Neuchâtel, Suíza
Neuchâtel (en alemán Neuenburg) é unha cidade e comuna da Suíza romanda, capital do cantón e do distrito de Neuchâtel. Está situada a beiras do Lago de Neuchâtel e sobre o flanco sur do macizo do Xura.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Cantón de Neuchâtel | ||||
Region of Canton of Neuchâtel (en) | Littoral region (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.475 (2018) (1.854,57 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 18,05 km² | ||||
Bañado por | Lago de Neuchâtel | ||||
Altitude | 444 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1011 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 2000 | ||||
Prefixo telefónico | 032 | ||||
Código de municipio suízo | 6458 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Lugar do Patrimonio suízo | |||||
Páxina web | neuchatelville.ch | ||||
Ten 33.489 habitantes[1] e fálase principalmente francés.
Historia
editarA cidade aparece citada por primeira vez no ano 1011. Foi gobernada por condes até 1458, ano no que pasou á soberanía da familia de Orléans-Longueville até 1707. Dende aquel ano o seu soberano foi o rei de Prusia. En 1805, Napoleón entregou o Principado de Neuchâtel a Louis Alexandre Berthier até 1815, no que finalmente se adheriu á Confederación Suíza, aínda que ata 1848 permaneceu o principado en unión persoal con Prusia.
Xeografía
editarA cidade de Neuchâtel sitúase 38 km ao oeste de Berna, a 106 km ao norte de Xenebra e a 74 quilómetros ao leste de Besanzón. Neuchâtel limita ao norte coas comunas de Valangin e Val-de-Ruz, ao leste con Enges, Cressier, Saint-Blaise e Hauterive, ao sur con Cudrefin (VD), Vully-lles-Lacs (VD) e Delley-Portalban (FR), e ao oeste con Boudry, Milvignes e Peseux.
Atópase a 429 msnm.