Montbard
Montbard é unha vila e comuna francesa, capital de distrito (arrondissement), e subprefectura do departamento de Côte-d'Or, na rexión da Borgoña-Franco Condado.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Borgoña-Franco Condado | ||||
Departamento | Côte-d’Or | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.788 (2021) (103,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921616 Q114359470 | ||||
Superficie | 46,37 km² | ||||
Altitude | 202 m-366 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 21500 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | montbard.com | ||||
Situada na liña de ferrocarril de París-Lión a Marsella-Saint-Charles, servida polo TGV, está atravesada polo canal de Borgoña.
Vila natal dos naturalistas Buffon e de Louis Jean Marie e Pierre Daubenton, Montbard alberga unha importante industria de transformación metalúrxica.
Xeografía
editarMontbard está situada ao noroeste de Dijon, a unha altitude de entre os 202 e os 366 msnm, e ocupa unha superficie de 46,37 km2.[1]
No ano 2016 albergaba unha poboación de 5 334 habitantes, o que facía que nese ano a súa densidade de poboación fose de 115 hab./km2.
Demografía
editarA evolución do número de habitantes de Montbard coñécese a través dos censos da poboación levados a cabo na comuna desde 1793. A partir do 2006 as poboacións legais das comunas son publicadas anualmente polo INSEE.
Ano | 1793 | 1800 | 1841 | 1861 | 1881 | 1901 | 1906 | 1911 | 1931 | 1936 | 1946 | 1962 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2008 | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 2 316 | 2 118 | 2 215 | 2 617 | 2 607 | 3 632 | 3 824 | 3 957 | 4 423 | 4 097 | 4 455 | 6 386 | 7 513 | 7 707 | 7 108 | 6 300 | 5 554 | 5 331 |
Hidrografía
editarO seu territorio está atravesado polo río Brenne e polo canal de Borgoña.
Comunicacións
editarA súa estación de ferrocarril está servida polas lilñas dos TGV París-Dijon-Besançon-Mulhouse e Lille-Mulhouse, que unen a vila a París nunha hora e a Lille en dúas horas.
Historia
editarO lugar de Montbard foi ocupado desde tempos antigos. Na época dos galos, Montbard albergou unha comunidade de druídas.
Na Idade Media, era unha importante cidade ao redor do castelo de Montbard, construído no século X. En 1070, santa Alethe Montbard (nai de Bernaldo de Claraval) naceu alí. O futuro san Bernaldo era sobriño do conde André de Montbard, un dos fundadores da orde do Temple. En 1231 Montbard foi instituída como comuna polo duque Hugo IV de Borgoña. Nesta época era un lugar frecuentemente visitado polos duques de Valois.
En 1590 a vila foi cercada polo vizconde de Tavannes Guillerme de Saulx, tenente do rei Henrique IV de Francia, que loitaba contra Charles Emmanuel, duque de Savoia-Nemours.
En 1707 o naturalista e conde Georges-Louis Leclerc, naceu en Montbard, e alí viviu gran parte da súa vida, facendo frecuentes viaxes a París, onde dirixía o Xardín real das plantas medicinais (chamado o "Xardín do Rei"), futuro Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Alí albergou a Jean-Jacques Rousseau ao seu regreso do exilio. E alí escribiu os textos que constitúen a súa obra monumental, a Histoire naturelle, générale et particulière avec la description du cabinet du Roy. Tamén traballou para desenvolver a economía do seu dominio: en 1733 creou un viveiro de árbores, e en 1767 estableceu forxas onde se facían balas de canón.
En xullo de 1813 Jean-Andoche Junot, duque de Abrantes, xeneral e amigo do emperador Napoleón I, morreu medio tolo en Montbard, na casa de seu pai.
En 1833 foi aberto ánavegación o canal de Borgoña.
En 1926, por decreto de Raymond Poincaré, Montbard constituíuse en subprefectura, substituíndo ás subprefecturas de Châtillon-sur-Seine e Semur-en-Auxois.
O 16 de xuño de 1940, a 10ª Brigada Acoirazada polaca do xeneral Maczek derrota aos alemáns preto de Montbard (en Nod-sur-Seine), pero illado, as unidades francesas de ambos os dous lados foron derrotadas ou se retiraron. O 18 de xuño, a brigada estaba practicamente rodeada e quedou sen gasolina e municións. O xeneral Maczek ordenou a destrución do material da unidade e a dispersión do seus homes.
Galería de imaxes
editar-
Escudo de armas de Montbard
-
Casa do concello
-
Castelo de Montbard
-
Abadía de Fontenay
-
Antiga capela das ursulinas, hoxe Museo das Belas Artes de Montbard
-
Igraxa de Saint-Urse de Montbard, vista desde o parc Buffon
-
Entrada principal ao parc Buffon
-
Estatua de Daubenton no parc Buffon
-
Rue de la Liberté
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montbard |
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial (en francés).