Luís Rodríguez Seoane

médico e político galego

Luís Isidoro Rodríguez Seoane, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1836 e finado en Santiago de Compostela o 12 de agosto de 1902, foi un médico e político galego.

Modelo:BiografíaLuís Rodríguez Seoane

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1836 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1902 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
Gobernador civil de Oviedo
Gobernador civil de Cáceres
Gobernador civil
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Rodríguez Seoane Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Rodríguez Seoane (Luis), p.390) Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 5358 BNE: XX1421938 BUSC: rodriguez-seoane-luis-1836-1902

Traxectoria

editar

Fillo de Luís Rodríguez Garea, era doutor en Medicina pola Universidade de Madrid. Pertenceu ao Partido Moderado, foi un dos organizadores do Banquete de Conxo, onde leu un dos brindes[1], e formou parte da xunta revolucionaria de 1868 de Pontevedra. Foi deputado nas Cortes pola circunscrición de Pontevedra (1869-1871), polos distritos de Ponte Caldelas (1871-1872) e da Cañiza (1881-1884) e senador pola provincia de Pontevedra (1886-1887) e A Coruña (1899-1900). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1885-1886). En 1871 foi nomeado gobernador civil de Cáceres e director xeral de Aduanas e en 1888 gobernador de Asturias. Foi un dos fundadores do semanario pontevedrés El País (1857) e colaborou en El Buscapié, El Siglo Médico, La Perseverancia, Revista de Galicia e Faro de Vigo, e cultivou a poesía en galego e castelán.

 
Álbum de la Caridad, 1862.

Sobre Medicina

editar
  • Los nuevos tratamientos curativos de las enfermedades sifilíticas, 1878
  • Lecciones de terapéutica. Materia médica y arte de recetar, 1880
  • Varela de Montes y la Escuela Médica de Santiago, 1880

Poesía

editar
  • Mis ideales. Poesías, 1902.

Vida persoal

editar

Era irmán de José Rodríguez Seoane.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar