Manuel Iglesias Corral
Manuel Iglesias Corral, nado na Coruña o 1 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1989,[1] foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1901 A Coruña, España |
Morte | 8 de setembro de 1989 (88 anos) A Coruña, España |
Senador de España | |
23 de xuño de 1986 – 2 de setembro de 1989 Nomeado por: Xunta de Galicia | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
30 de outubro de 1981 – 8 de setembro de 1989 | |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982 Circunscrición electoral: A Coruña | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Circunscrición electoral: Provincia da Coruña | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
6 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Alcalde da Coruña | |
1932 – 1934 ← Juan González Rodríguez – Alfredo Suárez Ferrín → | |
Alcalde | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, empresario, xurista |
Partido político | Partido Popular |
Premios | |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia |
Traxectoria
editarEstudou Dereito na Universidade de Valladolid e na Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa andaina política como concelleiro na cidade da Coruña en 1931, concello do que chegou a ser Alcalde entre 1932 e 1934.
Participou na redacción do anteproxecto do estatuto de Galicia, elixido deputado pola ORGA nas Cortes Republicanas en 1933 e fiscal da República en 1936. Durante o franquismo tivo cargos directivos en empresas privadas e coa recuperación da democracia foi senador pola Candidatura Democrática Galega e pola UCD (1977-1982), foi presidente da UCD de Galicia, deputado no Parlamento de Galicia por Alianza Popular (1981-89) e senador de novo, desta vez por Alianza Popular (1986-1989), en representación da comunidade autónoma.
Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña desde 1963 a 1988, ano no que foi distinguido como Decano Honorario. Tamén foi Fiscal Xefe do Tribunal Supremo e do Tribunal de Garantías Constitucionais da República.
Foi Avogado da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Tamén no plano empresarial, foi Secretario Xeral da Industria Baleeira Española, S.A.; Presidente de Frigoríficos do Noroeste, S.A. e Secretario do Consello de Administración de La Voz de Galicia, S.A.
Decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña; Presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación;[2] Presidente da Comisión do Consello Xeral da Avogacía Española para a Unión de Avogados Hispanoamericanos; Conselleiro da Avogacía Española e Vogal da Comisión Xeral de Codificación en 1968. Foi membro da Union Internationale des Avocats, do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses; membro correspondente da Academia de Ciencias, Letras e Artes de San Romualdo, de San Fernando (Cádiz); membro do Instituto Padre Feijóo, de Estudos Ourensáns; membro fundador do Instituto Español de Dereito Foral; Académico de Honra da Xurisprudencia e Lexislación, de Barcelona e da Xurisprudencia e Lexislación de Valencia, así como Colexiado de honra do Colexio de Avogados de Lima (Perú).
Foi condecorado coa Lexión de Honra (Francia), coa Condecoración da Orde do Cristo de Portugal e da Cruz da Orde de San Carlos, no grao de Grande Oficial, da República de Portugal.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 10-9-1989, p. 33.
- ↑ RAGXL. Historia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Iglesias Corral |
Bibliografía
editar- "Iglesias Corral, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 200.
- "Iglesias Corral, Manuel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
editar
Predecesor: Juan González Rodríguez |
Alcalde da Coruña 1932 - 1934 |
Sucesor: Alfredo Suárez Ferrín |