Mandolina
A mandolina é un instrumento musical de 8 cordas que pertence á familia dos cordófonos. O número e tipo de cordas da mandolina foi variábel segundo o tempo e o lugar, pero a configuración predominante hoxe en día é a da mandolina napolitana, con catro cordas dobres afinadas como o violín (sol-re-la-mi). A diferenza do violín, as cordas da mandolina púlsanse cunha puga. A caixa de resonancia pode ser cóncava ou plana. Actualmente úsase para diversos usos, parecidos ao da bandurra.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Mandolina |
- mandolincafe Sitio dedicado ás mandolinas. (en castelán)
- Páxina sobre a mandolina (en castelán)