As linguas lenca[2] son unha pequena familia de linguas indíxenas mesoamericanas extintas, faladas outrora no Salvador e Honduras (países onde o pobo indíxena lenca conta cunha poboación de 37 000 e 100 000 persoas respectivamente).

Linguas lenca
Falado en: Honduras e O Salvador
Rexións: Centroamérica
Extinción: (~1990)
Familia: Americana
 Macrochibcha ?
  Linguas lenca
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: len
Mapa
Status

O lenca está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Clasificación

editar

Historicamente, a maioría de lingüistas, seguindo a Lehman (1920) consideraban que existía algún parentesco coas linguas xincas, aínda que a evidencia a prol desta teoría é máis ben escasa. Recentemente A. Constenla (2002, 2005) baseándose no método comparativo logrou probar o parentesco das linguas lenca coas linguas misumalpas e á súa vez coas linguas chibchas.

Linguas da familia

editar

A familia lenca está formada por estas dúas linguas:

  • Lenca salvadoreño (dialecto principal: potón)
  • Lenca hondureño (dialectos: cerquín, care, lenca, kolo)

Entre ámbalas dúas linguas, Swadesh estimou por métodos glotocronolóxicos uns 20 séculos de separación, polo que as súas diferenzas son comparables ás das linguas románicas.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada lenca en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 21 de novembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Campbell, Lyle. 1997. American Indian Languages: The Historical Linguistics of Native America. Oxford: Oxford University Press.
  • Constenla Umaña, A. (1981). Comparative Chibchan Phonology. (Ph.D. dissertation, Department of Linguistics, University of Pennsylvania, Philadelphia).
  • Constenla Umaña, Adolfo. (1991). Las lenguas del Área Intermedia: Introducción a su estudio areal. Editorial de la Universidad de Costa Rica, San José.
  • Constenla Umaña, Adolfo. (1995). Sobre el estudio diacrónico de las lenguas chibchenses y su contribución al conocimiento del pasado de sus hablantes. Boletín del Museo del Oro 38-39: 13-56.
  • Fabre, Alain. 2005. Diccionario etnolingüístico y guía bibliográfica de los pueblos indígenas sudamericanos: LENCA. [1]
  • Hemp, Eric. 1976. "On Earlier Lenca Vowels". International Journal of American Linguistics 42(1): 78-79.
  • Lehman, Walter. 1920. Zentral-Amerika. see pp. 700–719 (Salvadoran Lenca) and pp. 668–692 (Honduran Lenca).