Neutralización
En fonoloxía a neutralización consiste na eliminación da oposición (diferenza) que se establece entre dous fonemas nun determinado contexto, de maneira que foneticamente soan igual, aínda que se trate da realización de dous fonemas distintos. É un termo introducido por Trubetzkoy
En alemán, por exemplo, a distinción que existe entre os pares mínimos /t/ e /d/; /k/ e /g/ ou /p/ e /b/ (distinción baseada no trazo [±sonoro]) desaparece en posición final de palabra. Así, Rad (bicicleta) e Rat (consello) pronúncianse igual (ra:T). Ese son que, ao producirse a neutralización, engloba a máis dun fonema é o arquifonema (escríbese con maiúscula na transcrición fonolóxica). Porén, non se trata do mesmo fonema, pois ao engadir un morfema, como en xenitivo singular, si que aparece unha oposición: Rades/Rates, son pares mínimos.
Neutralización léxica
editarAs oposicións léxicas poden neutralizarse, é dicir, en determinados contextos ou situacións, unha distinción, que normalmente é funcional, pode quedar suspendida e un dos seus termos, o caracterizado ou 'marcado positivamente' inclúese no 'non marcado'. O termo marcado ten un único valor, fronte ó non marcado que ten o negativo e o neutro: