Jean-Baptiste Audebert

Jean Baptiste Audebert, nado en 1759 en Rochefort, Charente Marítimo, e finado en 1800 en París, foi un ilustrador e naturalista francés.

Modelo:BiografíaJean-Baptiste Audebert

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean Baptiste Audebert Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1759 Editar o valor en Wikidata
Rochefort, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1800 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNatural science (en) Traducir, Ornitoloxía e ilustración Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, ilustrador, naturalista, ornitólogo, gravador Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaAudebert Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Audebert, Jean Baptiste
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
Le Mococo (Lemur catta) debuxado por J.-B. Audebert.

Traxectoria

editar

Estudou pintura e debuxo en París, e pronto adquiriu unha gran reputación como pintor de miniaturas. Foi contratado para preparar os gravados da Historie des cloportes de Antoine Guillaume Olivier (1756-1814) o que lle fixo adquirir unha grande inclinación pola historia natural.

En 1800 publicou o seu primeiro traballo orixinal, a Histoire naturelle des singes, des makis, etc., ilustrado con sesenta e dúas láminas, debuxadas e gravadas por el mesmo. O colorido das súas láminas é dunha beleza infrecuente.

Á súa morte, Audebert deixou outro traballo incompleto, unha Histoire des colibris, oiseaux-mouches, jacamars et promerops, que apareceu postumamente en 1802. Douscentos exemplares foron impresos en in-folio, un cento nun gran formato in-quarto e cincuenta co texto en letras douradas. Outro traballo, que deixou tamén inacabado, apareceu despois da súa morte, L'Histoire des grimpereaux et des oiseaux de paradis. Estas dúas obras apareceron agrupadas nun só volume baixo o título Oiseaux dorés, ou à reflets métalliques (1802).

Abreviatura

editar

A abreviatura Audebert emprégase para recoñecer a Jean-Baptiste Audebert como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.