Gustavia
Gustavia é a principal cidade e capital da illa de Saint-Barthélemy (a miúdo abreviado como Saint-Barth en francés, ou St. Barts en inglés) . Debe o seu nome ao rei Gustavo III de Suecia.
Epónimo | Gustavo III da Suécia (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Colectividade | Saint-Barthélemy | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.131 | ||||
Creación | 1785 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 97133 | ||||
Historia
editarSaint-Barthélemy foi reclamada por primeira vez por Francia, en 1648. A illa foi cedida a Suecia a cambio dos dereitos comerciais en Gotemburgo en 1784 e Suecia fundou a Svenska Västindiska Kompaniet. Prosperou durante as Guerras Napoleónicas, perdeu potencial a partir de entón, e a illa foi vendida a Francia en 1878.
O lugar foi chamado primeiro Le Carénage polo refuxio que proporcionaba aos buques danados. De acordo aos arquivos o nome Gustavia apareceu entre o 28 de decembro de 1786 e o 9 de febreiro de 1787. Gustavia permanece como un reflexo do período sueco.
Construíronse tres fortes a mediados e finais do século XVII protexendo o porto: Oscar (antes Gustav Adolf), Karl e Gustav. A Igrexa Anglicana Episcopal fronte á baía foi construída en 1855.
Servizos
editarAs localizacións de Fort Karl, con vistas a Shell Beach ao sur da cidade, e Fort Gustav, na base do faro cara ao norte, son populares entre os excursionistas. Fort Oscar, na punta da península de Gustavia, alberga a Xendarmería. Hai un museo ao final da estrada Victor Schoelcher na península. Gustavia ten algúns restaurantes que serven gastronomía americana, italiana, francesa e doutros tipos. Gustavia ten moitas boutiques de alta gama que son unha fonte esencial de ingresos para a illa, e un dos hoteis máis luxosos de clase alta da illa. Hai un Real Consulado de Suecia en Gustavia (Cónsul Dantes Magras).
Clima
editarO clima é tropical con só pequenas variacións na temperatura. A pequena superficie da illa de só 24 km² permítelle gozar dun clima suave e agradábel provocado polos ventos alisios. As temperaturas medias de auga e aire móvense ao redor dos 27 °C, o ano divídese en dúas estacións: unha seca, coñecida como a Coresma (Careme), e unha máis húmido no inverno. Esta última tempada sucede entre maio e novembro, e o omnipresente sol está nubrado por pasaxes curtos de nubes de choiva con breves períodos de choiva de 10 a 15 minutos. De acordo co sistema da Clasificación climática de Köppen Gustavia ten un clima tropical seco, abreviado "Aw" nos mapas climáticos.[1]
Economía
editarA moeda oficial de San Bartolomé é o euro.
Notas
editar- ↑ "Gustavia, Saint Barthélemy Köppen Climate Classification". Weatherbase.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2020. Consultado o 2015-06-19.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Colectividade de Saint Barthélemy (Páxina oficial do goberno) (en francés)
- Comité Territorial de Turismo (Páxina de Turismo) (en francés)
- Gustavia Harbor/Porto de Gustavia (Páxina oficial) (en francés)
- Información xeral
- "Saint Barthelemy". The World Factbook (2024 ed.). Central Intelligence Agency.