Estadio Nuevo Los Cármenes
O Estadio Nuevo Los Cármenes é un estadio de fútbol español da cidade de Granada. Serve de localía ao Granada Club de Fútbol e ten capacidade para 22.524 espectadores.
Estadio Nuevo Los Cármenes | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 37°09′11″N 3°35′45″O / 37.152967, -3.595736 |
Localización | Granada, España |
Construción | |
Inauguración | 16 de maio de 1995 |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 22.524 |
Propietario | Concello de Granada |
Operadora | Granada |
Localía | Granada CF |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toma o nome do antigo campo do Granada CF, o Estadio Los Cármenes, que estaba situado na Avenida de Madrid e foi vendido polo club para ser substituído por unha urbanización residencial.
Inaugurouse o 16 de maio de 1995, celebrándose o primeiro partido oficial o 6 de xuño de 1995. O partido inaugural, de carácter amigable, enfrontou ao Real Madrid contra o Bayer Leverkusen, e acabou coa vitoria por 1-0 do club español. O primeiro gol oficial marcado no estadio foi obra de Óscar nun España - Armenia en categoría Sub-21, que terminou coa vitoria española por 4 a 0. Os outros tres goles de España anotáronos Roberto, Morales e Raúl.