Jimena Fernández de la Vega

médico e xenetista española

Jimena María Francisca Emilia Fernández de la Vega Lombán, nada na Veiga (Asturias) o 30 de maio de 1895 e finada en Santiago de Compostela en 1984, foi unha médica vencellada a Galiza, pioneira e promotora da xenética en España[1].

Modelo:BiografíaJimena Fernández de la Vega

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor en Wikidata
A Veiga, España Editar o valor en Wikidata
Morte1984 Editar o valor en Wikidata (88/89 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Profesora
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoXenética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxenetista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiWenceslao Fernández de la Vega Pasarín Editar o valor en Wikidata
IrmánsElisa Fernández de la Vega
Wenceslao Fernández de la Vega Lombán
Virgilio Fernández de la Vega Lombán Editar o valor en Wikidata
ParentesMaría Teresa Fernández de la Vega, sobriña Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1268635 Dialnet: 5070738

Traxectoria

editar

Filla de Dolores Lombán Cotarelo e Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín, médico liberal de Castroverde, membro da Institución Libre de Enseñanza,[2] fundador e primeiro director do Balneario de Guitiriz.

Xunto á súa irmá xemelga Elisa foron as primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega. Foron admitidas na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Remataron xuntas a carreira, e a Jimena concedéuselle o Premio Extraordinario (só se concede un por ano).

Xenetista, foi discípula de Nóvoa Santos, Gregorio Marañón e Gustavo Pittaluga.[3] En 1922 presentou a súa tese Estudio de la vagotonía infantil por medio del examen hematológico.[2]Concedéronlle unha pensión para estudar a herdanza mendeleiana en Alemaña. Foi profesora na Cátedra de Patoloxía Xeral da Universidade Central de Madrid (a predecesora da actual Universidade Complutense de Madrid).

Durante a guerra civil exerceu como médico militar en Santiago de Compostela no hospital instalado no seminario de San Martiño Pinario. Fíxose cargo dos fillos de Elisa á morte desta e tras o exilio do seu pai á Arxentina. [2]

Cando rematou a guerra volveu a Madrid, deu clases na Facultade e traballou no hospital de San Carlos, en Atocha. A finais dos anos 40, sacou as oposicións a médico de balneario e fíxose cargo do de Guitiriz. Tras a morte da súa nai foi directora de distintos balnearios como Montemayor (provincia de Salamanca) ou Cestona (Guipúscoa) e finalmente trasladouse ao balneario de Lanjarón (provincia de Granada), onde permaneceu ata a xubilación. [2] Morreu nun sanatorio de Santiago dunha enfermidade cerebrovascular.

Unha sobriña súa, María Teresa Fernández de la Vega, foi vicepresidenta primeira do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.

  • “Estado actual de la Biología y Patología Gemelar en su relación con los problemas hereditarios”. Hamburgo (1926)
  • “Drosophila y Mendelismus”. Hamburgo (1927)
  • Sobre los procesos de difusión e intercambio entre la sangre y los tejidos. Método de la fluoriscina. Wiener Klinische Wochenschrift. 1927; 25
  • “Experimentos de Genética en Drosophila, efectuados en el Instituto Anatómico de Hamburgo”. Boletín de la RSEHN, 1928
  • Consideraciones sobre las hemodistrofias a propósito de un caso clínico. Anales del servicio de Patología Médica del Hospital General de Madrid, 1928-29: 224-231
  • Consideraciones etiológicas y patogénicas sobre un caso de hemofilia. Archivos de Cardiología y Hematología 1929 ( 10) :228-231
  • Tradución do alemán da obra de Julius Bauer Herencia y constitución (1930)
  • Herencia de los caracteres psicológicos. Archivos de Neurobiología. 1933; 13:405-417
  • La herencia biológica en el hombre. I. Herencia de los caracteres psicológicos. II. Selección y contraselección. En: Noguera, E. e Huerta, L. (eds). Genética, Eugenesia y Pedagogía Sexual. Libro de las Primeras Jornadas Eugénicas Españolas. Madrid: Morata; 1934, pp. 159–181
  • Constitución. En: Nóvoa Santos, R. Manual de Patología General. Santiago, 1934. Tomo primeiro, pp. 375–404
  • Coeficientes de correlación entre algunas medidas del hábitus. Anales de Medicina Interna. 1934; 3:341-349
  • "Vererbungsfragen der Blutkörperchen" (“Preguntas sobre la herencia de los eritrocitos”). 1934
  • “La herencia fisiopatológica en la especie humana”1935
  • Hidrología y materia biológica. Lecciones adaptadas al programa de las oposiciones a médicos hidrólogos (1943)[4]
  • Teoría de la herencia y herencia molecular (1963)[2]

Recoñecementos

editar

En 2006 inaugurouse a Vicerreitoría de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela baixo o nome de Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega.[5]

En 2021 a Real Academia Galega de Ciencias escolleuna Científica galega do ano.[6]

  1. Xoel Fernández de la Vega Gorgoso (9/8/2008). "Jimena Fernández de la Vega". Consultado o 19/7/2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rey, Manuel (08/3/2018). "Jimena e Elisa Fernández de la Vega, as xemelgas pioneiras na Medicina". GCiencia. Consultado o 12/2/2019. 
  3. Delgado Echeverría, Isabel (2007). El descubrimiento de los cromosomas sexuales (PDF). Madrid: CSIC. pp. 350–360. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  4. Romero de Pablos, Ana; Santesmases, Mª Jesús (2008). Cien años de política científica en España. Madrid: Fundación BBVA. p. 163. ISBN 978-84-96515-62-8. 
  5. "Homenaje a Jimena y Elisa Fernández de la Vega, tías de María Teresa y pioneras en la universidad gallega". elcorreogallego.es. 3/12/2006. Arquivado dende o orixinal o 16/03/2018. Consultado o 13/3/2018. 
  6. "Jimena Fernández de la Vega, pioneira da xenética médica, nomeada 'Científica galega do ano'". Praza Pública. 2021-02-10. Consultado o 2021-02-11. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar