Kerli

cantante estoniana

Kerli Köiv Vazmart, máis coñecida polo seu nome artístico Kerli, nada en Elva (Estonia) o 7 de febreiro de 1987, é unha artista musical estoniana.

Modelo:BiografíaKerli

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(et) Kerli Kõiv Editar o valor en Wikidata
7 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Elva, Estonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, artista musical, compositora de cancións, compositora, pianista, produtora musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop, indie pop, trip hop (pt) Traducir, Synthpop, rock alternativo, Dream pop, pop rock, Música industrial, Rock gótico, música para bailar e música electrónica Editar o valor en Wikidata
Influencias
InstrumentoPiano e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoIsland Records
Universal Music Group
Ultra Music Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Páxina webkerlimusic.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1918959 Facebook: Kerli Twitter: kerlimusic Instagram: kerlimusic MySpace: kerlimusic Youtube: UCNfB8oLFao9xADXBDKoFBTA Souncloud: kerlimusic Spotify: 4IFgewC2urR62Fwt7uAU03 iTunes: 266002115 Last fm: Kerli Musicbrainz: acf295f0-a10c-4c6a-ad0b-b01f82009153 Songkick: 1168877 Discogs: 1133916 Allmusic: mn0000670610 Deezer: 146326 Genius: Kerli Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Kerli medrou con poucas comodidades, xunto coa súa única irmá Samantha Köiv Vazmart, e tamén coa forte convicción de que algún día ía cambiar de ambiente. Isto non lle resultou demasiado complexo, e con 14 anos quedou segunda no certame Eurolaul, que clasifica os artistas estonianos para participar no Festival de Eurovisión.

Con estudos en canto, ballet, actuación e piano clásico, Kerli decidiu adicarse de cheo á música, con bos resultados. No 2006 firmou un contrato discográfico con Island/Def Jam, no 2007 lanzou o seu EP debut e no 2008, o seu primeiro álbum de estudio, titulado Love Is Dead. Segundo o sitio web da artista, neste álbum atopamos implícita toda a historia da pequena Kerli, con inicio nunha pequena aldea de Estonia, e tendo que cruza-lo mar cara a Escandinavia para poderse converter nunha artista de verdade.

Dese cambio na súa contorna, Kerli afirma que medrou moito como persoa, xa que na súa terra non se lle permitía amosa-las emocións e, dada a falta de opcións, o seu soño de marchar e facer música foi sempre a súa maneira de evadirse e fuxir.

Outras cancións que podemos atopar no mesmo disco son: "I Want Nothing", "Bulletproof", "Beautiful Day", "Butterfly Cry", "Fragile" e "Hurt Me", cantada xunto coa súa irmá.

«Nunca tiven un soño que non se chegara a realizar» confesou Kerli, cando se dispoñía a viaxar ós Estados Unidos para gravar. «Canto máis grande sexa o soño, máis tempo leva que se faga realidade. No momento no que te deixas levar, é cando algo acode a ti». «Todo o que desexo é ser feliz. Quero facer do amor a miña armadura para que nada me poida ferir».

Gravou tamén dúas cancións para a banda sonora de Alice in Wonderland, "Strange" (xunto con Tokio Hotel) e "Tea party" (cun vídeo musical).

Discografía

editar

Álbums de estudio

editar
Ano Título Posición nas listas Vendas e recoñecementos
EUA[1] EST[2] BEL[3] ITA[4] SWI[5]
2008 Love Is Dead 126 1 52 64 92
  • Vendas nos Estados Unidos: 32,000
  • Vendas en Estonia: 3,500
  • Recoñecemento en Estonia: Platino
 
Ano Álbum Vendas
2007 Kerli
  • EP
  • Lanzamento: 16 de outubro de 2007
5000+
"—" denota que non entrou nas listas ou que non foi lanzado nese país.

Singles

editar
Ano Singles Posición máis alta Álbum
SWI[6] BEL[3] ITA[7] GER[8] MTV BAL[9] AUT[10] LTV PL EST EU
2008 "Love is Dead" 67 Love Is Dead
"Walking on Air" 37 32 12 25 5 35 10 20 1 63
2009 "Creepshow" 15 42 15 256
"Fragile"
  1. "Billboard Chart History". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2008. Consultado o 03 de agosto de 2008. 
  2. Kerli seljatas Hu? (Kerli beat Hu?). (en estoniano) Raadio 2
  3. 3,0 3,1 Flemish Ultratop
  4. "Fimi archivie". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  5. swisscharts.com
  6. Lista suíza
  7. "Italy Singles Top 50 - Music Charts". 
  8. "World Charts - German singles chart 2009". 
  9. "MTV European: Main page". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  10. "Austria Singles Top 75 - Music Charts".