi inaugurado en 1969 baixo a presidencia de Antonio Román e cambiou de nome varias veces, antes do actual o seu nome era o de Nou Estadi. O Levante UD xogaba os seus partidos anteriormente no campo de Vallejo.
O campo ten unha capacidade de 25.354 espectadores. As dimensións do terreo de xogo son de 107 x 68 metros.
Zonas do estadio
editarActualmente no estadio hai 8 zonas diferenciadas para os espectadores desde onde se poden presenciar os partidos. Estas son:
- Palco VIP l'Alqueria
- Tribuna
- Bancada Central Alta
- Bancada Central Baixa
- Gol Orriols Alto
- Gol Orriols Baixo
- Gol Alboraia Alto
- Gol Alboraia Baixo
Novo estadio
editarO Levante UD presentou ao ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, un proxecto dun novo estadio de 40.000 espectadores, rodeado de auga, xunto á nova dársena da Copa do América. O Estado, que é a quen pertence o chan, non rexeita de entrada a idea e empraza ao club a desenvolver o plan para logo da Copa do América, "cando se constitúa a nova sociedade estatal" que xestionará o porto de Valencia.
O novo estadio estará rodeado de mar por tres dos seus catro lados, cun aparcadoiro subterráneo para 3.000 coches e xunto á base do Desafío español. O proxecto está dirixido por Alejandro Escribano, o mesmo arquitecto do Nou Mestalla. Os terreos están ocupados actualmente polo grupo naval Boluda, que está disposto a trasladar os seus estaleiros ao porto de Sagunt. O club pretende unha permuta dos terreos, propiedade do Estado, para edificar o seu novo campo sen custo algún, contando así mesmo co visto e prace do Concello de Valencia.
O proceso que levaría a cabo sería o seguinte: pola venda do seu antigo estadio en Orriols por un valor de 165 millóns de euros, que depende da recualificación das instalacións actuais. Con esa venda custearíase a construción do novo estadio no novo terreo, construído sobre terreo público. O club prevé, doutra banda, que a explotación comercial do estadio sexa encargada á empresa multinacional Area que xa xestiona outros recintos.