Marina Mayoral
Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo[2] o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.[1]
Nome orixinal | Marina Mayoral Díaz [1] |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de setembro de 1942 (82 anos) Mondoñedo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritora, columnista, novelista |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarEstudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Desde os 19 anos vive en Madrid, pero sempre mantendo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia.[3] Doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro
Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán.[4] Tamén realizou moitas análises de poesía e prosa contemporáneas.
Colabora en La Voz de Galicia desde 1990. Foi codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia e dirixiu a colección Relatos de Editorial Edhasa e a colección Club de Clásicos de Ediciones SM.[5]
Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chinés.[6] A acción da maioría das súas novelas desenvólvese en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia.
En 2017 foi escollida académica de honra da Real Academia Galega.[7]
Obras
editarEn galego
editarNarrativa
editar- Contra morte e amor (1987). Xerais. 266 páxs. Trad. do castelán.[8]
- O reloxio da torre (1988). Galaxia. 88 páxs.
- Unha árbore, un adeus (1988). Galaxia. 92 páxs.[9] Foi traducida ao castelán.[10]
- Chamábase Luís (1989). Xerais. 160 páxs. Ed. ePub. Foi traducida ao castelán,[11] ao catalán[12] e ao portugués.[13]
- A man de neve (1992). Contos do Castromil.
- Tristes armas (1994). Xerais. 136 páxs. 30ª edición en 2019. Ed. ePub. Foi traducida ao portugués[14] e ao inglés.[15]
- Querida amiga (1995). Galaxia. 112 páxs. Foi traducida ao castelán.[16]
- Ao pé do magnolio (2004). Galaxia. 216 páxs.[17]
- Case perfecto (2007). Xerais. 296 páxs.[18]
- Quen matou a Inmaculada de Silva? (2009). Xerais. 192 páxs. Trad. do castelán.[19]
- O anxo de Eva (2013). Xerais. 352 páxs. Ed. ePub.
- O que queda de nós (2023). Vigo: Galaxia. 284 páxs. ISBN 978-84-9151-895-2. Reedición de Unha árbore, un adeus (1988) e Ao pé do magnolio (2004).
Ensaio
editar- Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?. Discurso lido no acto de recepción como académica de honra da RAG, 2017[20]
Obras colectivas
editar- Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
En castelán
editarNarrativa
editar- Cándida, otra vez (1979). Ámbito Literario. Novela. Gañadora do Premio Ámbito Literario.
- Al otro lado (1980). Magisterio Español S.A. Novela. Gañadora do Premio Novelas y Cuentos.
- La única libertad (1982). Cátedra. Novela.
- Contra muerte y amor (1985). Cátedra. Novela.
- Morir en sus brazos y otros cuentos (1989). Aguaclara. Relatos.
- El tiburón, el ángel y otros relatos (1991). Compañía Europea de Comunicaciones e Información. Relatos.
- Recóndita armonía (1994). Alfaguara. Novela.
- Dar la vida y el alma (1996). Alfaguara. Novela.
- Recuerda, cuerpo (1998). Alfaguara. Novela.
- La sombra del ángel (2000). Alfaguara. Novela
- Querida amiga (2001). Alfaguara. Novela.
- Solo pienso en ti (2006). H. KLICZKOWSKI. Novela.
- ¿Quién mató a Inmaculada de Silva? ( 2009). Novela
- Deseos (2011). Alfaguara. Novela.
- El abrazo (2015). Stella Maris. Novela
- El amor, la vida y mas allá (2017). Teófilo. Relatos
- La única mujer en el mundo (2019). Edhasa. Novela
Ensaio
editar- La poesía de Rosalía de Castro (1974). Gredos.
- Rosalía de Castro y sus sombras (1976). Fundación Universitaria Española.
- Análisis de cinco comedias (1977). Castalia.
- Análisis de textos (Poesía y prosa españolas) (1977). Gredos.
- Rosalía de Castro (1986). Cátedra.
- El oficio de narrar (1989). Cátedra.
- Escritoras románticas españolas (1990). Fundación Banco Exterior.
- El personaje novelesco (1990). Cátedra.
Premios
editar- 1979: Premio Ámbito literario (novela).
- 1979: Premio Ramón Sijé (novela curta).
- 1980: Premio Novelas y cuentos (novela).
- 1982: Premio Hucha de oro (de contos).[21]
- 1989: Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria por Chamábase Luís.
- 1992: Premio Fernández Latorre de xornalismo.
- 1996: Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria por Querida amiga.
- 1998: Medalla Castelao.
- 2012: Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por Deseos
- 2021: premio Xosé Luís Alvite, que concede a Asociación de Periodistas de Galicia pola súa traxectoria.[23]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Mayoral Díaz, Marina". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 298.
- ↑ "Marina Mayoral. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Marina Mayoral". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Marina Mayoral". Raspabook (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ P., E. (2/12/2017). "Mayoral analiza os motivos polos que Murguía destruíu as cartas de Rosalía, no seu ingreso na RAG". Galicia Confidencial.
- ↑ "Contra morte e amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Unha árbore, un adeus". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Un árbol, un adiós". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Se llamaba Luis". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Es deia Lluís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Chamava-se Luís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Tristes armas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Sad Weapons". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Querida amiga". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "Ao pé do magnolio". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "Quen matou a Inmaculada de Silva?". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ Mayoral, Marina (2017). Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?. Real Academia Galega. ISBN 978-84-947823-0-5.
- ↑ Cañas, Gabriela (1983-03-17). "Marina Mayoral ganó el primer premio de cuentos Hucha de Oro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ Redacción. "O PEN Clube premia Marina Mayoral “pola súa defensa das mulleres escritoras”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-26.
- ↑ "O premio Alvite distingue a traxectoria como articulista de Marina Mayoral". La Voz de Galicia. 2021-05-02. Consultado o 2021-05-08.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marina Mayoral |
Bibliografía
editar- "Mayoral Díaz, Marina". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 298.
- "Mayoral Díaz, Marina". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Mayoral Díaz, Marina". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 369. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, Francisco (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 275. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra Fernández, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 379-380. ISBN 84-8288-019-5.
Rosalía na voz de Marina Mayoral 13 fragmentos. |