Glicosa

forma de azucre que se atopa nas froitas e no mel
Glicosa
β-D-Glucose
β-D-Glucose β-D-GlucoseDebuxo dos diferentes azucres
Nome químico 6-(hidroximetil)oxano-2,3,4,5-tetrol
Sinónimo da D-glicosa Dextrosa
Variedades da D-glicosa α-D-glicosa; β-D-glicosa
Abreviaturas Glc
Fórmula química C6H12O6
Masa molecular 180.16 g mol−1
Punto de fusión α-D-glicosa: 146 °C
β-D-glicosa: 150 °C
Densidade 1.54 g cm−3
Número CAS 50-99-7 (D-glicosa)
Número CAS 921-60-8 (L-glicosa)

A glicosa, glucosa ou dextrosa[1] é unha forma de azucre que se atopa nas froitas e no mel. É un monosacárido coa mesma fórmula empírica que a frutosa pero con diferente estrutura. É unha hexosa (6 átomos de carbono) do tipo aldosa (presenta e grupo carbonílico de tipo aldehido), mentres que a frutosa é do tipo cetosa (presenta o grupo carbonílico de tipo cetona).

Todas as froitas naturais teñen unha certa cantidade de glicosa (a miúdo con frutosa), que pode ser extraída e concentrada para preparar un azucre alternativo. Pero a nivel industrial tanto a glicosa líquida (xarope de glicosa) como a dextrosa (glicosa en po) obtéñense a partir da hidrólise enzimática do amidón procedente de cereais (xeralmente trigo ou millo).

A molécula (C6H12O6) é unha aldohexosa (aldehido pentahidroxilado) de tipo monosacárido. A glicosa é o segundo composto orgánico máis abundante na natureza, despois da celulosa. É a principal fonte de enerxía das células, mediante a degradación catabólica, e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa, e de reserva enerxética, como o amidón.

Na súa forma (D-Glicosa) sofre unha ciclación cara a súa forma hemiacetálica para lograr as súas formas furano e pirano (D-glucofuranosa e D-glucopiranosa) que á súa vez presentan anómeros Alpha e Beta. Estes anómeros non presentan diferenzas de composición estrutural, pero si difiren polas súas características físicas e químicas. A D-(+)-glicosa é un dos compostos máis importantes para os seres vivos, incluíndo os humanos.

Na súa forma ß-D-glucopiranosa, unha molécula de glicosa únese a outra grazas ós -OH dos seus carbonos 1-4 para formar Celobiosa[1-4] a través dun enlace ß, e ó unirse varias destas moléculas, forma a celulosa.

Glicemia

editar

A glicemia indícanos a taxa de glicosa no sangue. A glicemia normal establécese entre 0,8 e 1,1 gramos/litro. Esta taxa vén regulada polo fígado e polo páncreas. A glicosa almacénase no fígado en forma de glicóxeno e, cando o índice de glicemia baixa, un enzima encárgase de transformar o glicóxeno en glicosa e liberala no torrente sanguíneo. Pola contra, cando os niveis de glicemia son altos, unha hormona, a insulina, segregada polo páncreas axuda a que as células capten glicosa. No momento da contracción muscular, os músculos esixen glicosa e o fígado libéraa no torrente sanguíneo para que chegue ás células musculares.

  1. Recibe o nome de dextrosa porque o plano de rotación da luz polarizada xira cara á dereita.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar