Orde franciscana

(Redirección desde «Franciscanos»)

A palabra franciscano[1] ou seráfico[2][3] refírese aos seguidores dunha das ordes relixiosas que seguen a Regra de San Francisco, referida a Francisco de Asís, relixioso que viviu no século XIII. Os franciscanos adoitan levar unha vida sinxela, e algunha das súas ordes seguen votos de obeciencia, pobreza e castidade.[4]

Orde Franciscana
Ordo Fratrum Minorum
Emblema representativo dos franciscanos
Orde mendicante da Igrexa Católica
Historia
Fundación1209
FundadorSan Francisco de Asís
Aprobación16 de xullo de 1223, polo Papa Honorio III
Goberno e estrutura
EstruturaProvincias, Custodias, Conventos
MembrosEntre cerca de 13.000 e varios centos de miles, segundo as fontes.
PaísesPresente en máis de 100 países
Outros datos
LemaPax et Bonum
(Paz e Ben)
SiglasOFM
Sede centralRoma
Páxina webPáxina oficial da Orde Franciscana

O papa Francisco, a pesar de non ser de ningunha orde franciscana, elixiu o seu nome en honor a San Francisco de Asís debido á súa sinxeleza e dedicación aos pobres, para simbolizar a súa esperanza de que a Igrexa Católica se centre máis en servir aos necesitados.[5]

 
Provincia da Inmaculada Concepción

Hoxe, hai tres ramas principais destas ordes. Principalmente vense a si mesmos como parte da Igrexa Católica Romana ou Anglicana.

Tamén hai pequenas comunidades na Igrexa Antiga Católica e Protestante.

  1. "franciscano". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-03. 
  2. "seráfico". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-03. 
  3. O termo "seráfico" é un adxectivo derivado de "serafín", os anxos de maior xerarquía no catolicismo. Está relacionado coa serenidade anxelical, referido á tranquilidade característica de San Francisco.
  4. "Votos en comunidad - Frailes Franciscanos Conventuales" (en castelán). 2021-02-28. Consultado o 2024-11-03. 
  5. "Biografía del Papa Francisco, Jorge Mario Bergoglio". www.vatican.va. Consultado o 2024-11-03. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.