O demo na cultura popular galega

Artigo principal: Demo.

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do demo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Inclúense tamén aquí as informacións que se refiren ás diferentes manifestacións do demo (diaño, trasgo etc.), ós tratos co demo, a posesión diabólica e a súa curación, así como ó inferno.

Pinturas murais na igrexa de Santa María de Labrada (Guitiriz, Lugo)

En Galicia, o demo recibe numerosas denominacións populares: abelurio, cachán, cachano, cachizo [1], demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como o diano burleiro), démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio, tardo, trasgo, trasno ou zucio. Tamén se lle denomina mediante nomes propios, como Donai (que pode proceder de Adonai, un dos nomes que recibe Deus na Biblia), Leonardo, Pedro, Perecho, Perello, Perete, Xan ou Xan Moxico, ou Xuncras (posible contaminación con Xudas).

Tamén existen denominacións eufemísticas coas que se pretende evitar pronunciar o seu nome, por se o demo o puidese interpretar como que se lle invoca: o Cornudo, o Escuro, o das botas, o das zapatillas, o dos dentes longos, o Nemigo, o Pecado, o Rabudo, papá xarriña. Resulta común referirse a el como Arrenegado sea! [2].

E, finalmente, tamén se utilizan as denominacións literarias máis clásicas, como Belcebú, Luzbel e Lucifer (que resplandece [3]), Satán ou Satanás.

O demo pretende levar ós homes ó pecado e, como consecuencia, ó inferno, e para iso recorre a calquera tentación que poida serlle útil e en calquera momento, porque "O demo nunca ten sono". Por isto tamén se di que está detrás de calquera desgraza que aconteza á xente, ó gando ou ás leiras (enfermidades, incendios, andazos no gando, treboadas etc.) e incluso detrás de pequenos contratempos como perder algunha cousa ou que se rompa unha peza da vaixela [4]. Nestes casos, pode suceder que quen o sufra perda a paciencia e renegue ou maldiza, pecando.

Os pautos co demo

editar

Dicimos que o demo busca captar almas para o inferno, e para iso intenta levar a cabo un pacto co home ou muller -escrito e asinado con sangue humano- no que este lle entrega a alma a cambio de diñeiro, poder, amor, saúde ou calquera outra cousa que cobice esa persoa [5]. Unhas veces é o demo quen busca a oportunidade de tentar a esa persoa pero outras veces é esta quen chama pola presenza do demo utilizando diferentes fórmulas, como por exemplo os ensalmos que se poden atopar no Libro de San Cibrao ou Ciprianillo, aínda que na mitoloxía galega existen outras formas de chamar á presenza do demo. En calquera caso, cando se está ante el cómpre non manifestar medo ningún porque o demo despreza ós covardes e nunca fai pactos con eles.

Cabe a esperanza de que resulta posible romper estes pautos e enganar ó demo. En Ardán (Marín) cóntase que no monte Castelo había un gran tesouro e que varios homes foron buscalo. No cume do monte aparecéuselles o demo, entre tronos e terremotos, preguntando qué querían. Eles dixeron que querían o ouro e o demo aceptou darllo, a cambio de que lle trouxeran un home, pero aínda que intentaron levar ó rapaz máis parvo da aldea, este logrou zafarse. Aqueles homes colleron un gato e así conseguiron enganar ó demo. Por fin, este veu cun carro cargado de diñeiro pero un dos homes exclamou un Valgame Deus! e neste instante desapareceron tanto o demo como o diñeiro.

 
Tentacións do Demo a Cristo

Noutro caso, recollido en San Cristovo de Lóuzara (Samos), o demo reta a un home a saltar un pequeno burato no chan. Este, desconfiando polo fácil que semellaba ganar, foi consultar co abade, quen lle asegurou que se trataba dunha trampa e que, cando intentara saltar, o burato crecería e crecería ata que o home caese dentro. Pero díxolle que levara un gato ou unha galiña negros [6] e que o deixara caer no burato mentres el saltaba, porque o demo sempre cobraba unha cousa viva. Efectivamente, cando caeu o animal no burato, este pechouse inmediatamente e o demo, alporizado, rebentou coa rabia.

As crenzas sobre o comportamento do demo cos seus servidores son contraditorias. Para uns, nunca falta á súa palabra e coida dos que pactan con el, porque é sabido que Ó demo ós seus quer. Pero para outros é ó contrario e maltrata a quen cae nas súas mans, e por iso dise que Así paga o demo a quen o serve.

Así, dise que un dos ladróns das xoias do Mosteiro da Armenteira, gardara un valioso cáliz pero arrepentiuse e quería devolvelo, aínda que non se atrevía porque non quería que ninguén soubera que fora el. Cando, xa vello, veu chegar a hora da morte, pediulle ó fillo, crego, que o fixera el, pero axiña. O fillo tomou o cáliz e comezou a andar cara a Armenteira, pero o mosteiro estaba moi lonxe e temía non cumprir a encarga antes de morrer o pai. Aínda que rezou moito, non avanzaba de abondo e cada vez estaba máis canso, así que chamou ó demo e pediulle axuda. O demo veu e levouno nun instante, de xeito que puido deixar o cáliz sobre o altar antes de que morrera o pai, salvando así a súa alma. Pero aínda así o demo levouno canda el por máis que o crego protestara por ir ó inferno tras facer unha boa obra, e deulle esta razón: ¿Pra que me chamaches? Agora, vén comigo!!

Crese que o demo atende cando se lle invoca. Na Ría de Muros corre a seguinte lenda que explica como se formou a Illa da Creba. A Creba era un lugar na costa habitada por mouros. Dunha volta, os cristiáns matáronos a todos agás á filla do xefe. Esta invocou ao demo, quen levantou unha violenta treboada que afogou aos cristiáns e separou aquel anaco de terra, que desde entón foi illa. A moura converteuse nunha gran serpe que, acompañada por outras feras, dedicouse a afundir os barcos que pasaban pola zona[7].

Diferentes representacións do demo

editar

O lendario galego é extraordinariamente rico en relatos que recollen a presenza e actos do demo nos diferentes lugares de Galicia.

Non se trata sempre do anxo rebelado contra Deus, senón que existen moitas manifestacións, desde o chamado demo maior ou demo negro (realmente, un colectivo de demos), que é a representación do mal e busca condenar á xente no inferno, ata os demos domésticos, caracterizados polas travesuras que realizan no ámbito da casa ou da corte [8]. Estes últimos son os coñecidos como demiños, tardos ou trasnos, así como diaño burleiro. Existe tamén o chamado demo coxo, que o pobre sempre chega tarde.

 
Os demos, en forma de mono, tentando a Xesús na Fachada das Praterías da catedral de Santiago
 
O demo, baixo a forma de serpe, tentando a Adán e Eva (Simes, Meaño, Pontevedra)

Pode adoptar calquera forma, humana, animal ou monstruosa, e pode aparecerse ante as súas vítimas no lugar que mellor conveña ós seus fins. Formas animais preferidas son as do can, gato e, sobre todo, serpe (con ou sen as) ou dragón, pero en Sarandós apareceuse ante un abade en forma de lebre xigantesca; noutros casos é en forma de coello [9]. Tamén se cita en forma de mono, porco, galo de vistosa plumaxe, castrón ou carneiro, burro ou cabalo [10] ou mesmo en forma de pomba, que foxe convertida en corvo. Para rematar con semellante plurimorfismo, pode adoptar unha forma híbrida de home e animal (como tal, con corpo de home e cabeza de cabalo) ou corpo de home e patas de cabra.

A representación do demo como serpe ou lagarto no momento de tentar a Adán e Eva son relativamente comúns nos fustes dos cruceiros galegos.

