Nils Gustaf Dalén, nados en Stenstorp, Suecia en 1869 e finado en Estocolmo en 1937, foi un enxeñeiro e físico sueco, galardoado co Premio Nobel de Física en 1912.

Modelo:BiografíaGustaf Dalén

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Nils Gustaf Dalén Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1869 Editar o valor en Wikidata
Q10679290 Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de decembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Lidingö församling, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLidingö kyrkogård (en) Traducir, 1 1 F 373 (1937–) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSuecia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Tecnolóxica de Chalmers Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, fisicoquímica, Regulador de pressão (pt) Traducir, Acetileno e history of discoveries and inventions (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, executivo, químico, emprendedor, enxeñeiro, inventor, industrial Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAGA AB (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeElma Persson Editar o valor en Wikidata
PaiAnders Johansson Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlbin Dalén Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir,
Obálky knih,
Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.263) Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 6724c68b-1c63-468e-b7b7-17065a9c129f WikiTree: Dalén-56 Find a Grave: 8403 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Tomou as rendas da granxa familiar, que ampliou para incluír unha tenda de artigos de xardín, tenda de sementes e unha leitería.

En 1892 inventou un testador da graxa do leite, que comprobaba a calidade do leite entregado.

Gustaf de Laval quedou impresionado polo autodidacta Dalén e animouno a que comezase a estudar. Estudou enxeñería na Chalmers tekniska högskola (Universidade de Tecnoloxía de Chalmers) de Gotemburgo, onde conseguiu o grao de Mestre, e se doutorou en 1896.

Dalén casou con Elma Persson en 1901, e tiveron dúas fillas e dous fillos.

Faleceu o 9 de decembro de 1937 en Estocolmo á idade de 68 anos.

Investigacións científicas

editar

Realizou investigacións sobre a turbina de gas e perfeccionou a turbina de vapor Laval. Inventou un acumulador non explosivo de acetileno capaz de absorber grandes cantidades deste gas e unha válvula automática para regular o gas fornecido aos farois.

Foi fundador da empresa AGA, AB (fundada como AB Gas-accumulator and AB Svenska Gasaccumulator), integrada no ano 2000 no grupo empresarial Linde AG.

Foi galardoado co premio Nobel de Física de 1912 polo seu invento da chamada «válvula solar» (Solventil), capaz de acender e apagar de forma automática a chama dos farois nos atardeceres e amenceres, que se aplicou de forma inmediata nos farois illados.

Pouco antes de obter o premio Nobel quedou cego como consecuencia dunha explosión durante a realización dun dos seus experimentos, e especulouse sobre a influencia que este feito puido ter na obtención do premio.

A pesar da súa cegueira, seguiu dirixindo AGA ata 1937.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar