Gustavo Munúa

futbolista uruguaio

Gustavo Adolfo Munúa Vera, nado en Montevideo o 27 de xaneiro de 1978, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol uruguaio, que xogaba de porteiro. Formouse na canteira do Nacional, do que foi xogador histórico e capitán, así como adestrador en dúas etapas. Xogou ademais 11 anos no fútbol europeo, nas filas do Deportivo da Coruña, Málaga, Levante e Fiorentina.

Modelo:BiografíaGustavo Munúa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Peso87 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUruguai Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–2003   Club Nacional 102(3)
2003–2009   Deportivo da Coruña 27(0)
2009–2010 Málaga Club de Fútbol 38(0)
2010–2013   Levante UD 86(0)
2013–2014   ACF Fiorentina 0(0)
2014–2015   Club Nacional 41(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–1997   Uruguai sub-20 7(0)
1998–2004   Uruguai 21(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Club Nacional Editar o valor en Wikidata
Participou en
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 179286 UEFA: 64550 Editar o valor en Wikidata

Foi 21 veces internacional coa selección uruguaia, coa que debutou en 1998, menos dun ano despois de se proclamar subcampión do mundo sub-20 en Malaisia. Foi o porteiro titular da absoluta na Copa América de 2001 e foi un dos integrantes da selección uruguaia no Mundial de 2002, neste caso como suplente.

Traxectoria

editar

Como xogador

editar

Club Nacional (1ª etapa)

editar

Nado en Montevideo, criouse no barrio de La Blanqueada e formouse como futbolista na canteira do Nacional, onde ingresou con 8 anos.[1] Pasou polas diferentes categorías inferiores do club, alternando a portería con outras posicións, como o lateral dereito ou o mediocentro.[2] Aos 16 anos foi cedido ao Albion, da terceira categoría do fútbol uruguaio, o que supuxo un punto de inflexión na súa carreira, ao asentarse definitivamente como gardameta.[2][1]

O 11 de abril de 1997 debutou co primeiro equipo do Nacional, nun partido da Copa Libertadores ante o Millonarios no Campín de Bogotá. O porteiro titular do equipo, Carlos Nicola, cumpría unha sanción por ter sido expulsado no encontro de ida, polo que o técnico Miguel Puppo colocou na portería a Álvaro Escames. Con todo, este foi tamén expulsado no minuto 72, polo que Munúa ingresou ao campo para ocupar o seu lugar, vestindo así a camiseta do primeiro equipo por primeira vez.[3] O brasileiro Márcio Cruz anotoulle o primeiro gol da súa carreira, perdendo o equipo uruguaio por 2-0 aquel partido.[3][4]

O seu debut na Primeira División do Uruguai produciuse cinco meses despois, nun encontro ante o Liverpool de Montevideo no Estadio Centenario, partido no que volveu ingresar ao terreo de xogo tras unha nova expulsión de Escames.[5] Durante os seguintes anos competiu pola titularidade con Leonardo Romay e conquistou os campionatos de liga de 1998, 2000, 2001 e 2002.[6]

Dende 2001 foi o principal porteiro do equipo e en setembro de 2002 entrou na historia do fútbol uruguaio, ao anotar o primeiro gol de falta directa dun porteiro na Primeira División, colocando o balón xunto ao pau esquerdo da portería do Central Español defendida por Gonzalo Welker.[7] Marcou outros tres goles vestindo a camiseta do Nacional, un deles o gol da vitoria no segundo partido da Copa Libertadores de 2003 ante o Oriente Petrolero de Bolivia.[8] Deste xeito converteuse nun dos únicos 13 porteiros en anotar un gol na historia da Libertadores.[9]

Tamén en 2003 bateu o récord de máis minutos consecutivos sen encaixar un gol na historia do Club Nacional, ao manter a súa portería a cero durante 961 minutos, ata que a súa xeira foi rompida por Pablo Bengoechea, que lle marcou de penalti no Clásico ante Peñarol. Quedou a só 26 minutos do récord absoluto do campionato uruguaio, en mans de Ladislao Mazurkiewicz dende 1968.[10] O 10 de agosto de 2003 despediuse do Nacional, nun partido ante o Plaza Colonia no que marcou un dos catro goles do seu equipo (4-2).[11]

Deportivo da Coruña

editar

En agosto de 2003, despois de participar co Nacional nas dúas últimas edicións do Trofeo Teresa Herrera, fichou polo Deportivo da Coruña, co que asinou un contrato por sete tempadas, a primeira delas como cedido.[12][13][14] Chegou ao equipo para ocupar a praza de Juanmi, que deixou o equipo por problemas persoais.[13] O porteiro titular do equipo era José Francisco Molina, aínda que Munúa foi o elixido por Javier Irureta para os partidos da Copa do Rei, por diante do veterano Songo'o, que regresou ao Deportivo para unha última campaña antes de retirarse.

Así, o 7 de outubro de 2003 vestiu por primeira vez a camiseta do equipo coruñés nun partido da Copa ante o Compostela no estadio de San Lázaro, no que mantivo a portería a cero, gañando o club coruñés por 0-1.[15] Un mes despois participou nunha das maiores derrotas da historia do Deportivo, o 8-3 contra o Monaco na Liga de Campións, que foi tamén un dos partidos con máis goles da historia da competición.[16] Munúa debutou na máxima competición europea tralo descanso do partido, co marcador xa en 5-2, para substituír a Molina, con problemas estomacais, e encaixou aínda tres goles máis, obra de Plašil, Pršo e Cissé.[17][18] O 17 de abril de 2004 debutou na Primeira División, nun encontro ante o Valladolid en Riazor, e disputou os cinco últimos partidos de liga, mentres Molina se reservaba para a Liga de Campións, na que o Deportivo chegou ata as semifinais. Completou a súa primeira tempada na Coruña con 10 partidos.

Na tempada 2004/05 unha lesión de Molina deulle a oportunidade de disputar varios partidos de liga e as súas boas actuacións fixeron que seguise na portería trala recuperación do valenciano, xogando finalmente un total de 21 partidos durante a campaña.[19] Con todo, a chegada de Joaquín Caparrós ao banco galego deixou sen ningunha oportunidade nin a Munúa nin a Dani Mallo, sendo Molina o único gardameta utilizado durante a campaña 2005/06.[20]

Posteriormente, entre 2006 e 2008, enfrontouse á dura competencia de Dudu Aouate, que foi o porteiro titular en tódolos partidos da tempada 2006/07 e nas 14 primeiras xornadas da 2007/08, ata que Munúa se fixo coa titularidade. O 11 de xaneiro de 2008 os dous gardametas protagonizaron un lamentable incidente, cando Munúa golpeou ao israelí cun puñazo no ollo ao finalizar un adestramento.[21] A instancia dunha denuncia realizada polo fiscal, un xuíz de Betanzos condenouno a seis meses de cárcere por agresión, conmutables por unha multa de 3.650 euros.[22] Estes feitos supuxeron o afastamento dos dous metas do primeiro equipo por parte do adestrador, Miguel Ángel Lotina. En febreiro, debido á inexperiencia do porteiro do equipo filial Fabri, ambos xogadores foron reintegrados no equipo e o israelí recuperou o posto de titular.[23][24]

Na tempada 2008/09 xogou só un partido, contra o Real Madrid no Bernabeú, aproveitando unha sanción da Dani Aranzubía, titular indiscutible na portería ese ano. O encontro rematou con vitoria local por 1-0, cun gol de Raúl, no que foi a derradeira vez que Munúa vestiu a camiseta do Deportivo.[25] O seu paso polo club pechouse cun total de 44 partidos (27 en liga, 14 na Copa do Rei e 3 na Liga de Campións).

Málaga

editar

Tras non renovarse o seu contrato co Deportivo, en xuño de 2009 firmou por un ano co Málaga.[26] No equipo andaluz, adestrado por Muñiz, fíxose inmediatamente coa titularidade por diante de Arnau e Santamaría, disputando completos todos os partidos de liga. No último encontro da tempada o Málaga enfrontouse ao Real Madrid na Rosaleda, chegando con posibilidades de descenso o equipo branco e azul e con opcións de gañar a liga os madridistas.[27] Duda adiantou aos malaguistas e Van der Vaart empatou o partido, pero Munúa foi o gran protagonista, detendo todos os demais ataques brancos e os disparos de Cristiano Ronaldo, Benzema, Marcelo e Higuaín entre outros, asegurando o punto e certificando a salvación do club.[27]

Levante

editar

O 6 de agosto de 2010 confirmouse a súa fichaxe polo Levante para a tempada 2010/11.[28] Comezou a súa primeira campaña en Valencia ocupando a portería nas primeiras xornadas, pero o mal inicio do equipo fixo que perdese o posto tras un mes de competición, en favor de Manolo Reina. Con todo, a partir de xaneiro de 2011 volveu ser o gardameta preferente do adestrador Luis García ata o final da tempada, pechándoa con 20 encontros de liga e 4 de Copa.[29] No verán de 2011 foi renovado para dúas campañas máis e estreou o seu novo contrato encaixando só tres goles nas primeiras nove xornadas da 2011/12, sendo naquel momento o gardameta con mellores números da liga.[30][31] Foi titular indiscutible por diante do internacional costarriqueño Keylor Navas e as súas boas actuacións contribuíron a que o Levante pechase a tempada coa sexta posición, a mellor da súa historia, clasificándose para competicións europeas por primeira e única vez.[32][33]

Na tempada 2012/13 volveu ser o porteiro con máis partidos do equipo de Juan Ignacio, sumando 29 máis para un total de 92 encontros en tres anos no Levante. Deixou o club ao remate do seu contrato, no verán de 2013, sendo naquel entón o gardameta con máis partidos en Primeira na historia do Levante (86), sendo superado oito anos despois polo guipuscoano Aitor Fernández.[34]

Fiorentina

editar

En xuño de 2003 anunciouse a súa fichaxe pola Fiorentina, da Serie A italiana, coa que asinou un contrato por dous anos.[35] Apenas contou con oportunidades no equipo adestrado por Vincenzo Montella, que preferiu colocar a Neto en case tódolos encontros da liga e da Copa Italia. Munúa disputou só dous partidos da Europa League diante do Pandurii romanés e do Paços de Ferreira portugués. En xaneiro de 2014, só sete meses despois da súa chegada, acordou co club a rescisión do seu contrato e regresou ao seu país despois de 10 anos e medio en Europa.

Club Nacional (2ª etapa)

editar

A continuación fíxose oficial a súa fichaxe polo Nacional, volvendo así ao equipo do que é afeccionado dende neno.[36] Reapareceu na portería dos Bolsos o 28 de xaneiro, nun partido da Copa Libertadores diante do Oriente Petrolero. Foi o porteiro titular durante o seguinte ano e medio, desbancando a Jorge Bava, co que xa coincidira na súa primeira etapa no equipo.[37] Proclamouse campión do Torneo Apertura 2014, con 10 puntos de vantaxe sobre o Racing, e capitaneou o equipo nas semifinais polo título absoluto nun Clásico ante Peñarol no Estadio Centenario, no que unha vitoria do Nacional faría innecesaria a final.[38] O partido foi suspendido no minuto 113, cando Nacional gañaba por 3-2, e a AUF declarou vencedor ao conxunto albo, o que supuxo o quinto título da Primeira División para Munúa.[39]

O partido que decidiu o campión uruguaio 2014/15 foi o último da carreira de Munúa, que anunciou a súa retirada uns días despois, con 37 anos de idade, cando o club lle ofreceu o posto de adestrador.[40][41] Pechou a súa etapa como xogador do Nacional cun total de 195 partidos oficiais e 4 goles, sendo o sexto porteiro con máis encontros oficiais na historia do club.[42]

Selección uruguaia

editar

En 1997 foi convocado por Víctor Púa para a disputa da Copa do Mundo sub-20 en Malaisia. Foi o gardameta da selección charrúa en tódolos partidos do campionato, por diante do outro porteiro do equipo, Fabián Carini, incluída a final que o seu equipo perdeu por 1-2 ante a Arxentina de Pékerman no estadio Shah Alam de Selangor.[43]

O 24 de maio de 1998 debutou coa selección uruguaia absoluta, de novo da man de Víctor Púa, nun partido amigable contra a selección chilena no Estadio Nacional de Santiago de Chile. Encaixou o seu primeiro gol internacional de parte de Iván Zamorano, nun partido que acabou en empate 2-2.[44] En 2001 foi convocado para a disputa da Copa América en Colombia e foi titular en tódolos partidos do torneo excepto un, chegando o seu equipo ata as semifinais, onde caeu ante México.

Acudiu tamén ao Mundial de 2002, pero desta vez sendo suplente de Carini, polo que non chegou a debutar no torneo.[45] Recuperou a titularidade da selección nos encontros de clasificación para o Mundial de 2006, pero unhas malas actuacións nalgúns partidos, así como a súa inactividade no Deportivo da Coruña, fixeron que non volvese ser convocado despois de 2004.[20][45] O seu último partido internacional foi unha derrota por 5-0 fronte a Colombia no Estadio Metropolitano Roberto Meléndez de Barranquilla.[46]

Como adestrador

editar

Club Nacional (1ª etapa)

editar

Iniciou a súa carreira como adestrador en xuño de 2015, xusto despois de colgar as luvas, ao ofrecerlle o Club Nacional o posto que ata entón ocupaba Álvaro Gutiérrez.[41] Dirixiu o equipo durante un ano, acabando na segunda posición o Torneo Apertura e en quinta o Torneo Clausura. Na Copa Libertadores obtivo o segundo lugar na fase de grupos e eliminou nos oitavos de final ao Corinthians de Tite, antes de caer ante Boca Juniors nos cuartos de final, despois dunha quenda de penaltis.[47][48] En xuño de 2016, xa sen o apoio da dirección do club, anunciou a súa dimisión, sendo substituído por Martín Lasarte.[49] O balance da súa primeira etapa no banco albo foi de 44 encontros, con 20 vitorias, 14 empates e 10 derrotas.

Liga de Quito

editar

En decembro de 2016 asinou como novo adestrador do Liga de Quito, da Serie A de Ecuador.[50] Con Munúa no banco, o Liga de Quito rexistrou o peor arranque da súa historia, cunha soa vitoria en 14 xornadas, polo que foi destituído pouco despois, co equipo en postos de descenso e despois de conseguir só dúas vitorias en 22 partidos.[51][52]

Fabril

editar

O 7 de novembro de 2017 anunciouse a súa contratación por un ano polo Deportivo Fabril, que viña de ascender á Segunda División B uns meses antes. Substituíu no filial do Deportivo da Coruña a Cristóbal Parralo, despois de que este collese as rendas do primeiro equipo.[53] Mantivo ata o final da tempada a segunda praza que ocupaba o equipo no momento da súa chegada, conseguindo así a mellor clasificación da historia do filial, e meteuse na promoción de ascenso á Segunda División, onde caeu ante o Extremadura pola regra do gol en campo contrario.[54]

A pesar dos bos resultados,[55] o 28 de maio de 2018 o club anunciou que o adestrador uruguaio non continuaría á fronte do filial.[56]

Cartagena

editar

En xullo de 2018 asinou como novo adestrador do Cartagena, da mesma categoría. Acabou a tempada de novo no segundo posto e disputou outra promoción de ascenso, sendo eliminado esta vez pola Ponferradina de Bolo.[57] O club murciano renovou o seu contrato para unha segunda tempada,[58] pero en decembro de 2019, co equipo líder na Segunda B, Munúa recibiu unha oferta do Nacional, polo que acordou co Cartagena a rescisión do seu contrato e volveu ao seu país.[59] O seu balance á fronte do Cartagena foi de 63 partidos dirixidos, con 36 vitorias, 15 empates e 12 derrotas.

Club Nacional (2ª etapa)

editar

O seu segundo paso polo banco do Nacional viuse afectado pola pandemia de COVID-19, que paralizou durante meses as competicións deportivas. Pouco antes da paralización, perdeu a Supercopa diante do Liverpool.[60] Despois de que as competicións se retomasen, o Nacional de Munúa, liderado no ataque por Gonzalo Bergessio, clasificouse en primeira posición no Torneo Apertura, empatado a puntos co Rentistas, polo que foi preciso un encontro de desempate. Este disputouse a porta pechada no Estadio Centenario, sendo a vitoria para o club adestrado por Alejandro Cappuccio grazas a un solitario gol de Gonzalo Vega na prórroga.[61] En outubro foi destituído como técnico do Nacional.[62]

Unión

editar

Despois de case un ano sen adestrar, en setembro de 2021 converteuse en novo adestrador do Club Atlético Unión, da Primeira División da Arxentina, substituíndo ao cesado Juan Azconzábal.[63] Na súa primeira experiencia no país, conseguiu clasificarse para a Copa Suramericana, por terceira vez na historia do club. En dita competición na tempada seguinte obtivo unha histórica clasificación para os oitavos de final, despois de acadar a primeira posición do seu grupo por diante de Fluminense, Junior e Oriente Petrolero.[64] Na primeira rolda eliminatoria cruzouse co seu anterior equipo, o Nacional, contra o que acabou eliminado despois de perder tanto na ida como na volta.

Deixou Santa Fe en abril de 2023, despois de ser cesado debido a unha mala xeira de resultados.[65]

Murcia

editar

En xullo de 2023 foi anunciado como novo técnico do Murcia, na Primeira División RFEF. Cun cadro de xogadores renovado, o equipo murciano, confeccionado co obxectivo de ocupar os postos altos da clasificación, ofreceu un rendemento moi por debaixo do esperado e tras unha serie de malos resultados, Munúa foi cesado en novembro, sendo substituído por Pablo Alfaro.[66]

Palmarés

editar
Nacional
  1. 1,0 1,1 "El Negro sí puede" (en castelán). 3 de xullo de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Munúa: «Antes, el protagonismo lo tenían los grandes, ahora cualquier equipo»" (en castelán). 2 de abril de 2022. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Rodríguez, William (16 de setembro de 2015). "Nacional de Uruguay vuelve al Campín después de 18 años". As (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  4. "Millonarios 2-0 Nacional 1997". ceroacero.es (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  5. "Nacional 3-3 Liverpool 1997". atilio.uy (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  6. "Romay: «Siempre usé pantalón largo por cábala»" (en castelán). 30 de abril de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  7. "Primer gol de un arquero de tiro libre" (en castelán). 28 de setembro de 2002. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  8. "El gol de Munúa que liquidó a Oriente Petrolero" (en castelán). 28 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  9. "Copa Libertadores: Soria y Suárez, en la historia como arqueros goleadores de Conmebol" (en castelán). 31 de maio de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  10. "Se quebró la imbatibilidad de Sergio Rochet, quien quedó a 168 minutos del récord" (en castelán). 9 de xullo de 2022. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  11. "Nacional 4-2 Plaza Colonia 2003". atilio.uy (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  12. "Deportivo dive in for Munúa". UEFA (en inglés). 26 de agosto de 2003. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  13. 13,0 13,1 "Llega Munúa". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de agosto de 2003. p. 29. 
  14. "Convenio entre o Nacional e o Deportivo. Gustavo Munúa, novo xogador branquiazul". 27 de agosto de 2003. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  15. "La primera vez Los uruguayos Fabián Cannobio, Martín Ligüera, Gustavo Munúa y Germán Hornos dieron, con éxito, sus primeros pasos en el fútbol español" (en castelán). 12 de outubro de 2023. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  16. "Las mayores goleadas en la historia de la Champions League" (en castelán). 23 de novembro de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  17. Avilleira, Alejandro (5 de novembro de 2003). "El Deportivo sufre una humillante derrota en Mónaco". El Mundo (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  18. "Monaco 8-3 Deportivo". UEFA (en inglés). Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  19. "Irureta tendrá que decantarse por Munúa o Molina en Levante". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de marzo de 2005. p. 32. 
  20. 20,0 20,1 "Gustavo Munúa, la mala suerte y el don de la inoportunidad". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xaneiro de 2008. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  21. "Aouate y Munúa se pelean tras el entrenamiento y no viajarán a Villarreal". 20 minutos (en castelán). 11 de xaneiro de 2008. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  22. R. Blanco, Xabier (24 de xaneiro de 2008). "Seis meses de cárcel para Munúa por la agresión a Aouate". El País (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  23. "Munúa y Aouate se reincorporan al equipo gracias a sus compañeros". El País (en castelán). 24 de xaneiro de 2008. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  24. "Aouate vuelve para quedarse". La Opinión A Coruña (en castelán). 25 de febreiro de 2008. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  25. "Real Madrid 1-0 Deportivo 2009". BDFutbol (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  26. "El Málaga ficha al meta uruguayo Munúa". Marca (en castelán). 27 de xuño de 2009. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  27. 27,0 27,1 "Un Málaga y un Múnua de Primera frustran al Real Madrid (1-1)" (en castelán). 16 de maio de 2023. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  28. "Munúa es nuevo jugador del Levante" (en castelán). 6 de agosto de 2010. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  29. "Munúa, el portero con más partidos en Primera con el Levante". Marca (en castelán). 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  30. "Gustavo Munúa renovó con el Levante" (en castelán). 16 de xuño de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  31. Rodríguez, Miguel Ángel (9 de outubro de 2010). "Munúa, un Zamora histórico". Marca (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  32. "Navas sienta a Munúa por un día". La Opinión A Coruña (en castelán). 