Motete
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Na poesía italiana, un motete[1] (italiano: mottetto) é unha composición popular breve que inclúe un lema, unha sentenza ou algo semellante. Non ten un esquema regular, mais xeralmente está formado por sete ou oito versos, case sempre hendecasílabos e heptasílabos.
Na música italiana, é unha composición musical polifónica vocal ou vocal e instrumental. Como forma musical, naceu no século XIII como elaboración a dúas ou tres voces sobre unha melodía preexistente (normalmente himnos gregorianos) e que xustapuña textos diversos, de maneira que se puidesen articular as palabras como mellor se adaptasen ao ritmo e á memorización. Dous séculos máis tarde, o papel de parte melódica principal pasou do tenor á soprano, permitindo a libre invención dos compositores. En consecuencia, as voces secundarias acabaron realizándose en versións instrumentais. O motete decaíu coa aparición do oratorio. Entre os autores célebres de mottetti destacan Palestrina, Monteverdi, Bach, Brahms e d'Indy.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para motete.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |