O Metro de Bilbao (en éuscaro: Bilboko metroa) é a rede de ferrocarril metropolitano de Bilbao e a súa área metropolitana, o Gran Bilbao, un espazo estendido en ambas as marxes da ría de Bilbao que concentra aproximadamente a un millón de habitantes. Posúe un trazado en forma de "Y", con dúas liñas, a 1 e a 2, que percorren as dúas beiras da ría para confluír nun tronco común que chega ata Basauri.

Metro de Bilbao

Interior da Estación de Abando.
Información
CidadeBilbao, España
TipoMetro
Liñas3
Estacións47
Pasaxeiros (ano)95 millóns (2018)
Operacións
Inauguración11 de novembro de 1995
Operador(es)Metro Bilbao (liñas 1 e 2)
Euskotren (liña 3)
Ancho de vía1 metro
Mapa da rede

A rede de Metro está conectada coas liñas de Renfe Proximidades, EuskoTren (proximidades e rexionais), FEVE (proximidades, rexionais e longo percorrido) e EuskoTran (tranvía), así como coa terminal de autobuses Termibús e as liñas de longo percorrido de Renfe.

É a cuarta rede de metro construída en España, logo das de Madrid, Barcelona e Valencia. Actualmente é a cuarta rede de Metro de España en canto ao número de pasaxeiros transportados (88 500 000 en 2010[1]) por detrás do Metro de Madrid e do de Barcelona; e por diante dos de Valencia, Sevilla e Palma.

Historia

editar

Inicio das obras

editar
 
Estación de Bolueta (L1 e L2) ao fondo e ponte sobre o Nervión-Ibaizabal.
 
Estación de Sarriko (L1 e L2), deseñada cunha espectacular marquesiña de cristal.
 
Estación de Urbinaga (L2), en curva, en costa e sobre un viaduto.

As obras comezaron oficialmente en 1988 co soterramento do ferrocarril de Bilbao a Plentzia, ao seu paso pola localidade de Erandio. Convocouse un concurso internacional para o deseño arquitectónico do futuro Metro, que foi gañado polo arquitecto británico Sir Norman Foster (Foster and Partners).

Un ano máis tarde inauguráronse as cocheiras de Sopelana, que ao principio foron utilizadas para o mantemento das UT 200 de EuskoTren, e empezaron as obras do Metro no centro de Bilbao, concretamente na Praza Moyúa, que permaneceu pechada ata 1995. Máis tarde continuouse polos barrios de San Ignacio e Deusto, onde as obras provocaron bastantes molestias aos veciños, e danos de pequena consideración nalgúns edificios próximos.[2]

Inauguración e expansión da rede

editar

A Rede de Metro de Bilbao foi inaugurada o 11 de novembro de 1995 ás 11:11 polo Lehendakari José Antonio Ardanza. Tamén se achaban presentes o alcalde de Bilbao, Josu Ortuondo, o director xerente da infraestrutura Josu Sagastagoitia, así como outras personalidades da Deputación Foral de Biscaia, do Concello de Bilbao e do Goberno Vasco, nunha estrea que resultou caótica con multitude de fallos e atrasos.[2]

O 21 de marzo de 1997 empezaron os traballos para a construción da liña 2, cuxo primeiro tramo foi inaugurado o 13 de abril de 2002.

O 22 de febreiro de 2007, o Goberno Vasco anunciou o proxecto para a creación da liña 3, que nun futuro estenderíase ao Aeroporto de Bilbao, cun trazado proxectado a través dun túnel escavado no monte Artxanda. As obras da liña comezarán en xullo de 2008.

O 25 de xaneiro de 2008 presentábanse os trazados preliminares das liñas 4 e 5. Á súa vez, a Universidade do País Vasco, co seu vicerector á cabeza, solicitou ao CTB a construción da liña 6 que conectase a cidade universitaria de Leioa co Txorierri (Aeroporto de Bilbao e Parque Tecnolóxico de Zamudio) ata podendo amplia-la cara á actual liña 1 en Getxo.

Rede actual

editar
Liña Percorrido Lonxitude total Estacións en servizo Total estacións Operador
  Etxebarri - Plentzia 28,83 km 28 29 Metro Bilbao S.A.
  Basauri - Santurtzi 22,98 km 25 25 Metro Bilbao S.A.
  Santurtzi - Mamariga 0,5 km 2 2 Metro Bilbao S.A.
 
Kukullaga - Matiko 5,88 km 7 7 Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A.
Total en funcionamento 51,74 km (*) 48 (*) 49 (*)

(*) O tramo comprendido entre as estacións de San Inazio e Etxebarri é o mesmo para as liñas 1 e 2 tendo 10,39 km e 12 estacións comúns.

 
Rede actual de Metro de Bilbao, incluíndo estacións en obras.

Futuro

editar
 
Esquema da rede futura do Metro de Bilbao. O trazado da liña 4 é preliminar.
 
Liña Percorrido Estado Lonxitude Total estacións Operador
 Liña 1 do metro de Bilbao
Etxebarri - Plentzia Operativa 31 km 29 Metro Bilbao S.A.
 Liña 2 do metro de Bilbao
Basauri - Kabiezes Operativa 20 km 26 Metro Bilbao S.A.
 Liña 2 do metro de Bilbao
Santurtzi - Mamariga Operativa 500 m 2 Metro Bilbao S.A.
 Liña 3 do metro de Bilbao
Kukullaga - Matiko Operativa 5,885 km 7 Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A.
 Liña 4 do metro de Bilbao
Matiko - Rekalde Estudo informativo redactado 6 km 7 Eusko Trenbideak - Ferrocarriles Vascos S.A.
 Liña 5 do metro de Bilbao
Etxebarri - Hospital de Galdakao Redactando o proxecto construtivo 6,6 km 6 Metro Bilbao S.A.
TOTAL 60,990 km(*) 59(*)

Galería de imaxes

editar
  1. "Presentación balance exercicio2010" (PDF). Metro Bilbao. Consultado o 26 de xaneiro de 2011. [Ligazón morta]
  2. 2,0 2,1 El Mundo), ed. (12 de novembro de 2009). "O Metro de Bilbao inicia a súa andaina no medio da polémica". Consultado o 8 de setembro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar