Itziar Ituño
Itziar Ituño Martínez, nada en Basauri (Biscaia) o 18 de xuño de 1974, é unha actriz vasca principalmente coñecida por interpretar o papel de Nekane na serie de televisión Goenkale.
(2018) | |
Nome orixinal | (eu) Itziar Ituño Martínez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de xuño de 1974 (50 anos) Basauri, España |
Educación | Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Ocupación | actriz, cantante |
Período de actividade | 1993 - |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
|
Traxectoria
editarItziar Ituño estudou teatro na escola de teatro de Basauri. Tamén está licenciada en socioloxía. A súa lingua materna é o castelán, máis cando tiña 19 anos aprendeu vasco, o que lle permitiu actuar na television publica vasca. A súa primeira película foi Agur Olentzero, agur (Adeus Olentzero, Adeus) no ano 1997. No 2001 empezou a traballar na telenovela Goenkale. Nesta interpretou o papel de Nekane Beitia, unha policía lesbiana da localidade de Arralde. Seguiu co papel ata o ano 2015, cando o programa foi cancelado. Continuou a traballar participando en Loreak e Igelak, nos anos 2015 e 2016. No 2017, conseguiu o papel de Raquel Murillo en La casa de papel, emitida por Antena 3 e despois comprada por Netflix.
Ademais da súa carreira no cine, televisión e teatro tamén é cantante en tres bandas: Dangiliske, EZ3, e INGOT. O 26 de setembro de 2017, presentou a Gala do Cine Vasco e a gala da EITB na edición número 65 do Festival internacional de Donostia.
O domingo 14 de xaneiro de 2024 participou na cabeceira dunha manifestación en contra da dispersión carceraria e a favor da excarceración dos presos da organización terrorista ETA,[1] acción que foi criticada en redes sociais e provocou a desvinculación respecto da súa persoa dun concesionario de coches da marca BMW.[2][3]
Filmografía
editarTelevisión
editar- Agur Olentzero, agur (1997),
- Ander eta konpainia (2000), ETB 1.
- Teilatupean (2000–2001), ETB 1.
- Platos sucios (2002), ETB 2.
- Kilker Dema (2002), ETB 1.
- Goenkale (2001–2015), ETB 1, Nekane Beitia.
- Cuéntame cómo pasó (2016), TVE, Koro Zabaleta.
- Pulsaciones (2017), Antena 3.
- La casa de papel (2017-2019), Antena 3, Raquel Murillo.
Cinema
editar- Agujeros en el cielo (2001).
- El final de la noche (2003).
- Arkadia (2005).
- Dragoi Ehiztaria (El cazador de dragones)(2010).
- Izarren Argia (2010).
- Loreak (2014).
- Lasa eta Zabala (2014).
- El Buen Mal (2014).
- Un otoño sin Berlin (2015).
- Igelak (2016).
- Errementari (2017).
- For the Good Times (2017).
- Tarde para el recreo (2017).
- Basque Selfie (2018)
- El silencio de la ciudad blanca (2019).
Teatro
editar- Izarrak/Estrellas (2003).
- Pakitarentzat Bakarrik (2004).
- Zeta/Seda (2005).
- Jostailuen Istorioak/Historia de juguetes (2005).
- Lapurzuola/Cueva de ladrones (2007).
- Grönholm Metodoa (2008).
- AURI-AURI (2010).
- Ilunpetan/El Apagón (2010).
- Amantalaren Ahotsa (2011).
- Herioa eta Dontzeila (2012).
- Hitzak/Palabras (2013–2014).
- Koadernoa Zuri/Cuaderno en blanco (2016–2017).
- Desoxirribonucleico (2017).
- Funtzak (2017).
- Yo soy Pichichi (2018).
Notas
editar- ↑ EFE (2024-01-13). "Una masiva manifestación en Bilbao pide que se aplique a los presos de ETA la política penitenciaria ordinaria". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-01-16.
- ↑ García, Martín (15-01-2024). ""Itziar Ituño, la Policía de 'La casa de papel', encabeza la manifestación por la libertad de los presos de ETA"". La razón.
- ↑ [1]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Itziar Ituño |