Noite

periodo de escuridade xerado pola rotación da Terra

A noite é o período entre o atardecer do Sol e o amencer do día seguinte. Unha actividade que ten lugar pola noite é unha actividade nocturna.

A Terra pola noite

Características

editar

A duración do día e a noite vai cambiando no transcurso do ano, sendo a duración do día de 12h (en todas as latitudes), nos equinoccios máis de 12 horas na primavera e verán, alcanzando o día máis longo no solsticio de verán, onde tamén ocorre a noite máis curta. Pola contra o día dura menos de 12 horas no outono e inverno, alcanzándose no solsticcio de inverno o día máis curto e a noite máis longa. Este efecto acentúase máis canto maior é a latitude. No ecuador sempre duran o mesmo. Hai día ou noite permanente nalgunha época do ano, nas rexións polares tanto do hemisferio norte ou sur caracterizadas por estar a unha latitude que en valor absoluto é maior que F = 90 - 23º 26? = 66º 34?. Esta é precisamente a definición de casquete polar.

editar

A noite é o escenario típico das historias de medo, xa que a noite adóitase asociar ao perigo, aos bandidos e animais perigosos que se ocultan tras a escuridade. Así mesmo, dise que criaturas fantásticas como os homes lobo e os vampiros son máis poderosos pola noite. Mesmo hai criaturas fantásticas malvadas das que se di que non soportan a luz solar. No cristianismo, a noite é asociada co fin dos días dos seres humanos na terra, coa vinda de Xesucristo en busca da súa Igrexa que está composta por todos os cristiáns fieis. A noite compárase co estado moral do home baixo a influencia de Satánas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar