Francisco Javier Vázquez Varela
Francisco Javier Vázquez Varela, nado en Vigo o 8 de xuño de 1754 e finado en 1818, foi un avogado e político galego, alcalde de Vigo durante a Guerra da Independencia española.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1754 Vigo, España |
Morte | 1818 (63/64 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Vigo | |
Alcalde de Casa y Corte (en) | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Familia | |
Cónxuxe | Manuela Fontenla |
Traxectoria
editarDestituída a corporación anterior por sospeitarse do seu afrancesamento, foi elixido o 25 de xaneiro de 1809 por aclamación popular, pouco antes da chegada do exército napoleónico, a quen lle entregou a vila.
Durante os dous meses de ocupación fixo un traballo de desgaste contra o gobernador francés Jacques Antoine Chalot, mentres ía enviando apoios á resistencia do cerco de fóra das murallas.[2]
Logo da reconquista deuse orde de arresto contra el por colaboracionista cos franceses, porén foi exonerado e seguiu a carreira de xurisprudencia como Oidor da Audiencia de Galicia (máximo tribunal rexio de Galicia con sede na Coruña), Alcalde da Casa e Corte de Madrid e Conselleiro do Real Supremo Tribunal de Facenda en 1816, chegando a amasar unha gran fortuna.
Recoñecementos
editarO concello adicoulle o nome dunha rúa o 27 de marzo de 1909, a petición de Ricardo Senra Fernández.[3]
Notas
editar- ↑ "El alcalde de la ocupación francesa..." Arquivado 20 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "ReconquistadeVigo.com". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2016.
- ↑ Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 169. ISBN 84-87379-47-8.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cebrián Ramos, Beatriz; Material Didáctico. Vigo, 1809: Reconquista pp. 29-30. Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rolland, Eduardo; "Vigo baixo a ocupación francesa", La Voz de Galicia, 8/2/2009.
Predecesor: José Antonio Alonso Cayro |
Alcalde de Vigo 1809 |
Sucesor: ? |