Maximino Tracio

emperador romano entre 235 e 238
(Redirección desde «Maximino»)

Caius Iulius Verus Maximinus, nado en Tracia cara ao 173 (ou 183) e finado en Aquilea no 238 foi un emperador romano (235238).

Modelo:BiografíaMaximino Tracio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Gaius Iulius Verus Maximinus Thrax Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento173 Editar o valor en Wikidata
Tracia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 238 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Aquileia, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
20 de marzo de 235 – 1 de xuño de 238
← Alexandre SeveroPupieno, Balbino →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Tracia
Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, soldado Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado Editar o valor en Wikidata
ProfesoresTitianus the Younger (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCecília Paulina Editar o valor en Wikidata
FillosCaio Júlio Vero Máximo Editar o valor en Wikidata
NaiAbaba Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX827023 Find a Grave: 35377043 Editar o valor en Wikidata
Emperador Maximino, o Tracio-

Traxectoria

editar

Naceu na beiramar do Mar Negro, na Tracia, rexión situada ao norte de Constantinopla, aproximadamente no 173 (algunhas investigacións apuntan ao 183). De orixe humilde, o seu pai Miceas era un labrego de orixe goda e a súa nai, Ababa, de orixe alana e Moesia ou Tracia.

Padecía xigantismo, e chegou a medir 2,53 m., polo que se decantou pola carreira militar, na que polas súas especiais calidades ascendeu rapidamente e chegou a dirixir o exército en tempos de Alexandre Severo. Polo seu berce pasou á historia como Maximino o Tracio e a pesar das súas humildes orixes foi o primeiro emperador que ascendeu ao trono seguindo a escala do exército. Nunca chegou a pisar Roma.

Comezou a súa carreira militar baixo o emperador Septimio Severo. Durante a campaña contra os bárbaros na Xermania de Alexandre Severo, encabezou a conspiración contra o emperador e que rematou co seu asasinato. Nomeado polas lexións do Rhin como novo emperador, axiña tivo que facerlles fronte aos pagamentos prometidos, xa que as arcas do estado estaban baleiras.

Era coñecido polo sobrenome de Hércules pola súa forza e as súas xigantescas proporcións. O seu goberno foi tiránico, caracterizándose pola súa crueldade, acabando sendo deposto polo Senado. Gran parte do seu goberno pasouno loitando contra as tribos ó longo do Rhin e do Danubio, nomeando César o seu fillo, Máximo.

A loita do Senado por prevalecer sobre o poder militar marcou o seu curto reinado. En efecto, Maximino andou a enxeira cos senadores, xa que eles pensaban que non tiñan un aliado nel, posto que unha das primeiras medidas tomadas foi a confiscación de bens dos senadores que agochaban os recadadores. Tamén as persecucións dos cristiáns que levou a cabo na Capadocia tiñan un só interese: o de recadar cartos para pagar os lexionarios. Moitos dos santos da Igrexa católica neste tempo veñen desta persecución por intereses económicos.

Maximino levou adiante a campaña militar contra as tribos xermánicas no 235, a sangue e ferro, cunha grande crueldade nos seus métodos, o que o levou a enfrontarse co Senado, que o depuxo pouco despois de que nomease césar o seu fillo Máximo.

Pero, cunha sociedade cada vez máis empobrecida, os altos impostos destinados a retribuír o exército suscitaron o levantamento en África. Alí, a sociedade civil era sólida e estaba ben vertebrada, e había poucas tropas acantonadas que manter. Os sublevados proclamaron emperador a Gordiano I, procónsul daqueles territorios no 238. Este apresurouse a unxir o seu fillo do mesmo nome Gordiano II e o Senado proclamounos emperadores. Pero, foron derrotados e mortos polo xefe da lexión aló destacada e que se mantiña fiel a Maximino.

Pero como o Senado estaba decididamente en contra de Maximino, ao saber da súa morte, nomeou augustos os senadores Balbino e Pupieno, que ao parecer se aviñeron a restaurar o poder colexial e a abolir as formas monárquicas. Ademais, a iniciativa era un intento de facer prevalecer o nomeamento senatorial sobre a proclamación dos pretorianos.

Maximino remataba a campaña na Panonia (actual Hungría) e tornaba co seu exército cara a Roma para rematar coa rebelión. Balbino permanecería en Roma, mentres Pupieno marcharía contra Maximino. Este cruzou os Alpes e asediou a cidade de Aquilea durante varios meses, ata que os propios lexionarios asasinaron a Maximino e o seu fillo, para logo rendérense despois a Pupieno. Mentres tanto en Roma, os pretorianos desprazaran a Balbino, nomeando emperador a Gordiano III, neto e fillo dos dous Gordianos anteriores.

Co nomeamento de Maximino iniciase un axitado período da historia do Imperio Romano, onde os pronunciamentos e as usurpacións foron continuas en moitas partes do Imperio, a desorde e a precariedade económica se tornaron males incurables, quizais como unha secuela por non resolver a pugna entre o poder imperial e o senatorial, o que se engadía agora á submisión do poder civil ao militar.

Imperio Romano

Segue a:
Alexandre Severo
Maximino Tracio
Precede a:
Gordiano I e Gordiano II