Guided by Voices

banda estadounidense de indie rock

Guided by Voices (GBV) é unha banda estadounidense de indie rock orixinaria de Dayton, Ohio. Dende a súa formación en 1983 experimentou frecuentes cambios nos seus compoñentes, pero sempre mantendo a presenza do principal compositor Robert Pollard, que fundou o grupo cos guitarristas Mitch Mitchell, Tobin Sprout, Jim Pollard e o batería Kevin Fennell. A "formación clásica" incluía a estes músicos xunto co baixista Greg Demos. Guided by Voices separouse no ano 2004, debido a que moitos dos seus membros se centraron nas súas carreiras en solitario e noutros proxectos.

Guided by Voices
En directo no ano 2004
OrixeDayton, Ohio,
Período1983 - 2004
2010 - 2014
2016 - presente
Xénero(s)indie rock, lo-fi, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Scat, Matador, TVT
MembrosRobert Pollard
Tobin Sprout
Mitch Mitchell
Kevin Fennell
Greg Demos
Antigos membrosJim Pollard
Nate Farley
Doug Gillard
Kevin March
Tim Tobias
Jim Macpherson
Dan Toohey
Jim Greer
Don Thrasher
Chris Slusarenko
Jon McCann
Na rede
http://www.gbv.com/
IMDB: nm2172784 Facebook: GuidedByVoicesOfficial Twitter: _GuidedByVoices Instagram: guidedbyvoicesofficial MySpace: guidedbyvoices Youtube: UCxDssfUZ8cMGXo0dOhzpMzg Bandcamp: guidedbyvoices Spotify: 4oV5EVJ0XFWsJKoOvdRPvl iTunes: 2960844 Last fm: Guided+by+Voices Musicbrainz: 6c85f4c3-026c-4c16-9a7c-f546f42ed0fb Songkick: 202006 Discogs: 83529 Allmusic: mn0000545726 Deezer: 5053 Genius: Guided-by-voices Editar o valor en Wikidata

No ano 2010 confirmouse que a súa "formación clásica" (1994 - 1996) reunirase para tocar no 21 aniversario do selo Matador Records en Las Vegas, ademais de realizar máis concertos despois deste. Tras reformarse a banda publicou seis novos álbums. Guided by Voices separaríase por segunda vez a finais de 2014, pero Pollard reactivaría o grupo cun novo álbum e unha nova formación en febreiro de 2016.

Historia

editar

Primeiros anos

editar

Formada en Dayton, Ohio, a principios dos anos 80, Guided by Voices comezou a súa carreira como unha banda de bares traballando na escena local. Porén, a medida que a formación e os traballos cambiaban, Pollard transformou a banda a un proxecto orientado só ao estudio. As gravacións de Guided by Voices comezaron cunha serie de lanzamentos independentes autofinanciados que se iniciaron co EP inspirado en R.E.M. Forever Since Breakfast e seguiron cos álbums Devil Between My Toes, Sandbox, Self-Inflicted Aerial Nostalgia e Same Place The Fly Got Smashed. Fabricando só uns poucos centos de copias de cada disco, estas adoitaban a circular só entre os familiares e amigos dos membros do grupo.

Co lanzamento do limitado álbum Propeller en 1992 (só se fixeron 500 copias, cada unha cunha portada feita aman única), Guided by Voices conseguiu por vez primeira algo de recoñecemento fóra da súa cidade natal. Isto foi debido en parte por gañar fans no circuíto do college rock e en bandas como Sonic Youth, R.E.M. e The Breeders.[1] Nova York e Filadelfia viron o regreso de Guided by Voices aos escenarios en 1993, sendo tamén os primeiros concertos da banda fóra de Ohio. Nese momento a sempre fluída formación de Guided by Voices uniuse ao redor do núcleo formado por Pollard, os guitarristas Tobin Sprout e Mitch Mitchell, o baixista Greg Demos e o batería Kevin Fennell. Sprout, que tocara brevemente na banda a principios dos 80, regresou ao redor do lanzamento de Propeller e ao pouco tempo converteuse no principal complemento musical de Pollard, ademais de contribuír con varias cancións propias ao catálogo da banda. En 1993 o grupo tamén publicouo álbum Vampire on Titus e os EPs Fast Japanese Spin Cycle e Static Airplane Jive. No ano seguinte a banda comezou a recibir exposición dos medios nacionais, como a revista Spin.

En 1994, despois de seleccuinar novas cancións dos arquivos de gravacións da historia da banda, Pollard entregou o fito indie Bee Thousand a través de Scat Records, cun contrato de distribución a través do selo independente Matador Records. Ao pouco tempo a banda fichou oficialmente por Matador, e Pollard e os seus compañeiros puideron retirarse dos seus traballos para dedicarse á música a tempo completo. A banda sorprendeu ás súas primeiras audiencias cos seus enérxicos concertos.

 
Robert Pollard

A súa verdadeira estrea con Matador chegou en 1995 co álbum Alien Lanes, o cal, a pesar dunha asignación para a gravación de cinco cifras, foi construído a partir de fragmentos gravados na casa dunha forma moi barata. Os seguidores da banda continuaron medrando, chegando noticias de medios mainstream como a MTV e a Rolling Stone. Despois de que as sesións para un álbum conceptual titulado The Power of Suck fosen canceladas, a banda montou Under the Bushes Under the Stars coas súas primeiras sesións nun estudio de 24 pistas, gravadas entre outros con Kim Deal e Steve Albini en 1996. Porén, a tensión das pesadas xiras levaría á desaparición da "formación clásica", decidindo Sprout retirarse da estrada para centrarse en criar aos seu primeiro fillo, na pintura, e na súa carreira musical en solitario.

Sprout e Pollard editaron simultaneamente discos en solitario o mesmo día en 1996: o Carnival Boy de Sprout e o Not in My Airforce de Pollard, con dous aparecendo no álbum do outro. Pollard mantivo unha activa carreira en solitario e en proxectos paralelos xunto coa súa actividade en GBV durante o resto da existancia do grupo. Esas gravacións foron principalmente autoeditadas. Debido a que esas gravación contaban regularmente con membros de Guided by Voices e que se incluían con frecuencia nos concertos da banda, informalmente son consideradas parte do canon de GBV. En 1995 Pollard tamén colaborou coa canción "Sensational Gravity Boy" no recompilatorio Red Hot + Bothered producido pola Red Hot Organization pola loita contra o SIDA.

Fichaxe por un gran selo

editar

Pollard creou unha nova encarnación de Guided by Voices cos roqueiros glam de Cleveland Cobra Verde en 1997. O seguinte álbum, Mag Earwhig!, combinaba un novo estilo hard rock con fragmentos de lo-fi clásicos e unha canción, "Jane of the Waking Universe", que contaba coa formación clásica unha vez máis. Porén, despois doutro ano de rigorosa xira, a formación "Guided by Verde" separouse a finais de 1997 tras o anuncio de Pollard nunha entrevista de que intentaría traballar con outros músicos no seguinte proxecto de Guided by Voices.

 
Greg Demos

Doug Gillard, de Cobra Verde, foi escollido para unha nova aliñación de Guided by Voices en 1998, que tamén incluía ao baixista da época clásica Greg Demos, ao antigo batería de The Breeders Jim Macpherson, e eventualmente coa antiga guitarrista de The Amps e The Breeders Nate Farley. Tras deixar Matador, esta formación (sen Farley) traballou co produtor Ric Ocasek para crear o que pretendía ser a estrea de Guided by Voices cun gran selo. Initialmente producido para Capitol Records, Do the Collapse foi repetidamente atrasado e finalmente publicado o 23 de setembro de 1999 a través da discográfoca pseudo-independente TVT (no Reino Unido foi lanzado por Creation Records).[2] Cun son chan e fortemente procesado alleo aos anteriores álbums da banda, Do the Collapse non conseguiu tempo nas radios e obtivo críticas mixtas.

Grazas a xiras intensas durante os anos 1999 e 2000, a banda en directo de Guided by Voices fíxose lendaria, con concertos que a miúdo pasaban das tres horas, poboados por un fluxo interminable de cancións novas e clásicas, temas en solitario de Pollard, versións improvisadas de The Who, David Bowie e The Rolling Stones, todoregado por un alto consumo de alcol. Ademais de múltiples concertos polos Estados Unidos e Europa, no ano 2000 a banda realizou as súas primeiras e únicas visitas a Australia e o Xapón. O ano 2000 coroouse co lanzamento do masivo Suitcase, catro disco con 100 cancións de material inédito de Pollard gravado durante tres décadas.[3] En anos posteriores a banda editaría tres box sets máis de cancións inéditas: Suitcase 2 (2005), Suitcase 3 (2009) e Suitcase 4 (2015).

O álbum de 2001 Isolation Drills foi gravado con Rob Schnapf,[4] que tiña como obxectivo capturar o son ao vivo da banda mellor do que o fixo Ocasek. Aínda que o álbum estreouse no número 168 da lista Billboard 200[5] e recibiu mellores críticas que o seu antecesor, non logrou soar nas radios como se agardaba.

Últimos anos

editar
 
Tobin Sprout

Tras deixar TVT en 2002, Guided by Voices regresou a Matador e publicou Universal Truths and Cycles,[6] afastándose dos seus dous anteriores traballos e regresando á estética mid-fi de mediados dos 90. O álbum estreouse no número 160 da Billboard 200, a mellor posición da banda nesta lista ata a data.[5] O produtor de Universal Truths, Todd Tobias, tamén gravou os dous últimos álbums de GBV con Matador. En 2003 publicouse o álbum progresivo Earthquake Glue, seguido do box set Hardcore UFOs: Revelations, Epiphanies and Fast Food in the Western Hemisphere e o rcompilatorio de grandes éxitos Best of Guided by Voices: Human Amusements at Hourly Rates.

No ano 2004 a banda anunciou a través da súa páxina web que se disolvería despois do lanzamento en agosto do seu 15º álbum, Half-Smiles of the Decomposed, e dunha xira de despedida.[7][8]

O 9 de novembro de 2004 Guided by Voices tocou no Austin City Limits, un concerto emitido a través da PBS o 22 de xaneiro de 2005. A súa última aparición en televisión foi no programa Late Night with Conan O'Brien o 2 de decembro de 2004. A banda tocou o sinxelo "Everybody Thinks I'm a Raincloud (When I'm Not Looking)". Tras unha serie de selectos concertos polos Estados Unidos, Guided by Voices realizou a súa última actuación en The Metro en Chicago o 31 de decembro. Esta actuación de catro horas con 63 cancións documentouse no DVD The Electrifying Conclusion.[9]

Despois de GBV

editar

Pollard editou o seu primeiro álbum tras a disolución de GBV en 2006 a través de Merge Records. O traballo, titulado From a Compound Eye, foi un disco dobre producido por Todd Tobias. Posteriores álbums de Pollard foron editados por Merge e polo seu propio selo, Guided by Voices Inc.

Tras a disolución de GBV, Pollard foi frecuentemente preguntado sobre unha reunión da banda. En 2007 díxolle á revista MAGNET: "Para min, é só cobrar. Se vas a reunir novamente á banda debería ser para promocionar un novo disco, non só para tocar os éxitos. Así é como se fai no circuíto da feiro do condado. Non vexo a Guided By Voices reformándose".[10]

 
Mitch Mitchell

Pollard tamén comentou á revista Harp en 2005 o feito de que Guided by Voices e o seu material en solitario son basicamente o mesmo, "Sabes, moita xente intenta distinguir entre o que é Robert Pollard e o que é Guided By Voices. Eu dígolles basicamente que non hai diferenza; eu son Robert Pollard e eu son Guided By Voices".

A formación de 1998-1999 da banda reuniuse para tocar un feixe de cancións para o 50 aniversario de Pollard no ano 2007. En 2008 Pollard admitiu que case trouxo de volta a GBV para o seu álbum Robert Pollard Is Off to Business, pero decidiu non facelo e no seu lugar creou un novo selo chamado Guided by Voices Inc.[11]

En outubro de 2008 anunciouse que a música de Guided by Voices serúa usada para un musical en 3D baseado na vida de Cleopatra dirixido por Steven Soderbergh e con guión de James Greer.[12] Soderbergh e Greer reescribiron as letras das cancións para axustalas á historia. Soderbergh xa usara anteriormente unha canción de Guided by Voices no seu filme Full Frontal, e escribiu a introdución dun libro sobre a banda.[13] Pollard escribiu a banda sonora para a película de Soderbergh Bubble, e esa música foi editada como Music for 'Bubble'.[13] Posters, camisetas e cancións de Guided by Voices e Pollard apareceron frecuentemente na serie británica The IT Crowd.

Reunión

editar

En xuño de 2010 Matador Records anunciou que a "formación clásica de 93-96" se reuniría para actuar na celebración do 21 aniversario do selo en Las Vegas no mes de outubro.[14] Posteriormente anunciouse unha xira completa de reunión, coa banda vendendo practicamente todas as entradas dos seus concertos. A xira incluíu paradas no Maxwell's de Hoboken e no Southgate House de Newport, Kentucky, dous locais nos que a banda construíra unha historia debido aos seus lendarios concertos no pasado.[15] Cando foi preguntado por Spinner sobre se habería outro disco de GBV Pollard dixo "Pensei sobre iso ás veces pero é unha posibilidade moi remota", aínda que non eliminaba por completo esa posibilidade.

O 21 de setembro de 2011 anunciouse que un novo álbum de GBV, Let's Go Eat the Factory, fora gravado e editaríase en xaneiro de 2012.[16] O 4 de xaneiro a banda interpretou o seu sinxelo "The Unsinkable Fats Domino" no programa Late Show with David Letterman para promocionar Let's Go Eat the Factory. Durante a actuación o baixista Greg Demos caeu mentres intentaba facer un paso de baile. Porén, Demos a caída non foi grave e o grupo continuou tocando.

A banda cancelou o que ía ser o seu primeiro concerto no Reino Unido tras a reunión, no festival All Tomorrow's Parties 'I'll Be Your Mirror' no Alexandra Palace de Londres en maio de 2012,[17] ademais da súa aparición no Primavera Sound de Barcelona. O representante do grupo negou que as cancelacións se debesen á disolución da banda, como algúns medio informaron, e confirmou que GBV estaba aínda traballando en material novo.[18][19]

A banda publicou un segundo álbum tras a súa reunión o 12 de xuño de 2012, Class Clown Spots a UFO. Xeralmente considerado polos seus fans como o mellor dos álbums dos sesu últimos anos, marcou un regreso á calidade da súa formación de mediados do 90. Un terceiro disco, The Bears for Lunch, apareceu no mes de novembro.[20] GBV comezou a xirar novamente en setembro de 2012 coa xira Tour of the South de 13 concertos que comezou en Dayton, Ohio o día 8. A xira rematou o 29 de setembro en St. Louis, Missouri. O álbum English Little League foi lanzado en 2013.[21]

Nunha entrevista en xullo de 2013 coa revista Magnet, Pollard dixo que English Little League sería o derradeiro álbum de GBV.[22] Porén, no mes de setembro o seu quinto traballo tras a reunión, Motivational Jumpsuit, foi confirmado para ser editado a través de Guided By Voices Inc. e Fire Records en febreiro de 2014.[23] Un sexto álbum, Cool Planet, foi lanzado o 13 de maio dese mesmo ano.[24]

O 18 de setembro de 2014, Guided by Voices publicou de súpeto unha declaración en Facebook dicindo que a banda separábase novamente. Todas os concertos restante foron cancelados.[25]

Segunda reunión

editar

En febreiro de 2016 a páxina oficial de Facebook de Guided By Voices anunciou que a banda sería cabeza de cartel do Sled Island Festival o 25 de xuño, e que estaba traballando nun álbum sorprendentemente fresco, no cal Pollard tocaría todos os instrumentos. Pollard despois confirmou a nova formación de GBV, que inclyuiría ao antigo batería Kevin March xuntos cos novos guitarristas Bobby Bare, Jr. e Nick Mitchell e o novo baixista Mark Shue.[26]

Durante un concerto o 16 de xullo, o guitarrista Nick Mitchell foi substituído polo antigo membro Doug Gillard.[27] Gillard posteriormente uniuse permanentemente a Guided by Voices a finais dese mes.[28]

O 25 de xaneiro de 2017 a banda anunciou que o seu primeiro dobre álbum, August by Cake, sería editado o 7 de abril, e tamén lanzou unha nova canción, "Hiking Skin". O álbum sería tamén o número 100 de Robert Pollard.[29] O 10 de marzo a banda estreou outra canción nova do seu seguinte disco, "Dr. Feelgood Falls Off the Ocean".[30]

O 22 de xuño de 2017 Guided by Voices anunciou outro novo álbum para 2017, titulado How Do You Spell Heaven, que foi editado o 11 de agosto. A banda tamén lanzou un novo sinxelo do seu seguinte disco, "Just to Show You".[31] O 8 de decembro do mesmo ano GBV anunciou outro álbum planeado para o mes de marzo titulado Space Gun, publicando a canción do título como sinxelo.[32]

En 2018 Guided by Voices anunciou o futuro lanzamento do dobre álbum Zeppelin Over China, Warp and Woof e Rise of the Ants para 2019. O 25 de outubro de 2019 a banda publicou o álbum Sweating The Plague.[33]

En 2019 a banda publicou tres álbums, Zeppelin Over China, Warp and Woof e Sweating the Plague, e no ano 2020 editou outros tres, Surrender Your Poppy Field, Mirrored Aztec e Styles We Paid For.

En 2021 Guided by Voices lanzou Earth Man Blues no mes de abril[6] e It's Not Them. It Couldn't Be Them. It Is Them! no mes de outubro.[8] O seu derradeiro traballo ata a data é Crystal Nuns Cathedral, publicado o 4 de marzo de 2022.[9]

Discografía

editar
Álbum Ano Selo
Devil Between My Toes 1987 Schwa
Sandbox 1987 Halo
Self-Inflicted Aerial Nostalgia 1989 Halo
Same Place the Fly Got Smashed 1990 Rocket #9
Propeller 1992 Rockathon Records
Vampire on Titus 1993 Scat Records
Bee Thousand 1994 Scat Records
Alien Lanes 1995 Matador Records
Under the Bushes Under the Stars 1996 Matador Records
Tonics & Twisted Chasers 1996 Rockathon
Mag Earwhig! 1997 Matador Records
Do the Collapse 1999 TVT/Orchard, Creation, East West
Isolation Drills 2001 TVT Records
Universal Truths and Cycles 2002 Matador Records
Earthquake Glue 2003 Matador Records
Half Smiles of the Decomposed 2004 Matador Records
Let's Go Eat the Factory 2012 Guided by Voices Inc./Fire Records
Class Clown Spots a UFO 2012 Guided by Voices Inc./Fire Records
The Bears for Lunch 2012 Guided by Voices Inc./Fire Records
English Little League 2013 Guided by Voices Inc./Fire Records
Motivational Jumpsuit 2014 Guided by Voices Inc./Fire Records
Cool Planet 2014 Guided by Voices Inc./Fire Records
Please Be Honest 2016 Guided by Voices Inc.
August by Cake 2017 Rockathon Records
How Do You Spell Heaven 2017 Rockathon Records
Space Gun 2018 Rockathon Records
Zeppelin Over China 2019 Rockathon Records
Warp and Woof 2019 Guided By Voices Inc.
Sweating the Plague 2019 Guided By Voices Inc.
Surrender Your Poppy Field 2020 Guided By Voices Inc.
Mirrored Aztec 2020 Guided By Voices Inc.
Styles We Paid For 2020 Guided By Voices Inc.
Earth Man Blues 2021 Guided By Voices Inc.
It’s Not Them. It Couldn’t Be Them. It Is Them! 2021 Guided By Voices Inc.
Crystal Nuns Cathedral 2022 Guided By Voices Inc.
Tremblers and Goggles by Rank 2022 Guided By Voices Inc.
La La Land 2023 Guided By Voices Inc.
Welshpool Frillies 2023 Guided By Voices Inc.
Nowhere to Go but Up 2023 Guided By Voices Inc.
Strut of Kings 2024 Guided By Voices Inc.
  1. "Guided by Voices | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-12-26. 
  2. "GBV return". NME (en inglés). 1999-06-26. Consultado o 2019-12-26. 
  3. "Guided by Voices: Suitcase: Failed Experiments and Trashed Aircraft". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-26. 
  4. "Robert Pollard by Mike McGonigal - BOMB Magazine". bombmagazine.org. Consultado o 2019-12-26. 
  5. 5,0 5,1 "Guided by Voices Chart History". Billboard. Consultado o 2019-12-26. 
  6. 6,0 6,1 "GBV offer some ‘truths’". NME. Consultado o 2019-12-26. 
  7. "Guides by Voices to split, the world of indie mourns". NME (en inglés). 2004-04-26. Consultado o 2019-12-26. 
  8. 8,0 8,1 "Hearing voices for the last time!". NME (en inglés). 2004-07-20. Consultado o 2019-12-26. 
  9. 9,0 9,1 "GBVDB - Guided By Voices Database". gbvdb.com. Consultado o 2019-12-26. 
  10. "MAGNET Interview: Robert Pollard". web.archive.org. 2008-08-27. Archived from the original on 27 de agosto de 2008. Consultado o 2019-12-27. 
  11. "Robert Pollard Returns To Serious 'Business'". Billboard. Consultado o 2019-12-27. 
  12. "Soderbergh to make 3-D 'Cleopatra' - Entertainment News, Film News, Media - Variety". web.archive.org. 2008-12-23. Archived from the original on 23 de decembro de 2008. Consultado o 2019-12-28. 
  13. 13,0 13,1 Olsen, Mark (2006-01-29). "The Indie Boy in the Soundtrack Bubble". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-12-28. 
  14. "Matador 21 In Las Vegas, Oct. 1-3 : Let The Crazy Speculation Begin". Matador Records. 2012-10-30. Archived from the original on 30 de outubro de 2012. Consultado o 2019-12-28. 
  15. "Buzzgrinder.com » Guided By Voices Reunion Tour Dates Announced". web.archive.org. 2011-09-30. Archived from the original on 30 de setembro de 2011. Consultado o 2019-12-28. 
  16. "Guided By Voices Releasing New Album, Let’s Go Eat the Factory | BUZZGRINDER". web.archive.org. 2012-01-20. Archived from the original on 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 2019-12-28. 
  17. "I'll Be Your Mirror London 2012 curated by Mogwai & ATP". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  18. "The Afghan Whigs to Reunite for ATP". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  19. "Guided By Voices cancelan en el Primavera". jenesaispop.com (en castelán). 2011-12-07. Consultado o 2019-12-28. 
  20. "Guided By Voices Reveal Release Details for 'Class Clown Spots a UFO,' Announce Yet Another New Album". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  21. Gold, Adam; Gold, Adam (2012-07-27). "Guided by Voices Ready Third New Album of 2012". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  22. "Excerp: In Bob We Trust". Phawker. 2013-07-03. Consultado o 2019-12-28. 
  23. "Album Review : Guided by Voices - Motivational Jumpsuit (Lo-fi Rock)". Still in Rock - a webzine about garage rock, slacker, post-skate & more. Consultado o 2019-12-28. 
  24. "Guided By Voices Declare ‘Bad Love Is Easy to Do’ on ‘Cool Planet’ Duet". Spin. 2014-03-04. Consultado o 2019-12-28. 
  25. Grow, Kory; Grow, Kory (2014-09-18). "Guided by Voices Break Up". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  26. "Guided By Voices Are Back in Action". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  27. "A Guided By Voices reunion within the Guided By Voices reunion happened last night". News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 2019-12-28. 
  28. "Doug Gillard officially rejoins Guided By Voices, immediately forms side project". News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-28. 
  29. "Guided by Voices’ New Album Is Robert Pollard’s 100th LP". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 
  30. "“Dr. Feelgood Falls Off The Ocean” on Guided By Voices’ upcoming double album". News (en inglés). Consultado o 2019-12-28. [Ligazón morta]
  31. "Guided By Voices announce new album, How Do You Spell Heaven, share "Just to Show You" -- listen". Consequence of Sound (en inglés). 2017-06-22. Consultado o 2019-12-28. 
  32. "Guided By Voices announce new album, Space Gun, share the title track: Stream". Consequence of Sound (en inglés). 2017-12-08. Consultado o 2019-12-28. 
  33. "Guided By Voices to release 'Sweating The Plague' in October, unveil new song "Heavy Like The World"". MP3s and NPCs (en inglés). Consultado o 2019-12-28. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar