Nova Escola Galega
asociación de renovación pedagóxica
Nova Escola Galega é un movemento asociativo de base que ten como finalidade impulsar o traballo de renovación pedagóxica e de galeguización lingüística e curricular do sistema educativo de Galiza, por medio da agrupación e cooperación de todos aqueles ensinantes e persoas sociais e colaboradoras que pretenden contribuír coa súa acción e reflexión á construción dun sistema educativo galego, público e democrático. Foi fundado o 11 de xuño de 1983 en Santiago de Compostela,
Nova Escola Galega | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 11 de xuño de 1983 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.nova-escola-galega.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actividades
editarNova Escola Galega ten varios campos de acción:
- Colaboración ou creación de exposicións, congresos, xornadas e escolas de verán.
- Publicacións sobre sociolingüística e materiais curriculares
- Publicación trimestral da Revista Galega de Educación
- Colaboración en varios encontros, como os coñecidos encontros galego-portugueses de educadoras e educadores para a paz, ou os recentes sobre medios de comunicación.
- Existencia de grupos de traballo sobre diversos proxectos orientados a distintos niveis educativos (como o grupo Vieiros da escola, sección da publicación electrónica Vieiros).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 22 de abril de 2007 en Wayback Machine.
- "Normalización lingüística no ensino", documento de abril de 2007.
- Vieiros da escola Arquivado 13 de maio de 2007 en Wayback Machine.