Moondog
Louis Thomas Hardin, nado en Marysville, Kansas, o 26 de maio de 1916 e finado en Münster, Alemaña, o 8 de setembro de 1999, foi un músico e poeta cego estadounidense, coñecido co pseudónimo de Moondog. Inventou numerosos instrumentos musicais.[1]
Nome orixinal | (en) Louis Hardin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Louis Thomas Hardin 26 de maio de 1916 Marysville, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 8 de setembro de 1999 (83 anos) Münster, Alemaña |
Lugar de sepultura | Zentralfriedhof Münster (en) |
Educación | Hurley High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | artista urbano, músico de jazz, cantante, compositor, poeta, inventor |
Período de actividade | 1932 - |
Xénero artístico | Jazz de vangarda, Música minimalista e Outsider music (pt) |
Pseudónimo literario | Moondog |
Instrumento | Teclado, Instrumento de percusión e Tambor |
Selo discográfico | Epic Records |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, |
Sitio web | moondog-music.com |
Traxectoria
editarMoondog quedou cego aos 17 anos cando un potente petardo estoupou na súa cara. Decidiu retirarse da sociedade e en 1943 foi vivir ás rúas de Nova York, onde pasou vinte dos trinta anos que botou nesa cidade. Vestía exclusivamente roupa que el mesmo facía baseándose na súa propia interpretación do deus nórdico Thor, polo que foi coñecido durante anos como "o viquingo da Sexta Avenida". Converteuse nun dos máis famosos músicos de rúa. Non obstante, a música e o talento de Moondog non foron apreciados polo gran público até os derradeiros anos da súa vida.
Obra
editarEditou máis de 30 discos, interpretados con músicos de renome como Philip Glass ou Steve Reich, que o recoñecen como un dos creadores do minimalismo musical, cousa que Moondog rexeitou dicindo que "Bach xa facía minimalismo nas súas fugas. Entón, que hai de novo?".[2] Tamén gravou un álbum coa actriz e cantante británica Julie Andrews.
Vida persoal
editarMoondog estivo casado cinco anos con Virginia Sledge, até 1947. En 1952, casou con Mary Suzuko Whiteing, unha nai solteira americano-xaponesa que se trasladara a Nova York ese mesmo ano coa súa nai. Hardin e Suzuko coñecéronse nas rúas de Nova York, ela ficou fascinada co aspecto do músico e el coa voz dela. Casaron e en 1953 tiveron unha filla chamada June Hardin. Un xornal publicou unha coñecida fotografía de Moondog tocando a frauta na azotea, serenando a Suzuko.[3] O matrimonio durou oito anos. Moondog tamén tivo outra filla, Lisa Colins, fóra do matrimonio.[4]
Notas
editar- ↑ "Encyclopedia of Invisibility — Moondog, Hardin Louis Thomas". www.encyclopediaofinvisibility.com (en inglés). Consultado o 2024-11-05.
- ↑ Jeffries, Stuart (2003-11-17). "The marvellous life of Moondog". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-11-05.
- ↑ "Chapter 3 of Moondog: Viking of Sixth Avenue by Robert Scotto - The 3rd Page". www.emptymirrorbooks.com. Consultado o 2024-11-05.
- ↑ "Louis Thomas "Moondog" Hardin Jr. (1916–1999)". Encyclopedia of Arkansas (en inglés). Consultado o 2024-11-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moondog |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |