Hildegarda de Bingen (santa)
Hildegarda de Bingen,[1] tamén Hildegard von Bingen, nada por volta de 1098 e finada o 17 de setembro de 1179 no mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, Alemaña, foi unha freira beneditina e abadesa desde 1136. É coñecida como a primeira representante do misticismo alemán da Idade Media. As súas obras abranguen os ámbitos da relixión, a medicina, a música, a ética e a cosmoloxía. Tamén é coñecida como a sibila do Rin ou a profetisa teutónica. O 7 de outubro de 2012 o papa Bieito XVI outorgoulle o título de doutora da Igrexa xunto a san Xoán de Ávila durante a misa de apertura da XIII Asemblea Xeral Ordinaria do sínodo dos bispos.[2]
Considerada polos especialistas actuais como unha das personalidades máis fascinantes e polifacéticas do Occidente europeo, foi definida como unha das mulleres máis influíntes da Baixa Idade Media,[3] das figuras máis ilustres do monacato feminino e quizais a que mellor exemplificou o ideal beneditino.[4] Dotada dunha cultura extraordinaria, estivo comprometida na reforma da Igrexa,[5] e é considerada unha das escritoras de maior produción do seu tempo.[6] En palabras de Victoria Cirlot:
“ | [...] atravesando o muro dos tempos quedaron as súas palabras, mesmo o seu son, e as imaxes das súas visións.[7] | ” |
As súas reliquias consérvanse en Eibingen im Rheingau, no estado de Hessen, Alemaña.
Traxectoria
editarHildegard von Bingen naceu en Bermersheim,[a] no val do Rin (actualmente Renania-Palatinado, Alemaña), durante o verán de 1098,[8] no seo dunha familia nobre alemá.[9] Foi a menor dos dez fillos de Hildebert von Bermersheim, cabaleiro ao servizo de Meginhard, conde de Spanheim,[10] e de Mechtild von Merxheim-Nahet. Por ese motivo foi considerada como o décimo para Deus, entregada como oblata e consagrada dende o seu nacemento á actividade relixiosa, segundo a mentalidade medieval.[11] Deste xeito, foi dedicada polos seus pais á vida relixiosa e entregada para a súa educación á condesa Jutta von Sponheim, filla do conde Estevo II de Spanheim e, polo tanto nobre coma ela,[12] quen a instruíu no rezo do salterio, na lectura da lingua latina —aínda que non lle ensinou a escribilo ou, canto menos, non con pericia—,[13][11] na lectura da Biblia e no canto gregoriano.
Durante algúns anos mestra e discípula viviron no castelo de Spanheim. Cando Hildegard cumpriu 14 anos, ambas se recluíron no mosteiro de Disibodenberg.[14] Este mosteiro era masculino, mais acolleu un pequeno grupo de enclaustradas nunha cela anexa, baixo a dirección de Jutta. A cerimonia de clausura solemne foi celebrada o 1 de novembro de 1112 e nela participaron Hildegard, Jutta, e outra enclaustrada máis,[b] tamén infante. En 1114, a cela transformouse nun pequeno mosteiro, co fin de poder albergar o crecente número de vocacións. Ese mesmo ano, Hildegard emitiu a profesión relixiosa baixo a regra beneditina, e recibiu o veo de mans do bispo Otón de Bamberg.[15] Deste xeito continuou a súa educación monástica rudimentaria dirixida por Jutta.[c]
Jutta morreu en 1136 con sona de santidade, logo de levar unha vida de moita austeridade e ascese, con longos períodos de xaxún e penitencias corporais.[16] Logo da súa morte, Hildegard foi elixida abadesa (magistra) de xeito unánime pola comunidade de monxas.[12]
Visionaria e escritora
editarDende nena, Hildegard tivo unha feble constitución física, padeceu constantes enfermidades e experimentaba visións. Nunha haxiografía posterior, o monxe Teoderico de Echternach consignou o testemuño da propia Hildegard. Aos tres anos tivo a visión de, nas súas palabras, «unha luz tal que a miña alma tremeu».[11][17] Estes feitos continuaron durante os anos que estivo baixo a instrución de Jutta, quen, ao parecer, tivo coñecemento daquelas visións. Viviu estes episodios de xeito consciente,[d] é dicir, sen perder os sentidos nin sufrir éxtase.[18] Ela describiunos como unha gran luz con imaxes, formas e cores. Ían acompañados dunha voz que lle explicaba o que vía e, nalgúns casos, de música.[e]
En 1141, aos 42 anos, tivo un episodio de visións máis forte, durante o cal recibiu a orde sobrenatural de escribir as visións que tivese diante.[19] A partir de entón, Hildegard escribiría as súas experiencias nun primeiro libro, Scivias (Coñece os camiños), que concluíu en 1151. Para tal fin, tomou como secretario e amanuense un dos monxes de Disibodenberg, Volmar, e como colaboradora unha das súas monxas, Ricardis de Stade.[15]
Con todo, seguiu a ter reticencia para facer públicas as súas revelacións e os textos resultantes delas.[20] Para disipar as súas dúbidas, recorreu a un dos homes máis prominentes e con maior reputación espiritual do seu tempo, Bernaldo de Claraval. Dirixiulle unha sentida carta en que lle pediu consello sobre a natureza das súas visións e a pertinencia de dalas a coñecer.[21] Naquela misiva, contra o ano 1146, confesáballe ao ilustre monxe cisterciense que o vira nunha visión «como un home que vía directo ao sol audaz e sen medo», e ao mesmo tempo que atribuía a si mesma «debilidade», solicitaba o seu consello:
“ | [...] Padre, estou profundamente perturbada por unha visión que se me apareceu por medio dunha revelación divina e que non vin cos meus ollos carnais, senón só no meu espírito. Desditada, e aínda máis desditada na miña condición de muller, dende a miña infancia vin grandes marabillas que a miña lingua non pode expresar, pero que o Espírito de Deus me ensinou que debo crer. [...] |
” |
— Hildegarda a Bernaldo, abade de Claraval.[22] |
A resposta de Bernaldo non foi moi extensa nin tan elocuente como a carta de Hildegard,[23] mais nela invitábaa a «recoñecer este don como unha graza e a responder a el ansiosamente con humildade e devoción [...]».[24] Ademais, semella que o abade de Claraval posteriormente interveu perante o papa Uxío III en favor de Hildegard. Tiña trato persoal con el por ser tamén cisterciense e antigo discípulo seu.[25]
O arcebispo Henrique de Maguncia (baixo cuxa xurisdición se atopaba o mosteiro de Disibodenberg), coñecedor das visións e profecías de Hildegard, mandou unha comisión ao papa Uxío para informarse do sucedido e lograr que se declarara sobre a natureza de tales dons.[26] O papa encontrábase entón en Tréveris para presidir alí o sínodo que se celebrou entre 1147 e 1148.
En 1148, un comité de teólogos, encabezado por Albero de Chiny-Namur, bispo de Verdún, a petición do papa, estudou e aprobou parte do Scivias.[13] O mesmo papa leu en público algúns textos durante o sínodo de Tréveris e declarou que tales visións eran froito da intervención do Espírito Santo.[12] Trala aprobación, enviou unha carta a Hildegard en que lle pediu que continuase escribindo as súas visións.
Con isto deu comezo non só a actividade literaria aprobada canonicamente, senón tamén a relación epistolar con múltiples persoeiros da época, tanto políticos como eclesiásticos. Entre eles estaban Frederico I Barbarroxa, Henrique II de Inglaterra ou Leonor de Aquitania, quen pedían os seus consellos e orientacións. Tal foi o seu recoñecemento que chegou a ser coñecida como a Sibila do Rin.
Fundadora
editarEn 1148, sen ter concluída a redacción do Scivias, nunha visión concibiu a idea de marchar de Disibodenberg a un lugar «onde non había auga e onde nada era pracenteiro».[27] Inspiroulle así a fundación dun mosteiro no outeiro de san Ruperto (Rupertsberg), preto de Bingen, ao oeste do Rin, na desembocadura do Nahe, para trasladar a medrada comunidade e emancipala dos monxes de Disibodenberg.
Con todo, Kuno, daquela abade de Disibodenberg, opúxose á súa marcha, o que contrariou á monxa en gran medida. Mesmo lle ocasionou trastornos físicos, que foron atribuídos a causas divinas:[19]
“ | Dicían que fora engaaada pola vaidade. Cando o oín, o meu corazón aflixiuse, a miña carne e as miñas veas secaron, e durante moitos días xacín na cama. | ” |
Ante esta situación interveu a marquesa Richardis von Stade,[29] nai e secretaria da monxa. Esta logrou convencer a Henrique I, arcebispo de Maguncia, de que dese autorización para a saída das relixiosas e a fundación do novo mosteiro. Contra o ano 1150 trasladouse a Rupertsberg con preto de vinte das súas monxas. Obtivo o permiso do conde Bernaldo de Hildesheim,[9] propietario do terreo, e fundou o mosteiro de Rupertsberg, do cal se converteu en abadesa.
Por esa época, a súa asistente e secretaria Richardis abandonouna para se converter en abadesa do convento de Bassum (Saxonia). Hildegard reflectiu a súa tristura e oposición en serias cartas de protesta ao arcebispo Hartwig de Bremen, irmán de Richardis, quen influíra para conseguir o cargo abacial. Chegou a apelar mesmo ao papa, sen conseguir que a monxa volvese. Richardis morreu o ano seguinte á separación.[12]
Un ano despois do traslado concluíu o Scivias. Desa mesma época datan os seus dous libros sobre ciencias naturais (Physica) e medicina (Cause et cure). Neles expuxo gran cantidade de coñecementos sobre o funcionamento do corpo humano, de herboloxía e doutros tratamentos médicos baseados nas propiedades de pedras e animais.[30] Así mesmo, comezou unha colección de cantos, Symphonia armonie celestium revelationum, para atender as necesidades litúrxicas da súa comunidade. Segundo algunhas cronoloxías, tamén de 1150 dataría o inicio do Liber vite meritorum.[11][f]
Cara a 1163, como froito das súas constantes visións, comezou a escribir o Liber divinorum operum, a terceira das súas tres obras máis importantes, que tardaría uns dez anos en rematar. Con todo, a abadesa alternou a vida contemplativa e de escritora coa de prédica e fundación. En 1165 fundou un segundo mosteiro en Eibingen que visitaba regularmente dúas veces por semana.