13 de decembro de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  33. Sancho de Rosa, Luis (13 de maio de 2020). "Ocho años del sueño europeo del Levante". [[]As (xornal)|As]] (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  34. "Aitor Fernández supera a Munúa y hace historia con el Levante UD" (en castelán). 8 de outubro de 2021. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  35. "Munúa ficha por la Fiorentina tras abandonar el Levante" (en castelán). 18 de xuño de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  36. "Munúa vuelve a Nacional" (en castelán). 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  37. Cappelli, Dino (24 de novembro de 2014). "Munúa: "En Nacional todos aprendemos de todos"". Marca (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  38. "Nacional se declara campeón, pero AUF dice que el partido fue suspendido" (en castelán). 15 de xuño de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  39. "El Nacional es proclamado oficialmente campeón de Uruguay" (en castelán). 16 de xuño de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  40. "Munúa: del arco a la dirección técnica" (en castelán). 29 de xuño de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  41. 41,0 41,1 "Munúa cuelga los guantes para dirigir a Nacional" (en castelán). 30 de xuño de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  42. "Jugadores con más presencias". atilio.uy (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  43. "Uruguai 1-2 Arxentina". FIFA (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  44. "Chile 2 - 2 Uruguai". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  45. 45,0 45,1 "Suráfrica como frontera" (en castelán). 17 de ago. de 2009. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  46. "Uruguay toca fondo, es goleado por Colombia 5-0" (en castelán). 7 de xuño de 2004. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  47. "Copa Bridgestone Libertadores: Nacional uruguayo clasifica al empatar 2-2 con Corinthians". CONMEBOL (en castelán). 5 de maio de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  48. "Copa Bridgestone Libertadores: Boca Juniors a semifinales al vencer 4-3 a Nacional por penales" (en castelán). 21 de maio de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  49. "Munúa deja Nacional y Lasarte le sustituiría". Marca (en castelán). 6 de xuño de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  50. "Gustavo Munúa, nuevo entrenador de la Liga Deportiva Universitaria de Quito" (en castelán). 13 de decembro de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  51. Martínez, Rodrigo (15 de maio de 2017). "Gustavo Munúa registra el peor arranque de la historia de Liga de Quito" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2023. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  52. "Pablo Repetto es el nuevo DT de Liga de Quito tras la salida de Munúa" (en castelán). 5 de xullo de 2017. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  53. "Gustavo Munúa, novo adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 7 de novembro de 2017. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  54. Naranjo, María (26 de maio de 2018). "Un Fabril para sentirse orgulloso" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  55. "Oficial: Gustavo Munúa no sigue como entrenador del Fabril". As (en castelán). 28 de maio de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  56. "Gustavo Munúa no continuará al frente del Fabril la próxima temporada". Deportivo da Coruña. 28 de maio de 2018.  (en castelán)
  57. "Deportiva 1 - Cartagena 0: 'Isi guía a la Deportiva hacia el ascenso'" (en castelán). 15 de xuño de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  58. "El Cartagena sin el ascenso renueva a Munúa" (en castelán). 21 de xuño de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  59. "Munúa deja de entrenar al Cartagena, al que abandona líder, y se va al Nacional de Montevideo" (en castelán). 20 de decembro de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  60. "Munúa tras perder la final de la Supercopa: "Estos resultados pegan"" (en castelán). 2 de febreiro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  61. "¡Histórico! Rentistas venció a Nacional y es campeón del Apertura" (en castelán). 14 de outubro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  62. "Munúa, decepcionado por su salida y sorprendido por la incorporación de Rafa García" (en castelán). 16 de outubro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  63. "Gustavo Munúa, el inesperado entrenador elegido por Unión para reemplazar a Azconzábal" (en castelán). 27 de setembro de 2021. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  64. "Munúa post histórica clasificación de Unión: "Estoy orgulloso de este equipo de jóvenes"" (en castelán). 27 de maio de 2022. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  65. "Gustavo Munúa fue cesado como DT de Unión de Santa Fe: el equipo está penúltimo en el fútbol argentino" (en castelán). 4 de abril de 2023. Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  66. "El Real Murcia de Munúa, una etapa fallida que acaba de mala manera" (en castelán). 8 de novembro de 2023. Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar