Lingua chicomucelteca

lingua maia extinta

O chicomucelteco (tamén chamado chikomuselteko ou chicomuselteco; arcaicamente, cotoque) é unha lingua maia extinta, antigamente falada na rexión definida polos concellos de Chicomuselo, Mazapa de Madero e Amatenango de la Frontera, no estado de Chiapas, México, así como nas áreas veciñas de Guatemala. Nas décadas de 1970 e 1980 converteuse nunha lingua morta, sen falantes nativos vivos.[2] As comunidades chicomuceltecas actuais, que roldan as 1500 persoas en México e 100 en Guatemala[3] falan castelán.

Chicomucelteca
Pronuncia:[tʃikomuselˈteko]
Outros nomes:Chikomuselteko
Falado en: México e Guatemala
Extinción: 1970–80
Familia: Maia
 Huasteca
  Chicomucelteca
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cob
Mapa
Status

O chicomucelteca está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O chicomucelteca foi antigamente chamado cakchiquel mam, malia que non está tan relacionado co kaqchikel ou o mam, senón co huasteca.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. See Campbell and Canger (1978); Ethnologue entry on "Chicomuceltec" (Gordon 2005).
  3. See Gordon (2005) for population estimates, which draw on sources collected in the early 1980s.