Predicación e intervención política
editarA fama de santa e profetisa que chegou a ter a abadesa foi tal que, en 1150, o propio emperador Frederico I Barbarroxa a invitou a se entrevistar con el no seu palacio en Ingelheim. O aprecio mutuo que xurdiu nesta entrevista manifestouse nas subsecuentes cartas, e chegou a tal punto que, trece anos despois, o soberano outorgou un edicto de protección imperial a perpetuidade ao mosteiro de Rupertsberg.[32]
O labor de escritora de Hildegard viuse interrompido moitas veces polas viaxes de predicación. Se ben a clausura nos seus tempos non era tan ríxida coma o sería a partir de Bonifacio III,[g] non deixou de abraiar e admirar aos seus contemporáneos que unha abadesa abandonase o seu mosteiro para predicar.
O contido da súa predicación xirou en torno á redención, a conversión e a reforma do clero, criticando duramente a corrupción eclesiástica, ademais de opoñerse firmemente aos cátaros, ao condenar as doutrinas destes, propoñendo o combate dos seus erros mediante a predicación e a edificación do clero.[h][33]
En total foron catro as viaxes de predicación que fixo: a primeira entre 1158 e 1159, na que viaxou a Maguncia e a Wurzburgo. En 1160 realizou a segunda a Tréveris e a Metz. Na súa terceira predicación, entre 1161 e 1163, viaxou polo Rin ata Colonia. Na última das súas viaxes, comprendida entre 1170 e 1171, predicou na rexión de Suabia.[34]
Ademais destas viaxes de predicación, Hildegard empregou as cartas para facer sentir a súa opinión ante personaxes sobranceiros. Con motivo do cisma provocado pola elección do antipapa Vítor IV co apoio do emperador Barbarroxa, fronte ao papa romano Alexandre III, prolongado á morte de Vítor IV coa elección dos tamén antipapas Pascual III e Calixto III, Hildegard fixo graves amoestacións proféticas ao primeiro destes, así como ao emperador mesmo.[35]
No ano 1173, pouco antes de concluír o Liber divinorum operum, morreu o monxe Volmar, o seu colaborador máis próximo e secretario, o que a levou a procurar axuda dos monxes da abadía de san Eucario de Tréveris para rematar esa obra.[36] Durante algún tempo o monxe Godofredo de Disibodenberg serviulle como amanuense, ao mesmo tempo que comezou a redacción dunha biografía da profetisa, mais tamén el morreu pouco tempo despois, en 1176. O último dos seus secretarios encontrouno en Guibert-Martin de Gembloux, un monxe flamengo, co que sostivera conversas epistolares iniciadas polo interese deste sobre o xeito no que Hildegard tiña as súas visións.[37]
Última batalla
editarA última situación crítica á que tivo que enfrontarse Hildegard produciuse en 1178, cando a súa comunidade deu sepultura no cemiterio conventual a un nobre presuntamente excomungado. Pola imposición desta pena eclesiástica, o dereito canónico prohibía o seu enterramento en terra sagrada. Pedíuselle a Hildegard que exhumase o cadáver. Ela negouse e mesmo fixo desaparecer calquera rastro do enterramento para que ninguén puidese ir buscalo. Sostivo que se reconciliara coa Igrexa antes de morrer. Os prelados de Maguncia, en ausencia do arcebispo Christian, que estaba en Roma, puxeron o mosteiro en dúbida. Prohibíuselle a utilización das campás, os instrumentos e os cantos na vida e liturxia de Rupertsberg. Hildegard defendeuse escribindo unha carta de rico contido doutrinal,[38] onde recollía o significado teolóxico da música. Cando regresou o arcebispo en marzo de 1179, presentáronse testemuñas que apoiaban a versión de Hildegard e levantáronse as dúbidas sobre o mosteiro.[39]
Morte e veneración
editarAos poucos meses de se levantaren as dúbidas, o 17 de setembro de 1179, Hildegard finou aos 81 anos. As crónicas haxiográficas contan que á hora da súa morte apareceron dous arcos moi fulgurosos e de diferentes cores que formaron unha cruz no ceo.[40][41]
Entre 1180 e 1190 o monxe Teoderico de Echternach escribiu a Vita (Vida) de Hildegard, recollendo pasaxes autobiográficas que a monxa deixara e contara. Gregorio IX abriu o proceso de canonización en 1227, aínda que non o concluíu. Foi reaberto por Inocencio IV en 1244, sen que tampouco nesta ocasión se chegase a concluír. Con todo, debido á difusión do seu culto foi inscrita no Martiroloxio romano,[42] incluíndose ademais o seu nome nalgunhas ladaíñas; extraéronse reliquias do seu sepulcro; celebrouse a súa festa litúrxica; atribuíronselle milagres e as súas representacións pictóricas e escultóricas comezaron a ser obxecto de veneración.[43]
As súas reliquias foron conservadas no convento de Rupertsberg ata a destrución deste en 1632, durante a guerra dos Trinta Anos. Entón foron levadas a Colonia e despois a Ebingen, e foron depositadas na igrexa parroquial onde aínda repousan.
En 1940 aprobouse oficialmente a súa celebración para as igrexas locais. Con motivo do 800 aniversario da súa morte, Xoán Paulo II referiuse a ela como profetisa e santa.[44] Do mesmo xeito, en 2006, o papa Bieito XVI tamén se referiu a Hildegard como santa e encomiouna como unha das grandes mulleres da cristiandade xunto con Catarina de Siena, Tareixa de Ávila e Tareixa de Calcuta.[45]
No ano 2010 o papa Bieito XVI adicou a Hildegard as Audiencias Xerais do 1 e 8 de setembro, no marco dunha serie de catequeses sobre escritores cristiáns, sendo a primeira muller presentada nestas catequeses; lembrou, entre outras cousas, que os contemporáneos de Hildegard a consideraron a "profetisa teutónica" e puntualizou o valor teolóxico dos seus escritos e ensinanzas.[46][47]
En decembro de 2011, o papa Bieito XVI anunciou a súa decisión de outorgar a Santa Hildegard o título de "Doutora da Igrexa".[48] O 10 de maio de 2012 procedeu a inscribila no catálogo dos santos e a estender o seu culto litúrxico á Igrexa universal, nunha "canonización equivalente".[49][50] O 27 de maio de 2012 durante o rezo do Regina Caeli do día de Pentecoste, o papa determinou a data para a proclamación como Doutora.[51] O 7 de outubro de 2012, durante a misa de apertura do Sínodo dos bispos na Basílica de San Pedro en Roma, realizouse a proclamación oficial pola cal se lle concedeu o título de Doutora para a Igrexa Universal xunto con San Xoán de Ávila polo papa Bieito XVI.[52]
Hildegard tamén é venerada por algunhas das Igrexas que conforman a Comuñón anglicana, entre elas a Igrexa de Inglaterra e a Igrexa Episcopal Escocesa.[53] Tanto na Igrexa católica como na Comuñón anglicana é celebrada o 17 de setembro.
A iconografía relixiosa de Hildegard é escasa, probablemente porque o seu culto foi local durante bastante tempo. É retratada cos atributos propios dunha abadesa da Orde de San Bieito: báculo abacial e hábito beneditino con velo negro e branco; as súas representacións máis antigas reproducen o xeito no que aparece nas miniaturas dos seus escritos: sentada cun estilo na man en actitude de escribir sobre un par de táboas ou ditando a un monxe, con cinco chamas arredor da cabeza representando a visión divina. Máis tarde mudouse o estilo por unha pluma de ave, con algún pergamiño ou libro na man — comunmente o Scivias — e algún instrumento musical.[54]
Texto inicial
editarEn diversas ocasións tivo enfrontamentos co abade Hugo von Disibodenberg, posto que Hildegard rexeitaba a ascese, un dos principios do monacato. Así, relaxou o regulamento de comidas das súas discípulas e reduciu os tempos dedicados á oración e á misa. Cando Hildegard quixo fundar un mosteiro propio coa súa comunidade, produciuse un conflito aberto. Os beneditinos de Disibodenberg opuxéronse á decisión, xa que as mulleres pertencían ao seu mosteiro. No decorrer dos enfrontamentos pola división da comunidade, Hildegard procurou o apoio de Bernaldo de Claraval, quen, porén, na súa carta de resposta fíxolle advertencias contra un exceso de arrogancia.
Aínda así, Hildegard, coa colaboración do preboste Volmar von Disibodenberg e de Richardis von Stade, freira da súa confianza, comezou en 1141 a escribir en latín tanto as súas visións como as súas ideas teolóxicas e antropolóxicas. Dado que ela non dominaba o latín, facía que o seu escribán (derradeiro secretario: Wibert von Gembloux) redactase todos os textos nun latín correcto. A súa obra principal, Liber Scivias Domini, xurdiu nun período de seis anos. Este libro conta con 35 miniaturas de contido teolóxico, pintadas primorosamente con cores rechamantes, que serven fundamentalmente para ilustrar o texto, complexo e profundo. O manuscrito orixinal dáse por desaparecido desde o final da segunda guerra mundial; na abadía de Eibingen pódese contemplar unha copia iluminada do ano 1939.
Finalmente, durante un sínodo en Tréveris, Hildegard conseguiu o permiso oficial do papa Uxío III para publicar as súas visións en 1147. Este permiso tamén robusteceu a súa significación política. Ademais, nesa altura foi moi valorada polas súas visións e mantivo correspondencia con moitos poderosos do ámbito relixioso e civil. Confianzada deste xeito na súa importancia, fundou o mosteiro de Rupertsberg entre 1147 e 1150 na beira esquerda do río Nahe. O mosteiro xa non existe, pero o lugar de Bingerbrück, que xurdiu posteriormente ao seu arredor, pertence na actualidade á cidade de Bingen am Rhein, no estado federal de Renania-Palatinado, Alemaña.
Xa en 1151 volveu ter enfrontamentos con cargos eclesiásticos: os arcebispos de Maguncia e Bremen esixiron que Richardis von Stade abandonase o novo mosteiro. Richardis era irmá do arcebispo de Bremen e debía converterse na abadesa do mosteiro de Bassum. Hildegard negouse á partida da súa máis estreita colaboradora e pediu a intervención do Papa Uxío III. Pero finalmente impúxose a intención de ambos os bispos e Richardis deixou o mosteiro de Rupertsberg.
Tras este acordo, o bispo de Maguncia aprobou en 1152 o traslado dos bens do mosteiro, que se volveran moi abundantes por mor da sona de Hildegard. Grazas ás doazóns, o mosteiro era extremadamente rico. Isto influíu na vida monacal e ergueu críticas; varios eclesiásticos atacaron a Hildegard porque as súas freiras vivían luxosamente, sen respectar o voto de pobreza monástico, e porque o mosteiro só aceptaba mulleres de familias nobres. Hildegard opúxose decididamente ao popular movemento das ordes mendicantes.
Como o número de freiras do mosteiro de Rupertsberg non facía máis ca aumentar, en 1165 Hildegard adquiriu o mosteiro agostiño de Eibingen e fundou alí un mosteiro anexo, aínda existente, ao que tamén podían acceder burgueses. O mosteiro de Rupertsberg foi destruído no ano 1632, durante a guerra dos Trinta Anos. As obras de arte que se conservan, sobre todo o antependium púrpura e dourado, dan conta da antiga riqueza de Rupertsberg.
As fontes documentais primitivas
editar- Véxase tamén: Riesencodex.
A principal fonte de información sobre a súa vida é a biografía que escribiu o seu secretario, o monxe Gottfried, Vita Sanctae Hildegardis, mais cando este morreu, en 1176, deixou a obra inacabada. Só unha década despois o monxe Theoderic, de Echternach, retomou o traballo, escribindo outros dous volumes e un prefacio. Aínda que Gottfried vivira en contacto directo con Hildegard e coñecera moito da súa vida, non se incluíu no libro información esencial, nin sequera o lugar e a data de nacemento. Amais diso, o seu relato é convencionalmente laudatorio, mais por outra banda transcribiu boa parte da súa correspondencia. A contribución de Theoderic foi tamén importante porque empregou longas pasaxes autobiográficas de material autógrafo que posteriormente se perderon. Mais como toda haxiografía daquela época, os seus autores non se propuxeron ofrecer unha narración "obxectiva" da súa carreira, o principal propósito foi o de mostrala ao mundo como unha sabia, unha profetisa e unha santa, atopando para todos os seus actos unha xustificación sobrenatural e unha inspiración divina, e avogando claramente pola súa canonización oficial.[55]
Outra fonte de suma importancia é a súa propia correspondencia, e os limiares que escribiu para os seus libros, onde moitas veces deu detalles de como, cando e onde foron escritos. O último secretario de Hildegard, o monxe Guibert de Gembloux, deixou outra biografía, tamén incompleta, e sobreviviron tamén algúns documentos eclesiásticos e algunhas crónicas posteriores do propio mosteiro que achegan datos útiles, como a Acta Inquisitionis, elaborada pola Igrexa cando as monxas de Rupertsberg preitearon a súa canonización. Recentemente descubriuse unha biografía sobre Jutta, a súa mestra, que dá unha visión interesante sobre o contexto cultural da época e sobre os primeiros anos de Hildegard, mais a cronoloxía que presenta non concorda coa maioría das outras fontes coñecidas.
Aínda que con algunhas perdas, o principal da súa produción foi preservado ata os nosos días. Sobreviven dez manuscritos integrais do Scivias, cinco do Liber vitae meritorum, cinco do Liber divinorum operum, tres do Physica, un do Causae et curae, e dezanove cun número variado das súas cartas, amais dun gran número de extractos citados en obras alleas e fragmentos diversos,[56][57] mais o máis importante é o Riesencodex, conservado na Biblioteca Estatal de Hesse, en Alemaña, coa súa obra case completa, excluíndo o tratado sobre ciencia natural. Foi considerado na súa época como a versión definitiva dos seus escritos. Non debeu ser concluído durante a súa vida, mais con toda probabilidade foi unha edición iniciada por ela mesma e realizada por un grupo de asistentes anónimos de Rupertsberg. Foi escrito como volumes separados, que entre os séculos XV e XVI foron reunidos nun só códice con 481 folios que pesa 15 kg.[58]
Obra interdisciplinaria
editarA importancia de Hildegard von Bingen é difícil de acomodar en ámbitos individualizados, xa que a concepción do mundo mudou completamente desde a Ilustración. No seu tempo, as persoas importantes eran eruditas, formadas en diversos eidos do saber. Hildegard von Bingen é tida xeralmente como unha persoa de grande valía, que abriu novas vías de pensamento e ampliou perspectivas.
Importancia política e relixiosa no seu tempo
editarA súa confianza en si mesma e o seu carisma levárona a ter grande sona. Foi a primeira freira que deu sermóns públicos dirixidos á conversión do pobo (en viaxes de predicación por Maguncia, Würzburg, Bamberg, Tréveris, Metz, Bonn e Colonia). O emperador Frederico I, Barbarroxa convocouna como conselleira ao palacio imperial de Ingelheim. Mesmo cunha idade avanzada emprendeu aínda viaxes a diversos mosteiros.
Debido á súa fe e ao seu tipo de vida, foi elixida por moita xente como guía espiritual. Xa en vida foi cualificada por moitos de santa. Hildegard baseou esta recepción por parte dos seus coetáneos no feito de que remitía permanentemente ás súas visións para elaborar as súas afirmacións teolóxicas e filosóficas. Deste xeito, acoirazaba os seus postulados contra a opinión de que as mulleres non podían chegar polos seus propios medios ao coñecemento teolóxico. Ela mesma cualificábase de "inculta". Entre outras cuestións, participou do lado do Papa na discusión teolóxica sobre a transubstanciación na Eucaristía.
A súa doutrina moral fascinou daquela non só ás freiras, senón tamén a frades, nobres e leigos. Cunha grande confianza en si mesma, impuxo os seus intereses fronte a outros, tanto por convicción como pola imposición de obxectivos políticos (por exemplo, no enterro dun excomungado adiñeirado ou na discusión sobre os dereitos de posesión de Disibodenberg).
Son fundamentalmente tres obras teolóxicas as que fundaron naquel tempo a súa sona. A súa obra principal, Scivias, é unha lección de fe en que as imaxes do mundo e do ser humano están indisolubelmente ligadas á imaxe de Deus. Este panorama filosófico-teolóxico, que cadra en todos os puntos esenciais co dogma oficial do momento, é presentado en 26 visións. A segunda obra de visións, Liber Vitae Meritorum, poderíase describir como ética visionaria. Nela son contrapostos 35 vicios e virtudes. O terceiro libro, Liber Divinorum Operum é unha ollada de Hildegard sobre o mundo e o ser humano. Nel describe a Creación como algo en que o corpo e a alma, o mundo e a Igrexa, a natureza e a misericordia están depositadas baixo a responsabilidade do ser humano.
Na súa obra teolóxica tamén conta a correspondencia con altos dignatarios do mundo relixioso e civil (entre eles, Bernaldo de Claraval), que se conservou en forma de 300 cartas. Nelas, Hildegard mostra a extrema fortaleza do seu carácter e da súa fe. As súas declaracións e opinións, mantidas contra o rei e o Papa, son especialmente notábeis se temos en conta a súa circunstancia. A súa procedencia e o feito de que diversos parentes ocupasen altos cargos eclesiásticos (entre outros, o seu irmán Hugo, chantre da catedral de Maguncia) fornecéronlle a influencia necesaria para ser escoitada.
A súa triloxía teolóxica
editarLiber scivias Domini
editarO seu primeiro libro que describe as súas visións, o Liber scivias Domini, cuxo título é unha abreviatura de Scito vias Domini (Coñecede os camiños do Señor), foi escrito entre 1141 e 1151 e foi o máis coñecido e apreciado en vida da súa autora. Foi o libro cuxo bosquexo leu e aprobou o papa Uxío III, dándolle fama inmediata. O público que Hildegard buscaba para el foi o dos clérigos e monxes, cunha intención de corrixir a súa indolencia, como lle ordenou Deus: "Móstralles a inutilidade dos misterios que eles, tímidos como son, esconden nun campo oculto e estéril. Mana como unha fonte de abundancia, e inúndaos co coñecemento místico, ata que eles, que agora te xulgan desprezable a causa do erro de Eva, renazan coas grandes augas da túa irrigación".[59] É unha obra alentada dividida en tres volumes, contendo cada un deles, respectivamente, seis, sete e trece visións. O primeiro volume comeza cunha descrición do Reino dos Ceos. O principal tema desa parte é a orixe do pecado no mundo, explicada como vinda da rebelión de Lucifer e a consecuente caída de Adán e Eva. Segue o exame das consecuencias diso para o mundo e para a humanidade. Nalgúns puntos anticipou o remedio para o mal, que sería a Encarnación de Cristo, mais non a inseriu nunha perspectiva cronolóxica. Antes traballou sobre o contraste entre a Sinagoga, ou a Antiga Dispensación, e a Igrexa, a Nova Dispensación, e a visión final do primeiro volume aborda as xerarquías anxélicas. A temática do segundo volume é a obra divina da redención da humanidade, falando sobre a vinda de Cristo, as persoas da Trindade e sobre a eclesioloxía, incluíndo seccións sobre as virtudes dos Sacramentos. O volume final retoma os temas principais abordados antes nunha perspectiva máis vasta, histórica e arquitectural, recapitulando as etapas da caída e da salvación do ser humano, tanto colectiva como individualmente. Estabelece un escenario do Xuízo Final e conta con 14 pezas musicais en forma dun pequeno drama sacro que compoñen a primeira versión do auto musicado Ordo Virtutum, coroando de forma dramática a súa descrición da orixe e destino final do home cunha ilustración teatral e musical das beatitudes do Paraíso.[60] A continuación transcríbense, a xeito de ilustración, dous fragmentos da IV Visión do II Volume, referente o primeiro á descrición simbólica da Igrexa, e o segundo á explicación dada pola voz que oía:
- "Entón vin como se fora unha inmensa torre circular completamente construída en pedra branca, con tres xanelas no alto, de onde saía unha luz tan clara que ata mesmo o teito cónico da torre parecía translúcido. As xanelas estaban decoradas coas máis belas esmeraldas. E esta torre estaba colocada como no dorso da imaxe da muller (a Igrexa) que xa citei, como unha torre que está construída na muralla dunha cidade, de xeito que a imaxe non podería de xeito ningún ser abalada por causa da súa solidez de forza…"
- "Pois a razón pola cal viches unha gran torre redonda toda feita de pedra branca é porque a suavidade do Espírito Santo é inmensa e engloba totalmente todas as criaturas na súa graza, de xeito que ningunha corrupción na integridade da plenitude da súa xustiza pode destruíla; e, brillando, indica o camiño e emana todos os ríos de santidade na claridade da súa forza, onde non se pode encontrar mácula ningunha de insensatez. Polo tanto o Espírito Santo é un lume cuxa ardente serenidade, acendendo as virtudes ígneas, xamais será destruída e así afoga toda a escuridade".[60]
Neste libro introduciu o concepto da viriditas, que percorre todas as outras obras súas, significando literalmente "verdor", pero que é empregado tanto no sentido da cor verde das plantas como no de ser unha cualidade vivificante do Espírito Santo que é infusa en toda a Creación. Como obra visionaria, segundo o que pensan Bishop e Hart, o Scivias é único, e como suma de doutrina alíñase á mellor produción do seu tempo, comparable ás obras dun influente contemporáneo seu, Hugues de Saint-Victor, particularmente a Sobre os Sacramentos da Fe Cristá, que é moi similar. Mais o ton da narrativa é totalmente diferente: mentres que Hugues fai unha meditación privada no seu propio nome, Hildegard non raras veces falou en nome de Deus. O seu estilo de escritura adoece dun latín un tanto desaxeitado, a pesar de que o monxe Volmar o revisou e corrixiu. O Scivias pode ser lido de moitos xeitos —como unha proclamación profética, un libro de alegorías, un estudo de exexese e unha suma teolóxica—. Cada visión estaba acompañada, no manuscrito orixinal definitivo de ca. 1165 escrito en Rupertsberg, por unha iluminura, elaborada por algún dos seus asistentes, baixo a súa directa supervisión, e son tan orixinais no seu estilo plástico como o contido e o estilo textual de Hildegard. Ese manuscrito perdeuse na segunda guerra mundial, mais por fortuna en 1927 fixérase unha copia facsimile en pergamiño, preparada polas monxas de Eibingen.[59]
Liber vite meritorum
editarO segundo libro de visións, o Liber vite meritorum (Libro dos méritos da vida), é un tratado de ética que traballa sobre a oposición entre os vicios e as virtudes, un tema común na súa época. O texto está dominado por unha figura monumental que representa a Cristo ou Deus. Esta reaparece ao longo das visións; os seus pés aséntanse no abismo das augas e a cabeza pérdese no éter, mentres que as nubes ígneas de virtudes emanan da súa boca. As virtudes non son vistas individualmente, mais a súa voz é escoitada, ou son representadas por símbolos. Os vicios son descritos en formas grotescas que mesturan partes humanas e animais, e falan unha linguaxe moi groseira pero moi sedutora. Parte do éxito deste libro vén da súa habilidade para dar voz a aquelas entidades abstractas en diálogos de gran eficiencia. Contrapóñense trinta e cinco virtudes fronte a outros tantos vicios, e as visións conclúen enfatizando a responsabilidade e a liberdade do ser humano na escolla do seu camiño e informan sobre as consecuencias da súa opción. O libro tamén ofrece unha mostra das prácticas penitenciais do seu tempo, e é moi posible que teña sido empregado como un manual práctico para as monxas non só de Rupertsberg, senón tamén dos mosteiros de Gembloux e Villiers. Outra característica interesante do texto é ter sido un dos primeiros tratados de ética relixiosa que incluíu unha detallada descrición e explicación do Purgatorio, cuxa doutrina fora formulada pouco tempo antes.[61][62]
Liber divinorum operum
editarA triloxía finaliza co seu Liber divinorum operum (Libro das obras divinas), escrito cando Hildegard xa tiña máis de setenta anos de idade e era famosa como escritora e conselleira espiritual. O libro é unha vasta visión de toda a creación divina, e aborda tres temas principais: o mundo da humanidade, o mundo do alén e a historia da salvación dende Adán e Eva ata o Xuízo Final. O seu esquema narrativo é o mesmo que o de Scivias: unha visión introduce cada nova sección principal, que é descrita detalladamente. Despois unha voz descende do ceo para explicar o significado do que viu. Aínda que o contido revelado sobrenaturalmente teña a clara primacía en termos de autoridade, Hildegard non se privou de engadir numerosos comentarios propios que dan explicacións máis claras ou enfatizan algún punto importante. Como a maioría dos teólogos do seu tempo, Hildegard vía nas Escrituras máis que o significado histórico, e procuraba a súa explicación profunda a través de lecturas simbólicas, moralizantes e alegóricas. Ao final de cada sección aparece unha exhortación para que o lector use o texto de lema para as súas penitencias e meditacións, e o libro como un todo péchase cunha severa advertencia para que futuros copistas non engadan ou quiten unha soa letra do que foi escrito, baixo pena de que o autor de tal profanación cometería un pecado contra o Espírito Santo —imperdoable— e sería excluído do Libro da Vida de Deus. O manuscrito que contén as iluminacións, o Códex 1942 da Biblioteca Estatal de Lucca, é posterior á súa morte, mais parece copiar a fonte orixinal. O libro iníciase coa figura alada monumental da Caridade/Amor, que engloba en si todo o universo creado.[62][63] Di ela:[62]
“ | Eu son a suprema e incandescente forza que acendeu todas as centellas vivas, e eu non creei cousa algunha morta… e eu son a vida ígnea da esencia de Deus: Eu ardo enriba da beleza dos campos, eu brillo nas augas, eu queimo no sol, na lúa e nas estrelas… Son tamén a Razón. É meu o trono da sonora Palabra pola cal toda creación veu á existencia, e eu animei todas as cousas co meu alento de modo que ningunha é mortal no seu xénero, pois eu son a Vida. | ” |
Boa parte do libro concéntrase na descrición da constitución e forma do ser humano, comprendendo o seu corpo físico e a súa alma, correlacionando a forma humana con varios aspectos do microcosmos e do macrocosmos, como ilustración dun extenso comentario aos 14 primeiros versículos do Evanxeo de Xoán e ao libro do Xénese. Todas as partes do corpo están cargadas de simbolismo. Un exemplo:[63]
“ | A esfera do cranio indica o poder dominante da humanidade… Deus revela a través dos nosos ollos o coñecemento polo cal Deus prevé e coñece todo de antemán… Deus revélasenos a través da nosa habilidade de oír todos os sons da gloria sobre os misterios ocultos… polo noso nariz Deus mostra a sabedoría que reside como un oloroso sentido de orde en todas as obras de arte… pola nosa boca Deus indica a Palabra divina, a Palabra pola cal Deus creou todas as cousas… | ” |
A forma humana é vista, pois, como o modelo divino da Encarnación, de acordo co concepto básico presentado no Xénese, e é louvada como unha manifestación da vitalidade, amor e beleza de Deus. Corpo e alma son concibidos como unha unidade integral, onde as forzas da natureza e do espírito interactúan en harmonía, e serven como espello e obxectivo para toda a obra da Creación. "Deus inscribiu toda a súa obra na forma humana", escribiu. Así a creación do universo estaba ligada indisolublemente á creación da forma humana, e máis que iso, aquela estaba case subordinada a esta, xa que para Hildegard a Encarnación do Verbo divino estaba prevista dende antes do Tempo e a forma humana serviría como o instrumento privilexiado para a reunión da criatura co Creador despois do longo traxecto dende a orixe do universo ata a súa redención.[63]
Ao mesmo tempo, dicía que a vida que animaba o home era a mesma que animaba todo o universo, e que o universo creado era a luz do home, significando que o traballo da Redención estaba na dependencia do entendemento do mundo, e por consecuencia, do entendemento da vontade divina. Nese sentido, mesmo as paixóns humanas, tantas veces condenadas por outros escritores cristiáns da súa época, eran vistas como parte integral do plano divino. Entre tanto, ela non foi moito máis aló do recoñecemento e aceptación puros e simples do estado de cousas da humanidade, pois nunha perspectiva ideal aínda pensaba que o ser humano debía aspirar á reconquista da inocencia edénica, o que necesariamente excluía toda a sexualidade. Tendo que administrar ideal e real, concibiu unha teoría da sexualidade moi sutil e ambigua, e en certo modo precaria. Comparando o desexo humano á fertilidade da terra, recoñecía que este daba a luz unha plétora de riquezas, e tamén que o sexo era fonte de pracer, mais vía o corpo como un instrumento da alma que debía ser disciplinado para que se formara unha cooperación entre ambos, potencialmente confortable e pracenteira, e para que o obxectivo primeiro da salvación da alma puidese ser alcanzado.[64] Escribiu:
“ | E así a alma di despois da súa vitoria: Oh miña carne, e vós, meus membros, onde fixen a miña morada! Canto me aledo de ter sido enviada a vós, e de ver que estades de acordo comigo, e que con iso encamiñádesme cara á miña recompensa eterna![65] | ” |
O Liber divinorum termina cunha sección dedicada á escatoloxía, pintando o Xuízo Final en cores escuras, probablemente estando Hildegard sacudida co cisma de 1159. Aínda que nas súas cartas ela negárase a comentar o asunto, alegando que Deus lle prohibira facelo, alusións a un cisma, aínda que inespecífico, están claras no final do libro. Tampouco o clero aparece baixo unha luz favorable, sendo acusado de moitos vicios e de submersión nos asuntos mundanos. O ton do libro é moito máis pesado que o de Scivias, mais a estrutura do cosmos que del emerxe está organizada dun xeito moito máis poderoso.[66]
Importancia na bioloxía e na medicina
editarÉ sabido que arredor de 1150 Hildegard tamén escribiu tratados de medicina. Ao contrario do que acontece cos seus escritos relixiosos, deste eido non se conserva ningún exemplar coetáneo da abadesa. Todos os textos citados saen de fontes posteriores (séculos XIII a XV); nese tempo producíronse moitas copias, engadidos e modificacións dos textos. Na actualidade coñécense 13 escritos asinados por Hildegard, aínda que a autenticidade desa autoría sexa dubidosa. O concepto de medicina Hildegard (en alemán Hildegard-Medizin) creouse no século XX con intencións mercadotécnicas.
Os seus tratados sobre plantas e doenzas son de interese para a bioloxía e a medicina. Despois de 1150, Hildegard escribiu Causae et Curae, un libro sobre a aparición e o tratamento de diversas doenzas. A súa segunda obra de historia natural titúlase Liber subtilitatum diversarum naturarum creaturarum, polo cal na actualidade Hildegard é presentada en certo modo como a primeira médica alemá.
Música e poesía
editar- Artigos principais: Canto gregoriano, Modos gregos e Música medieval.
A técnica da música de Hildegard insírese —en liñas xerais, mais con diferenzas importantes— no contexto do canto gregoriano. Non fixo uso dos recursos harmónicos e rítmicos que estaban a ser introducidos polos proto-polifonistas da Catedral de Notre-Dame de París, e a súa música, ata onde se coñece, é enteiramente monódica e melódica, aínda que posiblemente estivese familiarizada coa técnica do órgano[67] e o estilo do seu melodismo incorpore elementos da vangarda musical da súa época e sexa mesmo innovador en varios aspectos. Os poemas que serven de substrato á música, sempre en latín, están construídos libremente, en versos brancos con metros desiguais, e con estruturas estróficas flexibles, adaptándose ao contido textual.[68][69] A súa música é modal, mais emprega os modos con moita liberdade, e é típico do seu estilo o uso intensivo do máis instable de todos, o frixio. Usa frecuentes melismas con finalidades expresivas, algúns de ata cincuenta notas sobre palabras particularmente importantes, cun caso de oitenta notas na antífona O vos angeli; traballa nunha tesitura ampla de máis de dúas oitavas, e en certas pezas case tres oitavas, exixindo moito do intérprete e sendo un caso único na música vocal medieval, e a súa construción melódica faise a miúdo a través de graos disxuntos, sendo moi común o salto de quinta ascendente, que é a súa marca rexistrada. Para construír a forma total da composición emprega a variación motívica, cun fragmento melódico recoñecible que aparece varias veces ao longo da peza en contextos diversos, e usa moitas veces seccións en modos distintos con fins estruturais.[69] É probable, a partir dalgunhas alusións de Hildegard, que teña empregado rutineiramente recursos instrumentais accesorios, capaces de prover algún grao de heterofonía ornamental, mais non sobrevive ningunha partitura con notación de instrumentos, e quedan apenas as liñas vocais.[70]
A produción de Hildegard está comprendida en dúas obras: o auto sacro Ordo Virtutum (A orde das virtudes) e a Symphonia armonie celestium revelationum (Sinfonía da harmonía das revelacións celestes), unha colección heteroxénea de 77 cancións para uso litúrxico ou semilitúrxico. É importante sinalar que a súa produción poético-musical é toda de cuño moralizante e pedagóxico, está intimamente ligada aos seus escritos teolóxicos, e foille inspirada durante as súas innumerables visións. E máis que iso, completamente allea aos dilemas morais doutros compositores sacros do seu tempo, acusados de introducir excesiva beleza sensual nas longas e floridas liñas melódicas que se tornaban comúns, e que con iso distraían perigosamente a quen atendía ao servizo divino, Hildegard vía a música como parte quintaesencial do ser humano (el non podería vivir sen ela, pois reunía de forma única alma e corpo, e tamén de certo xeito compensaba a perda do Edén).[71] A música tiña, para Hildegard, poderes inmensos:
- "…a música de xúbilo suaviza os corazóns endurecidos, e extráelles as bágoas de compunción, invocando o Espírito Santo… e as cancións atravesan (os corazóns) de xeito que poidan comprender a Palabra perfectamente; pois a graza divina así fai, desterrando toda escuridade, e tornando luminosas todas as cousas que son escuras para os sentidos corpóreos a causa da fraqueza da carne".[72]
- "Na música pódese oír o son da paixón que arde no peito dunha virxe. Podemos oír o brote converténdose en flor. Podemos oír o fulgor da luz espiritual brillando desde o ceo. Podemos oír a profundidade do pensamento dos profetas. Podemos oír a sabedoría dos apóstolos espallándose polo mundo enteiro. Podemos oír o sangue pingar das chagas dos mártires. Podemos oír os máis íntimos movementos do corazón que camiña cara a santidade. Podemos oír a ledicia dunha nena diante da beleza da terra de Deus. Na música a creación devolve ao seu Creador o seu xúbilo e a súa exultación; e dá grazas pola súa propia existencia. Tamén podemos oír na música a harmonía entre persoas que antes eran inimigos e agora son amigos. A música expresa a unidade do mundo como era no principio, a unidade que é restaurada a través da penitencia e da reconciliación".[73]
Outras diferenzas son que as súas composicións foron creadas para seren cantadas por mulleres e a temática do feminino é recorrente no texto; alusións á corporalidade da práctica musical e á musicalidade do corpo tamén son comúns. Di que o canto é como un instrumento musical de Deus, e que "as palabras simbolizan o corpo, e a música xubilosa revela as actividades do espírito; a harmonía celestial móstranos a Deus, e as palabras, a humanidade do Fillo de Deus". Nese sentido, segundo a análise de Bruce Holsinger, a música vivificaba a súa liturxia así como a harmonía celeste vivificaba o corpo de Cristo, e suxire que para ela o canto apuntaba cara a inmanencia da vida espiritual dentro da carne e para a propia Encarnación divina.[72] As reiteradas mencións ao pracer do canto e ao corpo, particularmente ao corpo feminino, cando Hildegard teorizou sobre música, a temática do feminino tan presente nos poemas que musicou, e o estilo moitas veces ricamente ornamental das súas melodías, desviándose radicalmente da moderación e economía prescritas pola maioría dos teóricos da música sacra do século XII, ten dado marxe a unha serie de especulacións contemporáneas sobre as posibles ligazóns da súa concepción musical coas problemáticas do homoerotismo e da sublimación do desexo no contexto do ambiente monástico, aspectos que teñen sido traídos á evidencia por numerosos investigadores tamén cando analizan a outros compositores sacros da súa época, como resumiu Holsinger. O que é certo é que a música ocupou un lugar de enorme relevo na vida da comunidade monástica rexida por Hildegard, e todo oficio sacro era decorado con canto. Segundo Barbara Newman era un lugar común monástico no seu tempo pensar que o canto agradaba a Deus cando era desempeñado cunha mente atenta e un corazón devoto, imitando dese xeito os coros anxelicais que se dicía estaban perpetuamente louvando a divindade en cantos exaltados, o que seguía unha tradición que se remontaba á Antigüidade precristá.[70]
Ata pouco tempo atrás a súa música permaneceu ignorada polos historiadores en vista do seu estilo moi distinto das correntes principais da música medieval, mais diversos estudos recentes teñen enfatizado a orixinalidade da súa creación, así como fixeran os seus propios contemporáneos.[74] As súas composicións teñen gañado un posto destacado nos programas de música clásica; xa hai unha discografía significativa e en 1994 o álbum Vision: The Music of Hildegard von Bingen, harmonizando as súas melodías vocais con recursos electrónicos, vendeu 450 mil exemplares e permaneceu durante 16 semanas no cumio da lista Billboard na categoría de música clásica crossover.[75]
Ordo Virtutum
editar
| ||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
O auto musicado Ordo Virtutum foi a primeira peza dramática do seu xénero en ser escrita. Debeuse escribir en torno a 1151, cando Hildegard estaba a finalizar Scivias, e de feito ao final do libro está incluída unha primeira versión da peza. É en liñas xerais unha dramatización musicada da loita dunha alma que caeu en pecado en busca de redención. As personaxes principais son a Alma, o Demo e as personificacións de varias Virtudes que concorren para o rescate da alma caída, e o texto ten unha clara función moralizante. Cada Virtude ten canto menos unha sección solista onde describe as súas características. Finalmente a Alma redimida é levada ao ceo, mentres que as Virtudes, lideradas pola Humildade, escorrentan o Demo.[76]
A principal fonte documental da obra é o Riesencodex, que contén unha versión continua, mais en edicións modernas o texto foi subdividido en seccións. A peza iníciase cun Prólogo que presenta ao público as Virtudes e un coro de Patriarcas e Profetas. Na escena I un coro de Almas en pranto lamenta as dificultades da vida na Terra, mentres que unha delas, a Alma protagonista, celebra, e ao final da escena acaba desencamiñada polos argumentos persuasivos do Demo. A escena II presenta en secuencia todas as Virtudes, que cantan en solos alternados con pasaxes a coro. Na escena III o coro das Almas deplora a perda dunha delas para o mundo, e tentan convencela de corrixir o seu comportamento. A escena IV, final, amosa o diálogo entre o Demo e as Virtudes, que por fin o derrotan e rescatan a Alma. A peza finaliza cun coro que sumariza a historia do pobo de Deus, narrando a Creación, a queda da Natureza e o sufrimento de Cristo.
Musicalmente o Ordo Virtutum é un exemplo bastante típico do estilo desenvolvido por Hildegard. Emprega unha longa tesitura vocal, cunha escritura neumática na maior parte do texto, mais con moitas pasaxes melismáticas, e en varios puntos aparece o seu típico intervalo de quinta ascendente. A parte do Demo non é cantada, senón recitada, e debía ser interpretada con rudeza e rebumbio, de acordo coas indicacións explícitas na partitura, a fin de evidenciar a súa carencia de harmonía, o que fai un forte contraste coa música restante. En moitos momentos hai ilustracións musicais do contido do texto, como por exemplo na tesitura inestable da parte da Alma, que ilustra o seu carácter fraco e as súas emocións rebeldes, ou cando pasaxes en notas agudas indican sentimentos nobres mentres que as notas graves retratan a aflición ou a desesperación. As pasaxes máis melismáticas aparecen cando as Virtudes se describen a si mesmas, o que parece querer ilustrar o seu carácter sublime e transcendente. De acordo coas instrucións de Hildegard, as personaxes debían empregar figurinos axeitados para o seu carácter.
Symphonia armonie celestium revelationum
editarEsta colección comprende composicións en varios xéneros - antífonas, responsorios, secuencias, himnos, un Kyrie eleison e un Alleluia - e foi composta a partir de 1150 en pezas individuais, posteriormente compiladas xuntas. O texto poético desas pequenas obras está moi próximo á prosa, mais nun estilo artificioso coñecido como Kunstprose (prosa artística). Hildegard fixo un uso moi versátil e creativo do relativamente reducido vocabulario poético e das formas sintácticas convencionais de que dispuña, e valeuse de xustaposicións orixinais de imaxes simbólicas que producen efectos grandilocuentes e vigorosos, obtendo sonoridades que son musicais independentemente da música. Os seus temas xeralmente celebran a Encarnación de Cristo, o reflexo entre humanidade e natureza e a excelsitude das mulleres santas, e o estilo musical do conxunto é moi semellante en todo ao que se describiu arriba. Non se pode determinar con exactitude como deberían ser incluídas na liturxia as pezas, xa que apenas nalgunha delas hai indicacións claras, e á maior parte é especialmente difícil asignarlles un emprego dentro dos oficios sacros regulares en función do seu estilo moi ornamentado; deben, xa que logo, terse destinado posiblemente á devoción privada ou para uso en procesións.[71][77] A continuación un dos poemas musicados na Symphonia, O viridissima virga:
O viridissima virga |
---|
O viridissima virga, ave que in ventoso flabro sciscitationis sanctorum prodisti. Cum venit tempus quod tu floruisti in ramis tuis, ave, ave fuit tibi quia calor solis in te sudavit sicut odor balsami. Nam in te floruit pulcher flos qui odorem dedit omnibus aromatibus que arida erant. Et illa apparuerunt omnia in viriditate plena. Unde celi dederunt rorem super gramen et omnis terra leta facta est, quoniam viscera ipsius frumentum protulerunt et quoniam volucres celi nidos in ipsa habuerunt. Deinde facta est esca hominibus et gaudium magnum epulantium. Unde, o suavis Virgo, in te non deficit ullum gaudium. Hec omnia Eva contempsit. Nunc autem laus sit Altissimo.[78] |
Lingua ignota
editar- Artigo principal: Lingua ignota.
Os seus primeiros biógrafos mencionan que a súa música estaba en estreita asociación con outro dos seus proxectos, o de crear unha lingua artificial, chamada por ela mesma lingua ignota (lingua descoñecida), que posuía o seu propio alfabeto de litterae ignotae (letras descoñecidas), que presenta 23 novas letras que constitúen un alfabeto descoñecido ata o momento, que aínda que presenta similitudes cos trazos dos alfabetos grego e hebreo, non se considera que tivera tentado emulalos.[71][79] A lingua ignota, de grande interese para os lingüistas modernos, estaba composta por preto de novecentas palabras inventadas para describir os seres fantásticos que vía nas súas visións. Tamén incluía termos de uso litúrxico e outros para indicar moitos aspectos e obxectos da vida cotiá no seu mosteiro. Segundo Hidegard esa lingua e as súas letras fóronlle reveladas por Deus e posuían asociacións místicas. Algunha palabras foron empregadas nunha das súas antífonas, O orzichs Ecclesia, nunha versión do seu Kyrie e no himno O virga mediatrix, e suxeriuse que esa lingua tería servido como código secreto para comunicación das monxas cando estaban en presenza de estraños.[12][71][80][81]
A lingua ignota é a primeira lingua artificial documentada da historia, polo que foi nomeada patroa das persoas esperantistas.[82][83] Esta lingua foi exposta no seu escrito Ignota Lingua per simplicem hominem Hildegardem prolata, que chegou a nós integrado con outras obras no Riesencodex, nos seus folios 461v–464v, así como no de Berlín, folios 57r–62r. A obra é un glosario de 109 palabras escritas nesa lingua co seu significado en alemán, incluíndo o dalgunhas plantas e termos empregados nas súas obras médicas.[12][84]
Outros escritos
editarCorrespondencia
editarSobreviven cerca de 400 cartas de Hildegard, dirixidas a persoas de todas as clases sociais e tratando unha gran variedade de temas, dende simples billetes con instrucións prácticas ou meros cumprimentos para alquén, ata longas peroratas con carácter de homilía ou sermón, que son de gran valor para formarse unha idea máis completa sobre a súa persoa e a súa carreira do que é posible extraer das súas biografías e os seus escritos visionarios. Mais en moitos casos os seus textos foron sometidos a revisións e censura posteriores por parte de persoas descoñecidas. De calquera xeito, nelas encóntrase relatada unha ampla gama de aspectos da súa cotidianedade —como lidaba cos problemas administrativos da súa comunidade, a súa relación con outras figuras históricas destacadas, as súas posicións e reaccións sobre a repercusión das súas obras e visións sobre a súa propia percepción do contexto social da súa época—, e delas emerxe a figura dunha muller de conviccións firmes, elocuente e destemida ata o punto de audacia no trato cos poderosos mais posuidora de gran tacto diplomático cando era preciso, amorosa e atenta ás necesidades das súas monxas e daqueles que recorrían a ela na procura de consello, e que non dubidou en empregar a súa aura profética para facer valer as súas ideas e conquistar os seus obxectivos, ás veces ameazando os seus destinatarios en nome de Deus con maldicións e a condenación eterna se non atendían as súas demandas. Hildegard tamén aparece nelas como unha persoa de gran erudición xeral, o que contrasta fortemente coas omnipresentes negacións públicas do seu mérito intelectual, sendo considerada unha pobre e humilde muller sen estudos, o que para os seus contemporáneos confirmaba a procedencia divina do seu coñecemento, fai a cuestión de como adquiriu tan vasta cultura permaneza sen resposta para a investigación moderna.[85]
Haxiografía
editarAs obras haxiográficas son obras curtas ás cales a propia autora prestou posteriormente pouca atención, e o seu contido e estilo son bastante convencionais, describindo, en resumo, as relacións entre a realidade celeste e a cotiá. A Vita Sancti Disibodi (Vida de Santo Disibod, ca. 1170) foi escrita a petición do abade Helenger, de Disibodenberg, louvando a vocación precoz de Disibod e a súa humildade, comparándoo con San Xoán Bautista. A Vita Sancti Ruperti (Vida de San Ruperto) foi realizada para celebrar o santo patrón do mosteiro que Hildegard reconstruíu sobre as ruínas dun edificio anterior que honraba o lugar da tumba do santo. O primeiro mosteiro fora destruído no século IX polos normandos, e dende aquela a zona permanecera deshabitada. Por orde divina Hildegard deixou un grupo de monxas do seu mosteiro orixinal para revitalizar as ruínas da antiga construción e restaurar o culto a San Ruperto.[86]
Hildegard de Bingen na cultura moderna
editarA figura de Hildegard von Bingen e a súa obra deixaron sentir a súa influencia mesmo fóra de Alemaña e chegaron ata os nosos días cunha vixencia indiscutible, que levou o mundo da cultura a realizar diversas homenaxes á santa alemá.
A igrexa parroquial de Eibingen, onde repousan as reliquias desta santa, foi reconstruída en gran parte en 1932 logo dun incendio, tralo cal foi adaptada a un estilo máis contemporáneo polos irmáns Rummel. O altar principal encóntrase adornado por un mosaico que reproduce a visión de Hildegard sobre a Trindade que se encontra en Scivias II, 2; dita obra foi deseñada en 1965 polo expresionista alemán Ludwig Baur, quen tamén deseñou os vitrais das fiestras da igrexa, que representan igualmente algunhas visións da abadesa.[87]
A abadía de santa Hildegard en Rüdesheim am Rhein é unha abadía beneditina reconstruída entre 1900 e 1908 sobre as ruínas orixinais dunha das fundacións de Hildegard. A reconstrución foi ordenada polo príncipe Carlos Henrique de Löwenstein-Wertheim-Rosenberg nun estilo neorromántico. A nave principal da igrexa abacial encóntrase adornada con frescos que representan as visións da abadesa e nos seus arcos encóntranse outros máis que mostran escenas da vida de Hildegard pintadas no estilo da escola Beuron de arte de Desiderius Lenz baixo a dirección de Paulus Krebs. Dita abadía forma parte da Paisaxe cultural do Val Superior do Medio Rin declarada patrimonio cultural da humanidade pola UNESCO en 2002.[88]
Na poboación de Bingen am Rhein dedicouse un museo á vida e obra desta santa, onde se expoñen documentos contemporáneos seus así como algúns restos das construcións lideradas pola abadesa. Do mesmo xeito exponse unha primeira impresión de 1533 da súa obra Physica, contando, ademais, cun xardín adxunto onde se encontran as plantas descritas nas obras naturalistas.[89]
No cine, o filme A Beautiful Mind, gañador do Óscar ó mellor filme en 2001, empregou unha das cancións de Hildegard titulada Columba aspexit dentro da banda sonora, pola cal tamén obtivo un nomeamento a dito galardón. En 2009, a directora alemá Margarethe von Trotta filmou a película Vision. Aus dem Leben der Hildegard von Bingen, baseada na vida desta santa, quen foi caracterizada pola actriz alemá Barbara Sukowa.[90] No filme italiano de 2009 Barbarossa (traducida ao inglés como Sword of War), baseada na vida do emperador Frederico Barbarroxa, Hildegard von Bingen ten unha aparición na cal é interpretada pola actriz española Ángela Molina.[91]
Tamén en televisión a figura de Hildegard tivo certa presenza: en 1994 a BBC de Londres produciu o documental «Hildegard of Bingen» para a televisión inglesa; así mesmo a televisión alemá produciu o documental «Hildegard von Bingen - Eine Frau des 12. Jahrhunderts» (Hildegard von Binben. Unha muller do século XII) e dedicou un capítulo da serie «Die Deutschen» (Os alemáns) a esta monxa beneditina.[92]
A discografía xerada a partir da música de Hildegard é abundante. Dende 1979 producíronse arredor de 35 discos con interpretacións das cancións relixiosas que compuxo, salientando as realizadas por Gothic Voices, Emma Kirkby, a Oxford Camerata baixo a dirección de Jeremy Summerly, Garmarna e Anonymous 4.[93]
O 14 de abril de 1998, o goberno alemán puxo en circulación unha moeda conmemorativa do 900 aniversario de Hildegard von Bingen. A edición constou dun total de 4,5 millóns de moedas de 10 marcos, feitas de prata de lei de 925 milésimas, onde se ve a efixie da santa escribindo as mensaxes divinas xunto a unha banda que di Liber Scivias Domini e os anos do seu nacemento e morte.[94]
Na astronomía, o asteroide (898) Hildegard, descuberto polo astrónomo alemán Max Wolf o 3 de agosto de 1918, leva o seu nome en honor a esta mística alemá.[95]
Igualmente, a consideración moderna sobre a relevancia da figura de Hildegard na Idade Media, así como para a historia da Igrexa, levou a grupos feministas eclesiásticos e seculares a tomala como un exemplo relevante de reivindicación do papel da muller na historia e da súa importancia na apertura de roles tradicionalmente masculinos ao xénero feminino.[96][97]
Tamén, o músico Devendra Banhart homenaxeou esta Santa no seu vídeo "Für Hildegard von Bingen" que foi lanzado en outubro de 2013, amosando o lado artístico de Hildegard.
O cráter lunar Hildegard leva este nome na súa memoria dende febreiro de 2016.[98]
Obra
editar- Liber Scivias (1141-51)
- Liber vitae meritorum (1148-63)
- Liber divinorum operum (1163-73/74)
- Vita Sancti Ruperti (ca. 1168)
- Physica
- Causae et curae
Traducións ao galego
editar- O Desfile Das Virtudes: Ordo Virtutum. Tradución de Xosé Carlos Santos Paz.[99]
Notas
editar- ↑ Os seus biógrafos coetáneos non mencionan nin a data nin o seu lugar de nacemento. Todas as referencias ao lugar do nacemento (como Bermersheim, onde tiña propiedades a súa familia; ou Böckelheim, mencionado polos humanistas) baséanse en suposicións. Dado que seu pai levaba o nome de Hildebert von Bennersheim (=Bermersheim), hai máis probabilidades de que nacese, ou polo menos pasase a súa infancia, nese lugar.
- ↑ Denomínanse enclaustradas as mulleres que voluntariamente aceptaron enclaustrarse nunha cela ou pequena habitación normalmente pegada a unha igrexa ou convento. Non levan vida común, senón máis ben unha especie de eremitismo.
- ↑ No Libro II da Vita de Teoderico de Echternach recóllese un relato autobiográfico onde Hildegard así o afirma, ao mesmo tempo que se refire a Jutta como muller iletrada.
- ↑ No prólog do Liber divinorum operum explica: «esperta de corpo e mente nos misterios celestes, vino cos ollos interiores do meu espírito e oín cos oídos interiores, e non en soños nin en éxtases».
- ↑ Nunha carta de Hildegard dirixida ao monxe Guibert de Gembloux Epist. CIII, coñecida tamén como «De modo visionis sue», describe a súa experiencia visionaria e o xeito en que esta forma de ver acontecía.
- ↑ O latín medieval, a diferenza do clásico, posuía — entre outras peculiaridades gramaticais — a característica da redución dos ditongos «ae» e «oe» polo uso da soa letra «e». De aí que no presente artigo se usen os títulos latinos das obras de Hildegard con dita ortografía. Así, o Liber vitae meritorum é escrito como Liber vite meritorum, Causae et curae como Cause et cure, etcétera.[31]
- ↑ En 1298, Bonifacio VIII coa bula Periculoso prohibe que as monxas saian do mosteiro sen permiso do bispo. Ademais dispuxo que as que tivesen cargos de responsabilidade (abadesas, prioras) usarsen procuradores que as representasen. Deste xeito, deixaron de poder actuar por si mesmas.
- ↑ Consérvase algún sermón entre as cartas de Hildegard, pois algúns eclesiásticos pediron que llos enviase escritos. Así por exemplo, a Epist. XLIX recolle un sermón pronunciado en Tréveris e a Epist. XLVII un pronunciado en Maguncia.
- Referencias
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18.
- ↑ Boo, Juan Vicente (7 de outubro de 2012). "El papa proclama San Juan de Ávila e Hildegarda de Bingen nuevos doctores de la Iglesia". abc.es (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2012.
- ↑ Kerby-Fulton, Kathryn (2010). Medieval Holy Women in the Christian Tradition c.1100-c.1500. Brepols Publishers. ISBN 978-2-503-53180-9.
- ↑ Medieval, Universidad de Barcelona Departamento de Historia (1994-10). Acta historica et archaeologica mediaevalia 14-15 (en castelán). Edicions Universitat Barcelona. ISBN 9788447504541.
- ↑ Chiaia (2006), p. 33
- ↑ Briscoe, James R. (2004). New Historical Anthology of Music by Women (en inglés). Indiana University Press. ISBN 9780253216830.
- ↑ Cirlot (2009), p. 13
- ↑ Van der Linde, Antonius (1880). "Hildegard, Sanct (Hildegarda, Santa)". Allgemeine Deutsche Biographie, herausgegeben von der Historischen Kommission bei der Bayerischen Akademie der Wissenschaften Volume 12. (en alemán). En Wikisource. pp. 407–408. Consultado o 19 de xuño de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 Mershman, F. (1910). "St. Hildegard". newadvent.org (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ Magill, Frank N.; Aves, Alison (1998). "Hildegard von Bingen". Dictionary of World Biography. The Middle Ages (en inglés) 2. Nova York. p. 474.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Lerman, Kristina. "The Life and Works of Hildegard von Bingen (1098-1179)". Internet History Sourcebooks Project (en inglés). Universidade Fordham de Nova York. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2014. Consultado o 19 de xuño de 2018.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Flanagan, Sabina (1995). James Hardin; Will Hasty, eds. "Hildegard von Bingen". Dictionary of Literary Biography. Volume=148: German Writers and Works of the Early Middle Ages: 800-1170 (en inglés). University of Adelaide: Universidade de Carolina do Sur e Universidade de Florida. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2008. Consultado o 19 de xuño de 2018.
- ↑ 13,0 13,1 Mershman, Francis (1913). St. Hildegard (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2018.
- ↑ Cirlot & Garí (2008), pp. 48 e 49
- ↑ 15,0 15,1 Schipperges, Heinrich (1972). "Hildegard von Bingen". Neue Deutsche Biographie (en alemán) 9. Comisión Histórica da Academia de Ciencias de Baviera. pp. 131–133. ISBN 3-428-00181-8. Consultado o 19 de xuño de 2018.. Versión electrónica en PDF na páxina web da Biblioteca Estatal de Baviera, publicada o 13 de marzo de 2008.
- ↑ Cirlot & Garí (2008), p. 49
- ↑ Cirlot (2009), p. 51
- ↑ Dickens (2009), p. 33
- ↑ 19,0 19,1 Dickens (2009), p. 27
- ↑ Cirlot (2009), p. 52
- ↑ Hildegarda de Bingen (1998), ed. Baird & Ehrman, p. 27
- ↑ Hildegarda de Bingen (1998), ed. Baird & Ehrman, pp. 27 - 28
- ↑ Cirlot & Garí (2008), p. 53
- ↑ Hildegarda de Bingen (1998), ed. Baird & Ehrman, p. 31
- ↑ Harmless (2007), p. 62
- ↑ Harmless (2007), p. 63
- ↑ Vita II, V.
- ↑ Cirlot, 2009: 54.
- ↑ Cirlot (2009), pp. 54 e 98
- ↑ Newman (1987), p. 29
- ↑ Vid. Harrington, Karl Pomeroy. 1997. Mediaeval Latin. Chicago: The University of Chicago Press. pp. 2 - 5.
- ↑ Newman, 1987.
- ↑ Agüero, Guillermina (2007). "Hildegarda, los cátaros y el catarismo... hoy II" (en castelán). Arxentina. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2018. Conferencia impartida na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Católica Arxentina.
- ↑ Harmless (2007), p. 64
- ↑ Cirlot & Garí (2008), p. 61
- ↑ Cirlot & Garí (2008), p. 65
- ↑ Épiney-Burgard & Zum Brunn (1998), p. 39
- ↑ Epist. XXIII.
- ↑ Newman (1987), p. 32
- ↑ Vita III, XXVII
- ↑ Dickens (2009), p. 28
- ↑ O texto, na actual edición española, di así: "No mosteiro de Rupertsberg, preto de Bingen, en Hesse, actual Alemaña, santa Hildegardis, virxe, que expuxo e describiu piadosamente en libros os coñecementos conseguidos experimentalmente, tanto sobre ciencias naturais, médicas e musicais, como de contemplación mística.
- ↑ Benediktinerinnenabtei st. Hildegard (1998). Dieter Wolf, ed. "Der Kanonisationsprozess Hildegards im 13. Jahrhundert". 900 Jahre Hildegard von Bingen, Verzeichnisse der Schriften der Hessischen Landesbibliothek Wiesbaden, Band 12, hrsg. (en alemán). Wiesbaden. pp. 27–43. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Carta de Juan Pablo II al cardenal Hermann Volk, obispo de Maguncia, con ocasión del 800 aniversario de la muerte de Santa Hildegarda". vatican.va (en castelán). 8 de setembro de 1979. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Encuentro del santo padre Benedicto XVI a los sacerdotes y diáconos de la diócesis de Roma". vatican.va (en castelán). 2 de marzo de 2006. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "El Papa presenta por primera vez a una escritora, Hildegarda de Bingen" (en castelán). Zenit. 1 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2010. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Benedicto XVI: Santa Hildegarda de Bingen, teóloga y artista" (en castelán). Zenit. 8 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2018..
- ↑ "La Sibila del Rhin, Doctora de la Iglesia". lastampa.it (en italiano). 2011-12-15. Consultado o 2022-02-12.
- ↑ "Decretos de la Congregación para las Causas de los Santos". vaticannews.va (en castelán). 10 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 10 de maio de 2012.
- ↑ "Una gran intelectual. La canonización equipolente de Hildegarda de Bingen". laici.va (en castelán). (Artigo orixinal: Lucetta Scaraffia, © L’Osservatore Romano 11 de mayo de 2012). 12 de maio de 2012. Consultado o 12 de maio de 2012.
- ↑ Benedicto XVI (27 de maio de 2012). "Regina Caeli". vatican.va (en castelán). Libreria Editrice Vaticana. Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ "Papa proclama doctores de la Iglesia a San Juan de Ávila y Santa Hildegard von Bingen". romereports.com. 7 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ Atwell (2004), pp. 531–533 e 816
- ↑ Réau, Louis. (2000). Iconografía del Arte Cristiano: iconografía de los santos G-O, tomo 2 vol. 4. Daniel Alcoba (trad.). Barcelona: Del Serbal.
- ↑ Newman (1998), pp. 3-4
- ↑ Kerby-Fulton (1996), p. 2
- ↑ Silva, Andréia Cristina L. F. da. Hildegarda de Bingen e as sutilezas da natureza de diversas criaturas Arquivado 21 de maio de 2012 en Wayback Machine.. Instituto de Filosofia e Ciências Sociais, UFRJ, 2002.
- ↑ The Wiesbaden ("Giant") Codex (Hildegard of Bingen) Arquivado 27 de agosto de 2009 en Wayback Machine.. Hessische Landesbibliothek Wiesbaden
- ↑ 59,0 59,1 Hildegard, Saint (1990). Hildegard of Bingen: Scivias (en inglés). Paulist Press. ISBN 9780809131303.
- ↑ 60,0 60,1 Flanagan, Sabina (2002-01-04). Hildegard of Bingen: A Visionary Life (en inglés). Taylor & Francis. ISBN 9780203007297.
- ↑ Gössmann (1989), pp. 40-43
- ↑ 62,0 62,1 62,2 Newman (1998a)
- ↑ 63,0 63,1 63,2 Jasper (1998)
- ↑ Jasper (1989), pp. 68-77
- ↑ Jasper, p. 77
- ↑ Blumenfeld-Kosinski (2006), pp. 26-27
- ↑ Newman 1998b, pp. 32-33.
- ↑ Holsinger (2001), p. 88
- ↑ 69,0 69,1 Edwards (2001), pp. 47-49
- ↑ 70,0 70,1 Newman (1998), pp. 20-23
- ↑ 71,0 71,1 71,2 71,3 Newman (1998b)
- ↑ 72,0 72,1 Holsinger (2001), pp. 114-117
- ↑ Tillman (2000), pp. 75-76
- ↑ Yardley (1987), pp. 28-30
- ↑ Cott (2002), p. 381
- ↑ Kienzle (2000), pp. 72-73
- ↑ Klaper (2004), pp. 14-17
- ↑ Harmless (2007), pp. 73-74
- ↑ Higley (2007), pp. 60-61
- ↑ Higley (2007), p. 15 e ss.
- ↑ Newman (1987), p. 30
- ↑ Gándara Fernández, Leticia (25 de maio de 2017). "Mujeres, las grandes olvidadas en la historia de las lenguas inventadas". elcorreoweb.es (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2018.
- ↑ "Hildegard Von Bingen" (en castelán). Universidade Rovira i Virgili. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2018.
- ↑ Higley (2007), pp. 145-146
- ↑ Bingen, Hildegard of (1994-07-26). The Letters of Hildegard of Bingen : Volume I (en inglés). Oxford University Press, USA. ISBN 9780195352979.
- ↑ King-Lenzmeier (2001), pp. 121-127
- ↑ "Die Pfarrkirche St. Hildegard". eibingen.de (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ Abtei St. Hildegard. "Die Abteikirche" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ Land der hildegard. "Das Museum am Strom" (en alemán). Consultado o 22 de enero de 2013.
- ↑ The Internet Movie Database. "Vision - Aus dem Leben der Hildegard von Bingen.". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2018.
- ↑ "Barbarroja" (en inglés). IMDb. Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ The Internet Movie Database. "Caracterizaciones de Hildegarda de Bingen" (en inglés).
- ↑ Pierre-F. Roberge. "Hildegard von Bingen (1098-1179) - A discography" (en inglés). Medieval Music & Arts Foundation. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de octubre de 2012.
- ↑ Ministerio Federal de Justicia (24 de marzo de 1998). "Bekanntmachung über die Ausprägung von Bundesmünzen im Nennwert von 10 Deutschen Mark (Gedenkmünze "900. Geburtstag Hildegard von Bingen")". gesetze-im-internet.de (en alemán). Consultado o 2 de octubre de 2012.
- ↑ Schmadel, Lutz D. (2003). Dictionary of Minor Planet Names (en inglés) (5ª ed.). Berlín—Nueva York: Springer. ISBN 3-540-00238-3.
- ↑ Garrity-Bond, Cynthia (18 de mayo de 2012). "The Sainthood of Hildegard von Bingen by a Feminist-Friendly Pope?" (en inglés). Feminism and religion. Consultado o 4 de octubre de 2012.
- ↑ Radford Ruether, R. (2011). «Should Women Want Women Priests or Women-Church?» Feminist Theology. 20 (1): 63-72.
- ↑ "Hildegard". Gazetteer of Planetary Nomenclature (en inglés). Consultado o 4-6-2019.
- ↑ "Bitraga. Biblioteca de tradución galega". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-27.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hildegarda de Bingen |
Bibliografía
editar- Atwell, Robert (2004). Celebrating the Saints. Daily Spiritual Readings to accompany the Calendars of the Church of England, the Church or Ireland, the Scottish Episcopal Church and the Church of Wales (en castelán). Norwich, Norfolk: The Canterbury Press Norwich. ISBN 1-85311-565-7.
- Blumenfeld-Kosinski, Renate (2006). Poets, saints, and visionaries of the Great Schism, 1378-1417 (en inglés). Penn State Press. ISBN 0-271-02749-5.
- Echternach, Theoderich von (1997). Cirlot, Victoria (tradución e edición), ed. Vida y visiones de Hildegard von Bingen. Colección: El Árbol del Paraíso, nº 64 (en castelán). (nova edición revisada) (3ª ed.). Madrid: Ediciones Siruela. ISBN 978-84-9841-333-5.
- Cirlot, Victoria; Garí, Blanca (2008). La mirada interior. Escritoras místicas y visionarias de la Edad Media. Colección: El Árbol del Paraíso, nº 59 (en castelán). Madrid: Ediciones Siruela. ISBN 978-84-9841-182-9.
- Chiaia, María (2006). El dulce canto del corazón. Mujeres místicas, desde Hildegarda a Simone Weil (en castelán). Madrid: Narcea ediciones. ISBN 978-84-277-1465-6.
- Cott, Jonathan (2002). Back to a shadow in the night: music writings and interviews, 1968-2001 (en inglés). Milwaukee, WI: Hal Leonard Corporation. ISBN 0-634-03596-7.
- Edwards, J. Michele (2001). "Women in Music to ca. 1450". En Pendle, Karin Anna. Women & Music: a history (en inglés). Indiana University Press. ISBN 978-0-253-21422-5.
- Épiney-Burgard, Georgette; Zum Brunn, Émilie (1998). Mujeres trovadoras de Dios: una tradición silenciada de la Europa medieval (en castelán). Barcelona: Ediciones Paidós. ISBN 978-84-493-0485-9.
- Gössmann, Elisabeth (1989). "Hildegard of Bingen". En Waithe, Mary Ellen. Medieval, Renaissance, and Enlightenment women philosophers, A.D. 500-1600 (en inglés) II. Dordrecht, Holanda: Kluwer Academic Publishers. pp. 27–66.
- Harmless, William (2007). Mystics (en inglés). Nova York: Oxford University Press. ISBN 9780195300390.
- Holsinger, Bruce W. (2001). Music, Body, and Desire in Medieval Culture: Hildegard of Bingen to Chaucer (en inglés). Stanford, CA: Stanford University Press. ISBN 9780804740586.
- Jasper, Alison (1998). Shining Garment of the Text: Gendered Readings of John's Prologue (en inglés). Edimburgo: A&C Black. ISBN 9781850758891.
- Kerby-Fulton, Kathryn (1996). "Hildegard and the Male Reader". En Voaden, Rosalynn. Prophets abroad: the reception of Continental holy women in late-medieval England (en inglés). Cambridge: Boydell & Brewer. pp. 1–18. ISBN 0-85991-425-9.
- Kienzle, Beverly Mayne (2000). "Hildegard of Bingen's teaching in her Expositiones evangeliorum and Ordo virtutum". En Ferzoco, George; Muessig, Carolyn. Medieval monastic education (en inglés). Nova York: International Publishing Group. ISBN 0-7185-0246-9.
- King-Lenzmeier, Anne H. (2001). Hildegard of Bingen: an integrated vision. (en inglés). Colegeville, Minnesota: Liturgical Press. ISBN 0-8146-5842-3.
- Klaper, Michael (2004). "Hildegard von Bingen". En Briscoe, James R. New historical anthology of music by women (en inglés). Indiana University Press.
- Newman, Barbara (1987). Sister of Wisdom: St. Hildegard’s Theology of the Feminine (en inglés). Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-21162-9.
- Newman, Barbara (1998a). "Sybil of the Rhine: Hildegard's life and times". En Newman, Barbara. Voice of the living light: Hildegard of Bingen and her world (en inglés). Berkeley / Os Anxeles: University of California Press. pp. 1–29. ISBN 0-520-20826-9.
- Newman, Barbara (1998b). Symphonia: a critical edition of the Symphonia armonie celestium revelationum (Symphony of the harmony of celestial revelations) (en inglés). Ithaca / Londres: Cornell University Press. ISBN 0-8014-8547-9.
- Tillman, June (2000). Constructing musical healing: the wounds that heal (en inglés). Jessica Kingsley Publishers.
- Yardley, Anne Bagnall (1987). ""Ful wel she soong the service dyvyne": the cloistered musician in the Middle Ages". En Bowers, Jane; Tick, Judith. Women making music: the Western art tradition, 1150-1950 (en inglés). Urbana / Chicago: University of Illinois Press. pp. 15-38. ISBN 0-252-01470-7.