Cando toma forma humana, as descricións varían entre un home maduro, un señorito alto e ben vestido [11], e que adoita falar en castelán, ata a figura dun vello que, aínda así, é quen de preñar ás mozas só coa mirada. Pero pode identificarse por determinados detalles que o delatan, como as cintas coas que suxeita a súa barba postiza, ou porque lle asoman os pezuños de cabra por baixo dos pantalóns, ou porque se lle ve o rabo; tamén polo cheiro a xofre que o precede. Nalgún caso cítase o feito de ter unha das súas mans furada. A presenza de rabo, cornos, orellas de gato ou pezuños foi reflictido na arte desde a Idade Media. Por outra banda, resulta fácil recoñecer as obras do demo porque sempre deixa algunha pegada, de aí que se afirme que o demo sempre deixa o rabo fóra.

Pero tamén pode tomar forma feminina. En Laroá (unha parroquia de Xinzo de Limia) apareceuse a un mozo baixo a forma da súa noiva, e cando este intentou darlle un abrazo atopou unhas formas duras, uns peitos anormais e uns dentes de egua baixo a sonrisa da suposta moza.

Na Pontenova (Lugo) recolleuse a lenda seguinte [12]. O Demo xa existía antes da creación do mundo e estaba ante Deus cando este comezou a crear o home. Deus meteu un dedo na auga e deixou caer unha pinga, e desta pinga naceu un home. O Demo, orgulloso como era, repetiu o xesto e creou outro home, pero non contento con isto, meteu os cinco dedos e así conseguiu crear cinco homes de vez, crendo demostrar así que era superior ó mesmo Deus. Pero este, ante tal xesto de soberbia, mandouno ó inferno para toda a eternidade.

Coñecidas son as tentación do demo a Cristo no deserto. Na terceira tentación:

"Pero aínda o levou o Satán a un monte moi alto e, mostrándolle os reinos todos do mundo enteiro, cheos de esplendor, díxolle: Heiche dar todo isto se te prostras e me adoras" [13]

Pois ben, en Galicia dise que tales feitos aconteceron en Cambados. E que cando o demo lle mostrou toda a terra coñecida e prometeu darlla, advirtiulle que non toda: "Todo isto heiche dar se me adorares, agás Fefiñáns, Cambados e Santo Tomé" (os tres lugares que conforman Cambados) [14].

Como librarse do demo

editar

Como o demo sempre a está buscando, cómpre protexerse con determinadas prácticas ou obxectos con poderes relixiosos. Entre as primeiras están o sinal da cruz, rezar certas oracións ou dicir, chegada a ocasión. fórmulas como arrenégote, demo, ou ben Vade retro. Entre os obxectos protectores, chamados cousas boas, temos reliquias, medallas e estampas, rescritos [15], incenso ou fragmentos de pedra de ara [16]. Estas cousas boas adoitan gardarse dentro dunha bulsa e levarse no peto ou colgarse tras da porta da casa.

Un remedio considerado moi eficaz é recitar, cando se achega o demo, as palabras de San Xoán retorneadas. Trátase dunha oración formada por trece invocacións que hai que recitar -en castelán- cara a adiante (A la una..., a las dos..., a las trece) e logo cara a atrás (A las trece..., a las doce..., a la una). O demo nunca resiste este recitado e escapará cun estoupido.

Posesión diabólica

editar
 
Un exorcista expulsando os demos

O demo é moi capaz de meterse no corpo dunha persoa, dando lugar a unha enfermidade imaxinaria denominada "ramo cativo" (ou endiañamento), nome popular que designa na práctica a case calquera trastorno mental, epilepsia [17] ou condutas anormais, que se sospeitan poidan ser obra do demo [18]. As persoas nas que entrou o demo chámanse endiañados, enmeigados (por confusión) ou espiritados.

O demo responsable da posesión pode ser un ou varios e, neste caso, son distintas categorías: demos verdadeiros ou simples espíritos malignos. A entrada do demo nun corpo pode ser por propia iniciativa do demo, que aproveita un descuido da persoa que lle deixa algunha porta aberta (por exemplo, cando alguén bocexa e esquece facer o sinal da cruz sobre a boca). Outras veces é por culpa do enfermo: dise que hai mulleres que chocan un ovo no sobrazo para conseguir un diaño familiar, pero logo ese diaño se mete nelas. E unha terceira posibilidade é que sexa unha bruxa a que lle dá a beber ou comer a unha persoa á que quer mal algo no que botou un demiño.

A posesión maniféstase de formas moi variadas: arrebatos durante os que o enfermo revira os ollos, retórcese no chan e bota escuma [19]; pero noutros casos o enfermo queda ríxido, coma morto, e mudo. Ou ben berra con forza blasfemias tremendas contra Deus, a Virxe e os santos ou pronuncia obscenidades, normalmente en castelán e con acento estraño, pero tamén en linguas estranxeiras ou en grego e latín, linguas que por suposto nunca aprendera a persoa afectada. Outros síntomas claros son o rexeitamento violento ás cousas santas ou a entrar na igrexa.

Risco conta que en Vilarchao (na Peroxa, Coles) unha muller tiña dous demiños, os dous casteláns; outra, en Castro Caldelas, tamén tiña dous, pero un andaluz e outro arxentino, e outra máis, do mesmo lugar, tiña catro, dos que un era bo e falaba portugués. Conta tamén que o sancristán de Arteixo conseguiu que un vello botara 17 diaños pero aínda tiña un mais, que era cura e mudo, polo que non se sabía a forma de expulsalo.

 
Santuario da Nosa Señora do Corpiño (en Lalín)

Para curar, hai que levar ó enfermo a determinados santuarios eficaces para expulsar o mal,[20] entre os que destaca o do Corpiño (en Lalín), pero tamén se facía en Santa Eufemia de Arteixo, no Convento de Santa María de Belvís (Santiago) ou no Santo Cristo de Ourense [21]. Dise que tamén na capela de Santa Mariña, á entrada de Redondela, que foi capela de lázaros (leprosos), tamén se botaban fóra os demos.[22]

Era habitual que os propios abades colaboraran botando exorcismos, pero non todos eran igual de entendidos nin todos querían facelo. Un exorcismo logrou expulsar da muller aqueles diaños andaluz e arxentino, pero axiña se meteron no corpo dunha filla e custou moito tempo sacarllos.

Cómpre indicar ó demo un lugar onde poida meterse logo de saír da persoa posuída, destino que pode ser unha besta (que adoita morrer ó pouco) ou un lugar deshabitado, e tamén indicarlle por onde saír, para evitar que poida danar un órgano importante. En Melide, un crego exconxurou un demo que tiña unha vaca, e cando o demo lle preguntou onde se ía meter o crego contestoulle: “Métete no cu da miña mula”. O demo obedeceu e foise para onde lle dixeran, pero tal se puxo a pobre mula que ó final houbo que matala [23].

No Corpiño, ademais do exorcismo, tocábase o enfermo cunha reliquia e facíaselle vomitar cun hisopo impregnado en aceite das lámpadas. Noutros sitios lense os Evanxeos ante o enfermo, aplícanse reliquias e rescritos ou aspersións de auga bendita. Na capela do Santo Cristo de Ourense había que preguntar ós demos, no momento no que o cura volva a folla de Santos [24]a onde queren ir. Executado o exorcismo, o enfermo botaba o demo ou os demos pola boca en forma de enredos de pelo [25].

Naquel caso do demo bo que falaba en portugués, foi el mesmo quen lle explicou á muller como librarse: ir andando a Ourense (pero logo volver por outro camiño), en compañía de dúas persoas, levar o rosario da súa nai e, unha vez en Ourense, sacarse unha moa.

Risco conta [26] -aínda que non o localiza- que o demo non pode causar dano ás mulleres embarazadas, pero que para salvar ese inconveniente se converte nunha partícula moi pequena que, unha vez dentro do corpo, se transforma nun insecto velenoso e termina matando o feto. Para evitalo, cómpre recorrer ó Bautismo anticipado, mediante o cal bautízase ó meniño aínda dentro do ventre da nai, nunha ponte que teña un cruceiro, cerimonia que debe celebrar o primeiro home que chega á ponte despois das doce da noite.

