A Gipuzkoa eta Donostiako Aurrezki Kutxa (que significaría en éuscaro Caixa de Aforros e Monte da Piedade de Guipúscoa e Donostia) ou, simplemente Kutxa, como é máis coñecida e se define nos seus estabelecementos, é unha caixa de aforros de ámbito guipuscoano. Kutxa (que significa caixa en éuscaro). É a principal caixa de aforros en Guipúscoa e a segunda de Euskadi en número de clientes. No territorio nacional de Euskadi, só opera en Guipuzkoa. O seu equivalente en Biscaia é a caixa BBK, e en Áraba, a Vital Kutxa.

Desde o 1 de xaneiro de 2012, exerce a súa actividade financeira a través do SIP Kutxabank xunto con BBK e Caja Vital.

Historia

editar

As orixes desta entidade remóntanse a 1879 cando se funda na cidade de Donostia, a Caixa de Aforros e Monte da Piedade Municipal de San Sebastián. En 1896 séguea a Caixa de Aforros Provincial de Guipúscoa. En 1990 fusiónanse ambas entidades nunha única caixa de aforros que pasa a ser coñecida polo nome comercial de kutxa.

No 2007 tiña 132 oficinas en Guipúscoa, onde é a principal entidade financeira, e outras 201 oficinas fora deste territorio (195 no resto de España, 5 en Francia e unha no Reino Unido), encontrándose nun período de importante expansión fóra de Guipúscoa; exceptuando Áraba e Biscaia, onde as súas respectivas caixas provinciais actúan como "irmáns financeiros" de Kutxa. Conta con máis de 3.300 empregados.

Resultados

editar

Entre setembro do 2005 e setembro do 2006 Kutxa logra 127 millóns de euros de beneficio neto o que represente un incremento do 12,3% respecto ao mesmo período do ano anterior.

Empresas participadas

editar

Kutxa posúe participacións en numerosas empresas de todo tipo (fondos de investimento, financeiras, seguros, industria, servizos etc...) Entre as participacións máis significativas cabe dicir que posúe o 11% de Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (C.A.F.), o 22,98% de Euskaltel, o 9,98% do Banco Guipuzcoano, o 3,01% de Zeltia, o 5% do Grupo Recoletos, o 3% de NH Hoteles, o 17% de Ingelectric, o 41,73% de Ibermática, Saregi Servicios Internet cunha participación do 95%, o 100% de Banco de Madrid...

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar