Os narcóticos[1] ou estupefacientes[2] son unhas drogas que, por definición, provocan sono ou estupor e, na maioría dos casos, inhiben a transmisión de sinais nerviosas asociadas á dor. O grupo dos narcóticos comprende gran variedade de drogas con efectos psicoactivos, aínda que terapeuticamente non se usan para promover cambios no humor, como os psicotrópicos, senón por outras propiedades farmacolóxicas: analxesia, anestesia, efectos antitusivos, antidiarreicos etc.

Emporiso, estas drogas son a miúdo desviadas do circuíto legal e empregadas como euforizantes. Algúns narcóticos son anestésicos como éter, cloroformo e ciclo-propano; pero na meirande parte son axentes da clase dos opioides. En xeral son substancias controladas, incluídas na Convención única sobre estupefacientes.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para narcótico.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estupefaciente.

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.