Lingua chócue
O chócue, chokwe, ou quioco é unha lingua bantú falada en zonas de Angola, a República Democrática do Congo e Zambia.
Chócue Chokwe Côkwe (Este último, o seu nome nativo) | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Chócué, Côkwe, Ciokwe, Djok, Kioko, Quioco, Shioko, Tchocué, Tshokwe e Tschiokloe | |
Falado en: | Angola República Democrática do Congo Zambia | |
Rexións: | África austral | |
Total de falantes: | 1 004 200 | |
Familia: | Níxer-Congo Volta-Congo | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Angola | |
Regulado por: | Instituto de Línguas Nacionais | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | cjk
| |
Mapa | ||
Status | ||
Outros nomes
editarO chócue ten varios nomes alternativos, sendo coñecido tamén, ademais de pola forma vernácula côkwe, por chokwe, ciokwe, djok, kioko, quioco, tchokwê, shioko, tchocué, tshokwe e tschiokloe.[1]
Dialectos
editarDistíngunse tres dialectos do chócue: o minungo, o ulanda e o ukhongo.[1]
Distribución e falantes
editarEn 1991 en Angola falábano unhas 456 000 persoas, localizadas no nordeste, o sur e o norte de Lunda, no leste de Bié, o oeste do Moxico, na rexión central de Cuando Cubango, en Cunene e en Malanje. Na provincia de Luanda, a capital, é máis falado no municipio de Viana.
Esta lingua só está oficiamente recoñecida en Angola, onde é usada como lingua franca no leste do país. Nese ano aproximadamente medio millón falábana na República Democrática do Congo, e tan só uns 44 200 en Zambia, en 1986,[2] Neste último país, no ano 2000 os falantes reducíranse a 20 000.[3]
É unha das principais linguas nacionais de Angola, tendo o Instituto de Línguas Nacionais de Angola estableceu unhas nomas ortográficas básicas para estandarizaren esta lingua para a súa mellor divulgación e utilización.[1]
Algunhas expresións
editar- musono unapema - (hoxe está bo)
- mbungue - (corazón)
- tweya - (ven)
- mutu - (persoa)
- chimene-chipema - (bos días)
- chindele - (branco)
- katapi - (cacahuete)
- chingahi? - (canto custa?)
- samanhonga - (pensador)
- ishimo - (proverbios)
- muanapwo - (muller moza)
- mbolo - (pan)
- ua - (toma)
- landa kanawa- (compra ben)
- zungo - (silencio)
- Yesu - (Xesús)
- tambele - (igrexa)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lewis, M. Paul: Ethnologue. Languages of the World Sexta ed. Dallas, Texas, USA: SIL International. ISBN 978-1-55671-216-6. Consultado o 22 de setembro de 2019.
- ↑ Informe de Ethnologue sobre a lingua chokwe, Consultado o 22 de setembro de 2019.
- ↑ Chokwe en Ethnologue (18ª ed., 2015). Consultada o 22 de setgembro de 2019.