Geraldine Page
actriz estadounidense
Geraldine Sue Page, nada en Kirksville, Missouri o 22 de novembro de 1924 e finada en Nova York o 13 de xuño de 1987, foi unha actriz de teatro e cinema estadounidense.
Traxectoria
editarEstudou arte dramática en Chicago e Nova York, tendo como un dos seus mestres a Lee Strasberg.
Comezou no teatro aos dezasete anos, conseguindo éxitos en obras coma Summer and Smoke ou Sweet Bird of Youth, protagonizada esta con Paul Newman.
A súa carreira cinematográfica, que comezou a finais dos anos corenta foi relativamente breve, a pesar do cal logrou oito candidaturas ao oscar. Con The Trip to Bountiful gañou o oscar á mellor actriz.
Finou en 1987, durante unha xira en Broadway.
Filmografía
editarAno | Filme |
---|---|
1953 | Hondo |
1961 | Summer and Smoke |
1962 | Sweet Bird of Youth |
1963 | Toys in the Attic |
1964 | Dear Heart |
1966 | The Three Sisters |
1966 | You Are a Big Boy Now |
1967 | Monday’s Child |
1967 | The Happiest Millionaire |
1969 | What Ever Happened to Aunt Alice? |
1969 | Trilogy |
1971 | As defraudadas |
1972 | J.W. Coop |
1972 | Pete 'n' Tillie |
1973 | Happy as the Grass Was Green |
1975 | The Day of the Locust |
1977 | Nasty Habits |
1977 | Something for Joey |
1978 | Interiors |
1981 | Harry’s War |
1981 | Honky Tonk Freeway |
1982 | I'm Dancing as Fast as I Can |
1982 | The Blue and the Gray |
1984 | The Pope of Greenwich Village |
1985 | A prometida |
1985 | Walls of Glass |
1985 | White Nights |
1985 | The Trip to Bountiful |
1986 | Native Son |
1987 | Riders to the Sea |
1987 | My Little Girl |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Geraldine Page na IMDb (en inglés).