Jean Dubuffet
Jean Philippe Arthur Dubuffet, nado o 31 de xullo de 1901 en Le Havre e finado o 12 de maio de 1985 en París, foi un pintor e escultor francés dos máis famosos da segunda metade do século XX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jean Philippe Arthur Dubuffet 31 de xullo de 1901 Le Havre, Francia |
Morte | 12 de maio de 1985 (83 anos) 6.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Tubersent |
Grupo étnico | Pobo francés |
Educación | Academia Julian (pt) École supérieure d'art et design Le Havre-Rouen (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura, artes visuais, pintura e filosofía |
Lugar de traballo | Arxentina Turín París Le Havre Nova York |
Ocupación | pintor, gravador, teórico da arte, artista plástico, debuxante arquitectónico, debuxante, artista gráfico, escritor, deseñador, escultor, artista visual, filósofo |
Período de actividade | 1918 - 1985 |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta |
Movemento | Arte marxinal e Informalismo |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Jan du qu J. Dubufe Louis-Léon Bendy |
Representante | Pace Gallery (en) e Artists Rights Society |
Participou en | |
27 de xuño de 1968 | Documenta 4 |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
Jewelry by Contemporary Painters and Sculptors (en) | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Émilie Carlu (1937–) Paulette Bret (1927–1935) |
Descrito pola fonte | UbuWeb |
Biografía
editarDubuffet naceu en Le Havre. Mudouse por primeira vez a París en 1918 para estudar pintura na Académie Julian, pero logo de seis meses deixou a academia para estudar de forma independente. En 1924, dubidando do valor da arte, deixou de pintar e fíxose cargo do negocio do seu pai vendendo viños. Retomou a pintura novamente na década de 1930, pero detívose novamente, só volvendo por longo tempo en 1942. A súa primeira mostra individual produciuse en 1944. Aproximouse ó surrealismo en 1948, logo á patafísica en 1954.
Influenciado polo libro de Hans Prinzhorn, Artistry of the Mentally Ill, Dubuffet acuñou o termo Art Brut (Arte en Bruto) para denominar á arte producida por non profesionais que traballan por fóra das normas estéticas, tales como a arte dos pacientes mentais, prisioneiros e nenos. El formou a súa propia colección de tal forma de arte, incluíndo a artistas tales como Aloïse Corbaz, Alfredo Pirucha e Adolf Wölfli. Dubuffet pretendía crear unha arte tan libre das preocupacións intelectuais como o Art Brut, crea figuras elementais e puerís e, a miúdo crueis (inspirouse nos debuxos dos nenos, os criminais e os dementes): personaxes bufos, morbosos, como as mulleres da súa serie "DAMES"; ou seres infrahumanos, figuras deformes, absurdas e grotescas como os ciclos "BARBAS".
Moitos dos traballos de Dubuffet foron realizados con óleos, utilizando un lenzo reforzado con materiais tales como area, alcatrán e palla, outorgándolle ó traballo unha infrecuente superficie texturada. Desde 1962 produciu unha serie de obras nas cales se limitaba a si mesmo coas cores vermello, negro, branco e azul. Cara a finais da década de 1960 dedicouse máis á realización de esculturas, producindo traballos en polistireno, os cales pintaba con vinílico.
Bibliografía seleccionada
editarCatálogo Raisonné
editar- Catalogue des travaux de Jean Dubuffet, Fascículo I-XXXVIII, Pauvert: París, 1965-1991
- Webel, Sophie, L’Œuvre gravé et les livres illustrés par Jean Dubuffet. Catalogue raisonné. Lebon: París 1991
Documentos
editar- Jean Dubuffet, Prospectus et tous écrits suivants, Tomo I, II, París 1967; Tomo III, IV, Gallimard: París 1995
- Jean Dubuffet, Asphyxiating Culture and other Writings. Nova York: Four Walls Eight Windows, 1986. ISBN 0-941423-09-3
Estudos principais
editar- Michel Ragon, Dubuffet, Nova York: Grove Press, 1959
- Peter Selz, The Work of Jean Dubuffet, Nova York: The Museum of Modern Art, 1962
- Max Loreau, Jean Dubuffet, délits déportements lieux de haut jeu, París: Weber, 1971
- Andreas Franzke, Jean Dubuffet, Basel: Beyeler, 1976
- Andreas Franzke, Jean Dubuffet, Nova York: Harry N. Abrams 1981
- Michel Thévoz, Jean Dubuffet, Genf: Albert Skira, 1986
- Mildred Glimcher, Jean Dubuffet: Towards an Alternative Reality. Nova York: Pace Gallery 1987. ISBN 0-89659-782-2
- Mechthild Haas, Jean Dubuffet, Berlín: Reimer, 1997
- Jean Dubuffet, París: Centro Georges Pompidou, 2001. ISBN 2-84426-093-4
- Laurent Danchin, Jean Dubuffet, Nova York: Vilo International, 2001. ISBN 2-87939-240-3
- Jean Dubuffet: Trace of an Adventure, Ed. por Agnes Husslein-Arco, Múnic: Prestel, 2003. ISBN 3-7913-2998-7
- Michael Krajewski, Jean Dubuffet. Studien zu seinem Fruehwerk und zur Vorgeschichte des Art brut, Osnabrueck: Der andere Verlag, 2004. ISBN 3-89959-168-2
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean Dubuffet |
- Fundación Dubuffet (en inglés) e (en francés)
- Dubuffet na Galería Tate Arquivado 05 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Outsider Art World (en inglés) e (en alemán)