O demo como construtor

editar
 
Ponte de Pontedeume, tida por obra do demo

Tamén está estendida a crenza de que o demo, só ou en colaboración cos mouros, é quen de construír diferentes estruturas, sobre todo pontes pero tamén edificios e mesmo mosteiros, como o de Samos. Evidentemente, fai o traballo a cambio da alma da persoa á quen beneficia a construción.

Así, dise que foi o demo que levantou, nunha soa noite [27] a Ponte de Pontedeume ou a Ponte do Burgo (en Pontevedra) [28]. Neste segundo caso, foi unha moza a que ofreceu a súa alma ó demo, cansa de vadear tódolos días o río Lérez. O demo aceptou o reto e construiulle unha ponte pero -xa sabemos que é vaidoso- parouse a contemplar a obra cando aínda lle faltaba poñer a última pedra e sorprendeulle a alborada sen rematar, polo que non puido esixir á moza a alma prometida.

En Becerreá, o trato foi a alma do primeiro que cruzase a Ponte de Gatín, se ben corre outra versión que di que foi o demo, aparecido en forma de gato (e de aí o topónimo), quen se ofreceu a facerllo a unha muller preñada a cambio do meniño que ía nacer (ou foi ós veciños a cambio do primeiro que nacese no lugar, confiando en que sería ese meniño), pero o que naceu antes foi un gatiño, que foi o que os veciños entregaron ó demo. Aínda hai outra versión máis: había dous mozos namorados que vivían un a cada lado do río Navia. O mozo, para evitar a volta que tiña que dar para ir ver á noiva, fixo un pauto co demo (que se disfrazara de gato) polo que lle entregaría o primeiro fillo que tiveran a cambio de facerlles unha ponte. Cando a moza pariu, o mozo levoulle un gato metido nun saco, que o demo aceptou antes de abrilo, salvando así ó seu fillo.[29]

O caso de Samos é diferente. Alí foron os propios monxes os que chamaron ó demo utilizando os ensalmos do Ciprianillo e obrigárono a traer toda a pedra necesaria para levantar o mosteiro (iso si, só polas noites), sen recibir nada a cambio.

Tamén os frades do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil lle pediron ó demo que lles construíse unha ponte de pedra en substitución da vella ponte de madeira que tiñan daquela. A obra tiña que estar feita nunha semana e xa no primeiro día o demo tiña feito o primeiro piar. Vendo esta forma de traballar, os frades decidiron romper o pauto. Hoxe, aquela obra interrompida quedou como a Agulla do Demo, un alto penedo vertical en Anllo (no concello de Sober).

O demo foi tamén o creador do Pedregal de Irimia (en Meira, Lugo), considerado a fonte primaria do Miño. A lenda conta que alí existía un pequeno convento cisterciense e o demo decideu destruílo. Unha tarde, creou unha forte treboada e mandou unha tropa de diabos cargados de grandes pedras para botalas riba do convento. Os frades comezaron a rezar e o tempo pareceu ir calmando, ata que apareceu no ceo o mesmo Bernaldo de Claraval que fixo desaparecer a treboada. Entón, os demos fuxiron tirando ó chan as pedras que levaban, formándose así o pedregal.

Outra proba da soberbia do demo -que ás veces é o que o perde- vese nas lendas sobre os desafíos á Virxe. Contan que cando a Virxe ía na súa burra cara Exipto atopouse co demo montado nun espléndido cabalo. Este reta á Virxe a ver quen pode salvar dun chouto o río e Virxe faino sen dificultade ningunha, e por iso aínda se ven na pedra do outro lado as pegadas das ferraduras da burra, mentres que o demo salta pero non logra superar a distancia, e cae ó fondo do río, afundíndose no pozo que, desde aquela, recibe o nome de Pozo do Inferno.

Léxico

editar

Destaca a abundantísima referencia ó demo na denominación de plantas e animais:

 
Froito da Figueira do demo (Datura stramonium)

Locucións

editar
  • Adeprender co demo: dise de quen parece que só aprende e só quere aprender cousas malas [38].
  • ¡Agora verás ó demo!: exclamación que se lanza cando se presume quje vai acontecer algo desagradable ou prexudicial [38].
  • ¡Aí anda o diaño!: dise cando calquera asunto se torce e complica como afectado por enredos ou manexos ocultos [39].
  • Aí está o demo: velaí o principal inconveniente, a maior dificultade [38].
  • Aí será o demo: indica onde se sospeita que haberá maior risco ou perigo [38].
  • Anda feito un demo: aplícase a quen está de mal humor, como levada dos demos [38].
  • Anda o demo na casa: dise cando na casa só hai liortas e disensións entre os membros da familia [38].
  • Andar o demo ceibo, andar o demo solto: acontecer feitos adversos de forma imprevista; haber enfrontamentos entre a xente [38][40].
  • Andar o demo no lugar: dise cando os veciños dunha aldea están frecuentemente enfrontados [38].
  • Ándalle o demo no corpo: dise da persoa que está habitualmente enferma sen saber de que; tamén dun rapaz moi traste [41].
  • Andar unha cousa polas mans do demo: andar as cousas de mal en peor, que non hai forma de sacalas adiante [38].
  • Armarse unha de tódolos demos: producirse un problema grave e moi complicado [38].
  • ¡Arre demo!: expresión de sorpresa ou asombro; tamén expresa queixa pola acumulación de cousas ou problemas que molestas ou incomodan [38].
  • Arrenegado sexa o demo!: expresión para desexar que algo non suceda nunca, ou cando sucedeu algo que non se desexaba [40].
  • ¡Arrenégote, demo!: expresión de rexeitamento ante algo incrible ou fóra do normal; tamén ante un feito pecaminoso. Algunhas persoas acompañan a expresión persignándose [38].
  • Así lle paga o demo a quen o sirve, así paga o demo a quen o sirve: expresión que se aplica ós ingratos, que merecen un castigo á súa acción [38][41].
  • ¡Así me coma o demo!: xuramento co que se quere reforzar a veracidade do que un afirma (¡Así me coma o demo si non é certo!) [38].
  • Así te leve o demo: expresión para expulsar de mala maneira a alguén; tamén se di cando se rompe ou se perde unha cousa que, en realidade, valía pouca cousa [38].
  • Atentar o demo a un: atribuír ó demo as tentacións que un poida sufrir [38].
  • Ben sabe o diaño onde se mete: dise dun liante que escolle ben as persoas coas que trata [38].
  • Cangouma o demo: queixa cando se sofre unha desgraza, como se fose o demo o causante [38].
  • ¡Cangóuse o demo no medio!: dise cando un asunto, que parecía ir sobre rodas, se torce inexplicablemente, como por influencia do demo [41].
  • ¡Cata que demo!, ¡Cata que diaño!: expresión de conformidade de quen se daría por contento se as cousas fosen como se anuncian. Tamén pode expresar algo así como xa o creo, claro que si [38][39].
  • Coma o demo: demasiado, en exceso, aplicado a algo desagradable (fede coma o demo) [38].
  • Coma un demo: dise da persoa ou cousa mala ou molesta en exceso (pesa coma un demo) [38].
  • ¡Cómate o demo!: exclamación contra alguén extremadamente malo [38].
  • Comer o demo [a alguén]: desesperarse, consumirse, estar intranquilo [40].
  • ¿Como demo...?: utilízase indistintamente para expresar admiración, ira, desgusto, contrariedade, incredulidade, reconvención etc.[38].
  • Como o demo non a torza...: dise para expresar esperanza de conseguir que o propósito que se persegue saia como se quere [38].
  • ¡Con mil demos!: expresa anoxo, indignación, enfado [38].
  • Cousas do demo: dise daquilo que resulta incrible, extraordinario, que non se alcanza a comprender [38].
