Johns Hopkins University Press

A Johns Hopkins University Press, tamén coñecida como JHU Press ou JHUP, é a división editorial da Universidade Johns Hopkins. Foi fundada en 1878 e é a editorial universitaria de funcionamento continuo máis antiga dos Estados Unidos.[1][2]

Johns Hopkins University Press

Editar o valor en Wikidata
Fundación1878
MatrizJohns Hopkins University
LocalizaciónBaltimore, Maryland, USA
FundadorDaniel Coit Gilman
IndustriaEditorial
ProdutosLibros, revistas, bases de datos electrónicas
Na rede
http://www.press.jhu.edu e https://www.press.jhu.edu/
Facebook: JohnsHopkinsUniversityPress Twitter: jhupress Instagram: jhupress LinkedIn: johns-hopkins-university-press Youtube: UCMpljyEVMJnfbebJQmRRZ8w Pinterest: jhupress Souncloud: jhupress Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Publica libros, revistas e bases de datos electrónicas. Tendo en conta todos os recursos publicados é unha das editoriais universitarias máis grandes dos Estados Unidos.

A súa sede está na zona de Charles Village, en Baltimore, Maryland.

Historia

editar

Daniel Coit Gilman, o primeiro presidente da Universidade Johns Hopkins, inaugurou a editorial en 1878,[3] que comezou a funcionar como a axencia de publicacións da universidade. As súas actividades na prensa científica comezaron co lanzamento do American Journal of Mathematics no seu primeiro ano, e do American Chemical Journal no segundo. A axencia publicou o seu primeiro libro en 1881, Sidney Lanier: A Memorial Tribute, en honor ao poeta que foi un dos primeiros escritores residentes da universidade. En 1891, a axencia converteuse na Johns Hopkins Press e, desde 1972, coñécese como a Johns Hopkins University Press.

Despois de varios movementos dentro e fóra do Campus Homewood, o principal centro académico e administrativo da universidade, a editorial adquiriu unha sede permanente en 1993, nunha antiga igrexa reformada situada no barrio de Charles Village en Baltimore. A estrutura de granito e ladrillo, construída en 1897, era a igrexa católica dos santos Filipe e Santiago, e agora alberga nos seus cinco andares as oficinas da editorial. Nos seus máis de cen anos de publicacións académicas, a editorial tivo unicamente seis directores: Nicolás Murray (1878-1908), Christian W. Dittus (1908-1948), Harold E. Ingle (1948-1974), Jack G. Goellner (1974-1996), Willis G. Regier (1996-1998), James D. Jordan (1998-2003) e Kathleen Keane (2003– ).

Publicacións e divisións

editar
  • Johns Hopkins University Press books (libros)
  • Johns Hopkins University Press academic journals (revistas científicas)

A JHU Press publica 65 revistas científicas e máis de 200 novos libros cada ano. Desde 1993 promove o proxecto MUSE, un provedor en liña de máis de 550 revistas académicas e máis de 20.000 libros electrónicos.

A editorial ten tres divisións:

  1. Libros: adquisicións, edición de manuscritos, deseño e produción, mercadotecnia.
  2. Revistas e publicacións electrónicas, que inclúe o Proxecto MUSE.
  3. Servizo Hopkins de execución (Hopkins Fulfillment Services, HFS): ordes de pedidos, sistemas de información e centro de distribución.
  1. "About the Press" (en inglés). Johns Hopkins University Press. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  2. Jeff Camhi (2013). A Dam in the River: Releasing the Flow of University Ideas. Algora Publishing. ISBN 978-0-87586-989-6. Consultado o 2 de setembro de 2016. 
  3. "What is Project MUSE" (en inglés). Project MUSE. Consultado o 21 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar