Marcelo Macías
Marcelo Macías García, nado en Astorga o 1 de xullo de 1843 e finado en Ourense o 8 de marzo de 1941, foi sacerdote, profesor e doutor en filosofía e letras, arqueólogo e numismático.[1]
Nome orixinal | Marcelo Macías García |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xullo de 1843 Astorga, España |
Morte | 8 de marzo de 1941 (97 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Central |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo |
Membro de | |
Alumnos | Ramón Otero Pedrayo |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Macías y García (Marcelo), p.245) |
Traxectoria
editarEstudou humanidades, filosofía e teoloxía no seminario de Astorga, onde foi compañeiro de Andrés Martínez Salazar e Antolín López Peláez. En 1863 foi ordenado presbítero, e pasou a ser profesor de lóxica e aritmética no propio seminario. Estudou tamén cánones, grego e hebreo. Tras pecharse o seminario logo da Revolución de 1868 foi ecónomo da igrexa de San Pedro de Bembibre, e en 1871 mudouse a Madrid. Graduouse de bacharel en Artes no instituto de Ávila e en Madrid licenciouse en Filosofía e Letras.
Deu clase en Palma e Villanueva de la Serena. En 1882 acadou a cátedra de Retórica en Xixón, e en 1884 pasou a Ourense. Renunciou ao seu traslado a Madrid e á cátedra de Lingua Española na Universidade de Santiago.
Atribúeselle ser o impulsor definitivo da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, ao comezar a edición do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, nos meses de marzo-abril de 1898, contando coa colaboración de grandes intelectuais, como Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso e Nicolás Tenorio, aos poucos fóronse incorporando as colaboracións da práctica totalidade de personalidades da chamada "Atenas de Galicia" Manuel Martínez Sueiro, Fermín Bouza-Brey, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Florentino López Cuevillas etc.[2] Ingresou na Real Academia Galega o 4 de setembro de 1905.
As súas mellores achegas producíronse no campo da arqueoloxía e a historia; a súa gran colección de moedas e os amplos coñecementos que sobre elas tiña convertérono nun referente da numismática na súa época.[3]
Obras
editarLiterarias
editar- Cartas a un Joven, estudios sobre la civilización moderna
- Nobleza Obliga (1885)
- El calendario de pared. Sátira política (1885)
- El toque del Alba (1885)
- Las Golondrinas (1870)
Poesía
editar- Una lágrima a la muerte de mi querido padre
- La flauta de Tirsis (1879)
- Cantar y morir, La Serena (1878)
Históricas
editar- Cronicón de Idacio (Versión castelá 1906)
- Civitas Limicorum (1904)
Ensaio
editar- De Galicia. Discursos de caracter regional, pronunciados en las ciudades de la Coruña, Orense y Vigo (Andrés Martínez Salazar, 1892)
No Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense
editar- Suplementos a la Epigrafía Latina de Orense
- Nuevo Miliario romano de Rábade (1912)
- Inscripción de Pepín (1906)
- El Crismón o Monograma de Cristo en las monedas de Constantino el Grande y sus sucesores (1913)
- Fray Suero de Oca abad de Osera (1924)
- Turonium (1921)
Notas
editar- ↑ Rodríguez González, A. "Cronobiografía". En VV.AA. (2018). Páxina 15.
- ↑ Fariña Busto, F. "Sobre don Marcelo Macías García e Ourense". En VV.AA. (2018). Páxina 39.
- ↑ Rodríguez García, P. "Marcelo Macías e a Numismática". En VV.AA. (2018). Páxina 55.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcelo Macías |
Bibliografía
editar- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Otero Pedrayo, R. (1943): Vida del doctor don Marcelo Macías y García, príncipe de la oratoria y del diálogo, de la cátedra y de la ciencia histórica (1843-1941). A Coruña, imprenta Moret.
- «Macías y García, Marcelo» en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD).
- «Macías, Marcelo» en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 39, p. 93. Ir Indo para La Voz de Galicia. ISBN 84-7680-429-6.
- VV.AA. (2018). Marcelo Macías. 175 Aniversario Arquivado 08 de marzo de 2019 en Wayback Machine.. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISBN 978-84-453-5306-6