Muro (construción)
estrutura vertical e sólida que separa dous espazos
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Muro.
Un muro é unha construción lineal, vertical e exenta, é dicir, non suxeita á xurisdición ordinaria, que serve para protexer ou delimitar un terreo, polo que xeralmente é de natureza pétrea.
Tamén se emprega a palabra muro para referirse a:
- Muralla, un muro de natureza defensiva, propio de castelos e fortificacións;
- Parede, cando o muro non está exento, e forma parte dun edificio.
Existen distintos tipos de muros atendendo á súa función:
- Muro de carga, cando forma parte da estrutura do edificio;
- Muro de contención, cando resiste as cargas horizontais do terreo;
- Muro pantalla, muro monolítico, normalmente de formigón armado;
- Muro Trombe, tipo de muro de gran masa térmica empregado para quentar un edificio.
- Muro de seguridade, barreira con accesos restrinxidos que divide dous espazos ou comunidades.