Idaho

estado dos Estados Unidos de América

Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos, con capital en Boise. Ten unha superficie de 216.632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, no 2020 tiña unha poboación de 1 839 106 habitantes. É o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.

Modelo:Xeografía políticaIdaho
State of Idaho (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHere We Have Idaho (en) Traducir (1931) Editar o valor en Wikidata

Lema«Esto perpetua (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialSialia currucoides (pt) Traducir (aves) Editar o valor en Wikidata
AlcumeGem State Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°N 114°O / 45, -114
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalBoise Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.839.106 (2020) Editar o valor en Wikidata (8,49 hab./km²)
Número de fogares649.299 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie216.699 km² Editar o valor en Wikidata
Auga1,11 % Editar o valor en Wikidata
Altitude1.524 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Borah (pt) Traducir (3.857 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLewiston (pt) Traducir (227 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación3 de xullo de 1890 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Idaho (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataBrad Little (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoIdaho Legislature (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialIdaho Supreme Court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico208 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2US-ID Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779783 Editar o valor en Wikidata

Páxina webidaho.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5078975

Xeografía

editar
Montañas Owyhee.

Idaho fai fronteira con seis estados e cunha provincia do Canadá. Ó oeste están os estados de Washington e Oregón, Nevada e Utah están ó sur, e Montana e Wyoming ó leste. Idaho tamén fai fronteira coa provincia de Columbia Británica ó norte. A paisaxe é ondulada con algunhas das mellores preservadas áreas naturais dos Estados Unidos. O estado sitúase xunto ás Montañas Rochosas, con abundancia de recursos naturais e paisaxes. Hai montañas cubertas de neve, ríos rápidos, vastos lagos e profundos canóns. As augas do río Snake atravesan o Hells Canyon, o máis profundo canón dos Estados Unidos. As fervenzas de Shoshone Falls ten unha altura superior á do Niágara.

Os ríos principais do estado son o Snake River, o Clark Fork-Pend Oreille, o Clearwater e o Salmon River. O porto de Lewiston, na confluencia dos ríos Clearwater e Snake é o porto máis distante do océano Pacífico no noroeste dos Estados Unidos.

A montaña máis alta do estado é o Pico de Borah, con 3.859 metros de altitude, ó norte da cidade de Mackay. O punto máis baixo (227 metros) está en Lewiston, onde o río Clearwater encontra o río Snake e continúa no estado de Washington.

Idaho ten moita variación no seu clima. A pesar de situarse a fronteira occidental do estado a unha distancia de 480 km do océano Pacífico, a influencia marítima aínda é sentida no estado, especialmente no inverno, cando a cobertura de nubes, a humidade e a precipitación atinxen o seu punto máximo. Esta influencia ten un efecto moderado no inverno, cando as temperaturas non son tan baixas como sería esperado nun estado tan ó norte e co altitude tan elevadas. A influencia marítima é menos intensa ó sur, onde os patróns de precipitacións son en xeral invertidos, con veráns chuviosos e invernos secos, e as diferenzas de temperatura estacionais son menos acentuadas, indicando un clima continental.

O clima en Idaho pode ser quente, a pesar de que os períodos con temperaturas superiores ós 37º C de máxima son raros. Os días máis quentes son temperados pola relativamente baixa humidade e noites frías durante o verán, pois para a maior parte do estado as diferenzas entre as temperaturas diúrnas e nocturnas son maiores no verán. Os invernos poden ser moi fríos, pero extensos períodos de temperaturas baixo cero tamén son raros.

Economía

editar
 
Capitolio estatal en Boise, Idaho.

O produto interior bruto do estado o 2004 foi de 43,6 mil millóns de dólares americanos. A renda per cápita nese ano foi de 26.881,00 dólares.

É un importante estado agrícola, producindo o terzo das patacas que crecen nos Estados Unidos.

Importantes industrias en Idaho son o procesamento de alimentos, madeira e derivados, máquinas, produtos químicos, produtos de papel, electrónicos, prata e outras minerías, e turismo. O Laboratorio Nacional de Idaho (INL), un laboratorio gobernamental para investigación en enerxía nuclear tamén ten un importante papel na economía do estado. Hai tamén 3 fábricas de cervexa da empresa Anheuser-Busch, que fornecen o malte a outras cervexarías do país.

Hoxe, a principal industria en Idaho é o sector de ciencia e tecnoloxía. Representa máis de 25% da renda total do estado, e máis de 70% das exportacións, en dólares. A economía industrial do Idaho vén crecendo, e os produtos de alta tecnoloxía lideran este crecemento. Desde o fin dos anos 1970, a cidade de Boise emerxeu como un centro de manufactura de semicondutores. A cidade é sede da Micron Technology Inc., a única manufactura estadounidense de chips DRAM. A Hewlett-Packard opera unha planta industrial en Boise, suroeste de Idaho, dende os anos 1970, que produce impresoras láser. [1]. A empresa Dell opera unha unidade de orientación por teléfono ós consumidores en Twin Falls. Outra importante compañía de tecnoloxía no estado é a AMI Semicondutor, cuxa sede fica na cidade de Pocatello. Finalmente, a Coldwater Creek, grande empresa de comercio de roupa para muller, ten a súa sede en Sandpoint.

O imposto sobre o comercio é de 6%, e aplicase ao comercio, alugueiro ou financiamento de bens tanxíbeis e algúns servizos. Os alimentos son taxados, pero os medicamentos non. As acomodacións en hoteis, moteis e cámpings son taxados a unha porcentaxe máis alta (7% a 11%).