En filosofía, idealismo designa as teorías que —en oposición ao materialismo— sosteñen que a realidade extramental non é coñecíbel tal como é en si mesma, e que o obxecto do coñecemento está preformado ou construído pola actividade cognoscitiva.

As súas distintas variantes postulan e conforman a nosa imaxe do mundo dunha maneira determinada:[1][2]

  1. A entidade en si do real permanece en principio incognoscíbel, aínda que a reflexión permita aproximarse asintoticamente a un coñecemento máis refinado, nas teorías do idealismo subxectivo ou transcendental.
  2. No caso das teorías do idealismo obxectivo, esta doutrina epistemolóxica compleméntase coa teoría metafísica de que o obxecto coñecido non ten máis realidade que o seu ser pensado polo suxeito; mediante a autoconciencia deste, a verdadeira esencia do obxecto desvélase como a actividade subxectiva de pensamento como algo real e non abstracto.

A definición que antecede corresponde as escolas filosóficas que van camiño cara ao idealismo alemán, e en concreto a Kant. Non obstante, Kant é ao mesmo tempo materialista, pois contempla a existencia do mundo exterior, independentemente do home, cognoscíbel para este, aínda que non na súa totalidade.

O idealismo distingue entre

  1. o fenómeno (do grego φαινομαι, fainomai, 'mostrarse' ou 'aparecer'), que é o obxecto en tanto que é coñecido (como "aparece" fronte aos sentidos e á intelixencia), e
  2. o nóumeno (do grego νοούμενα, nóumena empregado por Platón falando das ideas, propiamente "o que se pensa", neutro plural substantivado de νοούμενοσ, participio presente pasivo de νοέω, noéo, 'comprender' ou 'intelixir'), que é o obxecto tal como sería en si mesmo. As características principais deste movemento, resumindo, son:

Non coñecemos as cousas tal e como son en si (nóumeno), senón o que aparece (percibimos) aquí e agora (fenómeno).

  • O suxeito constrúe, polo menos en parte, o obxecto: para Kant o suxeito é activo no sentido de que inflúe no coñecido a partir das súas estruturas aprióricas e dos procesos que nelas descansan.
  • O coñecemento é independente da experiencia, porque os obxectos do coñecemento son os xuízos a priori.
  • Pero ao coñecemento só podemos chegar a través da experiencia, porque o obxecto do coñecemento son os xuízos sintéticos.

Filósofos idealistas foron:

  • así como as distintas escolas heguelianas.

Varias formas de teoría científica (sobre todo o esencialismo de Pierre Duhem, o falsacionismo de Karl Popper e o construtivismo), son idealistas en distinta maneira e grao.

  1. Dictionary definition [1] (en inglés)
  2. Véxase a sección "Objective Idealism" en [2] (en inglés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar