Fernando Quiroga Palacios

relixioso galego

Fernando Quiroga Palacios, nado en Maceda o 21 de xaneiro de 1900 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1971, foi un sacerdote e bispo católico galego. Doutor en Teoloxía, foi o primeiro Presidente da Conferencia Episcopal Española.

Modelo:BiografíaFernando Quiroga Palacios
Nome orixinal(es) Fernando Quiroga y Palacios Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1900 Editar o valor en Wikidata
Maceda, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Presidente da Conferencia Episcopal Española
1966 – 1969
← sen valor – Casimiro Morcillo González →
Cardeal presbítero Santo Agostiño
12 de xaneiro de 1953 –
Arcebispo de Santiago de Compostela
4 de xuño de 1949 –
← Carmelo Ballester NietoÁngel Suquía →
Bispo de Mondoñedo
25 de novembro de 1945 –
← Benjamín de Arriba CastroMariano Vega Mestre →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Bíblico Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1946–), sacerdote católico (1922–), teólogo, Arcebispo Editar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónAntonio García y García Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1963conclave de 1963
28 de outubro de 1958conclave de 1958 Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1080541 BUSC: quiroga-palacios-fernando-cardeal-1900-1971 Find a Grave: 154524729 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Lápida de Quiroga Palacios.
 
Lápida en homenaxe a Quiroga Palacios en Campobecerros.

Naceu nunha familia humilde, sendo o menor de cinco fillos, e quedou orfo de nai con dous anos. O seu pai foi cabo da Garda Civil e despois mestre de escola. Estudou no Seminario de Ourense e ordenouse sacerdote o 10 de xuño de 1922. Entre 1922 e 1923 foi ecónomo e coadxutor de Campobecerros (Castrelo do Val) e outra parroquia ourensá. Entre 1933 e 1946 dirixiu a revista Verdad y Vida.

Doutorouse en Teoloxía na Universidade Pontificia de Santiago e posteriormente doutorouse en Sagradas Escrituras pola Universidade Bíblica Pontificia de Roma. Foi profesor dos seminarios de Ourense e Valladolid. En 1945 foi designado bispo de Mondoñedo-Ferrol, posto no que permaneceu até o 4 de xuño de 1949, cando foi nomeado arcebispo de Santiago.[1] En 1957 inaugurou o Seminario Menor de Santiago de Compostela. Iniciou as obras de restauración do Seminario Maior e continuou as escavacións da catedral, onde se descubriu a tumba do bispo Teodomiro. Divulgador do Camiño de Santiago, creou o Instituto de Estudos Xacobeos e a súa revista Compostellanum. Impulsou as peregrinacións e o Ano Santo Xacobeo, organizando os correspondentes a 1954, 1965 e 1971, procurando recuperar o atractivo relixioso e o seu carácter multitudinario. Foi o primeiro cardeal que celebrou misa en lingua galega.

O 12 de xuño de 1952 foi nomeado cardeal polo papa Pío XII[2]. Amigo do cardeal Angelo Roncalli[3], participou como cardeal elector no Conclave de 1958 que o designou Pontífice. Foi tamén cardeal elector no Conclave de 1963 que designou o cardeal Giovanni Montini como papa Paulo VI.

Foi nomeado membro da comisión preparatoria do Concilio Vaticano II por Xoán XXIII, participando tamén nas sesións do propio concilio. Nel impulsáronse as Conferencias Episcopais, e logo da creación da Conferencia Episcopal Española en 1966 foi nomeado o seu primeiro presidente[4].

Vacante a sede arcebispal de Toledo tralo falecemento do cardeal Enrique Plá o 5 de xullo de 1968, dábase por certo que o cardeal Quiroga Palacios sería elevado á sede primada[5], se ben enfermou de gravidade antes de que o 5 de decembro de 1971 se fixesen públicos os nomeamentos das sedes episcopais e arcebispais vacantes[6].

Faleceu en Madrid o 7 de decembro dese mesmo ano[7], sendo soterrado na catedral de Santiago de Compostela, ao pé do Pórtico da Gloria.

Distincións

editar

Foi nomeado académico de honra da Real Academia Galega pola súa defensa de Galicia. Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica[8], a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort[9], a Medalla de Ouro ao Mérito Turístico[10], a Gran Cruz de Honor e Devoción da Soberana Orde de Malta[11] e a Medalla de Ouro de Santiago de Compostela. Foi nomeado Fillo Predilecto de Maceda e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela e A Coruña.

Escudo de armas

editar
 
Escudo de armas.

As armas do cardeal Quiroga están formadas por un escudo acuartelado en cruz e entado en punta:

O primeiro, partido: 1º de goles, cáliz de oro, sumado da Sagrada Forma de prata e acompañado de sete cruces do mesmo, tres en cada flanco e unha na punta, esta flanqueada das letras M e O de ouro (Mondoñedo). 2º. De azul, unha nube de prata sumada da urna do sepulcro do Apóstolo Santiago, surmontada dunha estrela de oito puntas de ouro (Compostela).
O segundo, de prata, sobre ondas de azul e prata que representan un caudal de auga, unha ponte de cinco arcos de ouro, sumado na dereita por un castelo de ouro, ameado, mazonado de sable e aclarado de goles, e á esquerda un león rampante, armado uñado e linguado de ouro que levanta na súa dereita unha espada do mesmo metal, e no centro do xefe do escudo unha coroa real pechada (Ourense).
O terceiro, de goles, con cinco estacas de prata postas en pau e colocadas en faixa (Quiroga).
O cuarto, de goles, unha aspa resoltamente, axadrezada de dúas ordes de escaques de ouro e goles (Palacios). Entado en punta, de prata, a cifra en letras de sable "JHP".
En escusón de azur, un Sagrado corazón. Asomando tralo escudo, cruz patriarcal de ouro, de dobre traversa. Acolada a Cruz da Soberana Orde Militar e Hospitalaria de Malta.
Ao timbre, galero con quince borlas dispostas en cinco ordes a cada lado, todo de goles e rodeado das Bandas das Reais Ordes de Isabel a Católica e San Raimundo de Peñafort. Lema: Omnia in cartitate fiant.

Bispos consagrados por Fernando Quiroga

editar

Sucesión apostólica

editar
Artigo principal: Sucesión apostólica.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar


Predecesor:
Benjamín de Arriba y Castro
 Bispo de Mondoñedo 
1945-1949
Sucesor:
Mariano Vega Mestre
Predecesor:
Carmelo Ballester Nieto
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
1949 - 1971
Sucesor:
Ángel Suquía