Harri-jasotze
Harri-jasotze[1] (voz composta do éuscaro harri, pedra e jaso, levantar) é o nome que recibe a modalidade de levantamento de pedra propia do deporte rural vasco. Os que practican este deporte son chamados harri-jasotzaile.[1]
Historia e características
editarÉ unha variante da halterofilia, que se practica nos territorios denominados tradicionalmente como Euskalerria e na que dous xogadores compiten por levantar un número superior de veces pedras de diferentes formas, dimensións e pesos determinados.
Un dos harri-jasotzaile campión máis soado foi Iñaki Perurena quen en 1999 alcanzou o récord de 1000 levantamentos continuos de pedra de 100 kg. en 5 horas e 4 minutos.
A principios do século XX realizouse a regulamentación dos pesos das pedras, normalmente fabricadas en granito denso, para levantar distinguíndose catro formas xeométricas: cilíndrica, cúbica, esférica e con forma de paralelepípedo rectángulo. A forma cilíndrica é reservada para os pesos máis pequenos de 100, 112,5 e 125 quilogramos, mentres que a pedra cúbica e rectangular oscila entre 125 quilos e 212,5 kg. A pedra esférica ou bóla trabállase en pesos equivalentes a 112,5 e 125 quilos.
A pedra de cor escura ou arri beltza é unha das máis apreciadas como material de fabricación, provindo principalmente das canteiras de Zumarraga e Lastur.
Récords
editarMasculino
editar- Mieltxo Saralegi - pedra de 329 kg (récord actual).
- Iñaki Perurena - pedra de 322 kg (tivo a mellor marca de levantamento durante moitos anos).
Feminino
editar- Idoia Etxeberria Ikutza - pedra de 163,4 kg.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Euskaltzaindia (ed.). "Hiztegi batua". Consultado o 19 de abril de 2018.
- ↑ Ormazabal, Mikel (6 de xuño de 2016). "Duras como la piedra - Idoia Etxeberria, récord del mundo al levantar una mole de 163,4 kilos, lucha para que este deporte no sea algo exclusivo de los hombres". El País. Consultado o 19 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harri-jasotze |