Instituto Nacional de Linguas Indíxenas

organización mexicana

O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, tamén coñecido polo acrónimo INALI, (en maia iucateco: Noj Mola'ayil Máasewal T'aano'ob)[1] é unha axencia pública federal mexicana, creada o 13 de marzo de 2003[2] pola promulgación da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas pola administración de Presidente Vicente Fox Quesada.

Instituto Nacional de Linguas Indíxenas
Tipoorganización
Campo de traballolinguas de México
Data de fundación13 de marzo de 2003
Presidente/aJuan Gregorio Regino (-) Editar o valor en Wikidata
PaísMéxico
Na rede
https://www.gob.mx/inali e https://www.inali.gob.mx/
editar datos en Wikidata ]

É unha axencia descentralizada da Administración Pública Federal,[3] adscrita á Secretaría de Educación Pública ou SEP. O seu órgano supremo é o Consello Nacional, do cal é presidente o Secretario de Educación Pública, cun Director Xeral encargado das súas actividades cotiás.

INALI traballa para promover e protexer o uso das linguas indíxenas de México, que divide en 68 "grupos lingüísticos" vivos e centos de "variedades lingüísticas".[4] Aínda que moitos dos "grupos" foron considerados tradicionalmente como linguas únicas, o INALI recomenda que as "variedades" sexan consideradas como linguas separadas en todos os asuntos de xustiza, educación, sanidade e administración civil ou información.[5] Unha das principais tarefas do INALI é evitar a desaparición e extinción das linguas indíxenas que sobreviviron dende tempos prehispánicos.

  1. "NOJ A'ALMAJ T'AANIL U PÁAJTALIL U T'A'ANAL MÁASEWAL T'AANO'OB ICH MAAYA YÉETEL KÁASTLAN T'AAN" (PDF). 
  2. "DOF - Diario Oficial de la Federación". www.dof.gob.mx. Consultado o 7 de maio de 2020. 
  3. Goberno de México. Cultura (8 de marzo de 2017). "¿Qué es el INALI?". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2023. 
  4. INALI [Instituto Nacional de Linguas Indíxenas] (14 de xaneiro de 2008). "Catálogo de las lenguas indígenas nacionales: Variantes lingüísticas de México con sus autodenominaciones y referencias geoestadísticas" (PDF). Diario Oficial de la Federación (en castelán) (México, D.F.: Imprenta do Goberno Federal, SEGOB) 652 (9). OCLC 46461036. 
  5. Pellicer, Dora; Bábara Cifuentes; Carmen Herrera (2006). "Legislating diversity in twenty-first century Mexico". En Margarita G. Hidalgo. Mexican Indigenous Languages at the Dawn of the Twenty-first Century. Contributions to the Sociology of Language, no. 91. Berlin: Mouton de Gruyter. pp. 127–168. ISBN 978-3-11-018597-3. OCLC 62090844. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar