O delator

filme de 1935 dirixido por John Ford

O delator (en inglés: The Informer) é un filme estadounidense de 1935 dirixido por John Ford. O filme está ambientado na guerra civil irlandesa de 1922. O guión, escrito por Dudley Nichols, baséase na novela homónima do seu primo Liam O'Flaherty, quen participou activamente na loita pola independencia de Irlanda. O filme gañou catro premios Óscar: mellor dirección (John Ford), mellor actor (Victor McLaglen), mellor guión (Dudley Nichols) e mellor música (Max Steiner).

The Informer
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalO delator
DirectorJohn Ford
ProdutorJohn Ford
Cliff Reid
GuiónDudley Nichols
Baseado enThe Informer, de Liam O'Flaherty
IntérpretesVictor McLaglen
Heather Angel
Preston Foster
MúsicaMax Steiner
FotografíaJoseph H. August
MontaxeGeorge Hively
EstudioRKO Radio Pictures
Estrea9 de maio de 1935
Duración91 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento243 000 dólares[1]
Recadación950 000 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0026529 Filmaffinity: 792857 Allocine: 1043 Rottentomatoes: m/1010553-informer Mojo: informer Allmovie: v24847 TCM: 226 TV.com: movies/the-informer BNE: XX3724918 Netlix: 60011195 Editar o valor en Wikidata

Foi emitido na TVG o 5 de setembro de 2015.[2]

Argumento

editar

Dublín, década de 1920. Gypo entrega o seu mellor amigo, compañeiro do IRA, a cambio de vinte libras para unha pasaxe aos Estados Unidos para el e a súa moza. Ademais de ver o seu amigo morto, pasa a ser perseguido pola banda como traidor.

Elenco

editar
 
McLaglen e Grahame

Recoñecementos

editar

Graham Greene eloxiou o filme nun artigo para The Spectator en 1935 describíndoo como "un filme memorable", cuxa substancia supón "material soberbio para a pantalla". Greene destacou especialmente a interpretación de Victor McLaglen, indicando que "nunca tivera unha actuación máis talentosa".[3]

Premios

editar
Premio Resultado Candidato
Premios Óscar
Mellor filme Nomeado RKO Radio (John Ford, produtor)
Mellor director Gañador John Ford
Mellor actor Gañador Victor McLaglen
Mellor guión Gañador Dudley Nichols
Mellor montaxe Nomeado George Hively
Mellor música Gañador Max Steiner
Outros premios
National Board of Review, mellor filme Gañador
New York Film Critics Circle Awards, mellor filme e mellor director Gañador
Festival Internacional de Cine de Venecia, copa Mussolini Nomeado John Ford
  1. 1,0 1,1 Jewel, Richard. 'RKO Film Grosses: 1931-1951', Historical Journal of Film Radio and Television, Vol 14 No 1, 1994, p55.
  2. La Voz de Galicia, 5 de setembro de 2015. Páx. 54
  3. Greene, Graham (11 de outubro de 1935). "Anna Karenina/The Informer". The Spectator.  (reimpreso en: John Russel, Taylor, ed. (1980). The Pleasure Dome. p. 26. ISBN 0192812866. )

Véxase tamén

editar