Lagoa de Gallocanta

A cunca da lagoa de Gallocanta está no centro do Sistema Ibérico, na provincia de Teruel, en Aragón España. É unha cunca endorreica que está pechada polas serras de Santa Cruz e Pardos polo Norte, a Serra Menera polo Sur e a Serra do Calderero polo Leste. Encóntrase a 1.000 m de altitude, ten 7,7 km de lonxitude e 2,8 km de anchura; a súa profundidade máxima pode atinxir 1,5 m, aínda que non sempre ten auga, pois sofre períodos chuviosos e secas.

Modelo:Xeografía físicaLagoa de Gallocanta
Imaxe
Tipolago Editar o valor en Wikidata
EpónimoGallocanta Editar o valor en Wikidata
Parte deQ50260691 Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSistema Ibérico Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaEspaña Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Teruel, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°58′00″N 1°29′50″O / 40.9667, -1.4972
Características
Altitude990 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade1,5 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións2,8 (ancho) × 7,7 (lonxitude) km
Superficie14,4 km²
1.923,57221 ha Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica543,35 km² Editar o valor en Wikidata
Sitio Ramsar
Identificador655
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 389444 Editar o valor en Wikidata
Medicións
Volume físico5.000.000 m³ Editar o valor en Wikidata

Na zona atópanse outras lagoas de menor tamaño como as de Guialguerrero, La Zaida, a Lagunilla (Navajo del Prado de la Torre) e outras de menor entidade aínda. O conxunto forma unha etapa importante no paso de aves migratorias.

A lagoa está declarada como refuxio de fauna silvestre, zona de especial protección para aves (ZEPA) e figura na lista de Zonas Húmidas de Importancia Internacional, constituíndo un dos Sitios Ramsar en España.

As localidades que arrodean a lagoa son: Gallocanta, Berrueco, Tornos, Bello e máis Cuerlas.