  • Da caste do demo: comparación coa condición do demo [38].
  • Dalo todo ó demo: abandonar un obxectivo, cansarse ou aburrirse de esforzarse por algo [38].
  • Dar de comer ó demo: manter a persoas ingratas, facer favores a quen se porta de forma desagradecida [38].
  • Dar ó demo: expresa desprezo, desdén, desaire cara a unha persoa ou cousa (douche ó demo a comenencia) [38].
  • Dar que facer ó demo: realizar unha mala acción [38].
  • Dar que rir ó demo: facer trasnadas e falcatruadas [38].
  • Darse un ó demo: enfadarse, desesperarse, encolerizarse [38].
  • Dárselle un demo a un: denota o maior desinterese, non importar nada o asunto que se trata [38].
  • De demo: precedido dun verbo, moito (berra de demo, come de demo, corre de demo) [38].
  • De mil demos: esaxeración de calquera cousa mala ou moi incómoda [38].
  • De tódolos demos: algo moi desagradable, moi malo (levou unha corrida de tódolos demos) [38].
  • Deberlle un carto ó demo: dise a quen reincide en realizar maldades [38].
  • Debíalle un día ó demo e funllo pagar hoxe: dise cando alguén sofre unha desgraza [41].
  • ¡Demo!: exclamación de estrañeza, sorpresa, dúbida etc., en cousas pouco ou nada agradables [38].
  • ¡Demo fóra!: exclamación para exconxurar un suposto perigo [38].
  • ¡Demo non digas!: equivale a pode ser, quizais sexa así, ¿será verdade?. Implica tamén advertencia para facer algo que evite o dano ou perigo que se teme [38].
  • ¡Demo vos tolla!: fórmula de ameaza e maldición contra alguén [38].
  • Demos coroados: conxunto de persoas ou cousas malas de máis [38].
  • Demos non son santos: dise cando alguén comete unha mala acción, e tódolos demais asumen que é moi capaz de facelo [41].
  • ¡Demos te coman!: imprecación contra alguén ou contra algo [38].
  • Do demo: fórmula de negación ante algo que se ten por seguro que non ocorrerá (o rapaz foise e do demo si volve; Do demo vai = non irá, non). Expresa tamén desinterese, indiferenza ou desprezo: do demo cousa vale; do demo me importa que se quede ou que se vaia. E tamén significa nada ou case nada: do demo cousa me queda se comenzo a dar o que teño. Do demo cousa lle dixen [38].
  • Dos demos: posposto nunha frase, serve para exagerar algo que se dá por molesto e negativo (había unha barullada dos demos). Expresa tamén unha dificultade ou inconveniente grandes (o ser probe é unha aquela dos demos) [38].
  • Dou ó demo se...: expresa a imposibilidade de que suceda algo (Dou ó demo se agora se pode vivir) [38].
  • É das que botou o demo pola cueira do carro; é das que dixo o demo ¡ora!; é das que dixo o demo ¡xo!: aplícanse a unha muller brava e de carácter forte [38].
  • Enganar ó demo: ser moi astuto e marrulleiro, ser un zorro [38].
  • Entrou o demo en ...: dise cando nun grupo pechado aparecen constantes discusiones e enfrontamentos (Entrou o demo na casa, entrou o demo nesa familia, entrou o demo no concello) [38].
  • Era o demo: dise de plans ou propósitos maquiavélicos ou diabólicos [38].
  • Éres o demo: dise a quen só pensa e realiza as maiores trasnadas [38].
  • Está tocado do demo: dise dunha persoa especialmente malvada [41].
  • Estar dado ó demo: estar moi furioso [38].
  • Estar levado do demo: dise de quen fai moitas trasnadas e maldades.[38].
  • Estar/chegar/vir levado dos demos: estar moi enfadada unha persoa [38][40].
  • Estar un feito un demo: estar moi irritado, aloucado [38].
  • Estar no quinto inferno, estar nos quintos infernos: estar algo ou alguén moi lonxe [42].
  • Estar unha cousa coma o demo: estar algo, unha casa, un asunto, completamente revolto e embrollado [38].
  • Estudar co demo: non facer senón discorrer travesuras e maldades [38].
  • Fai o que non fai o demo: dise de alguén que é moi atrevido e ten sorte [41].
  • Gardarse do demo: tomar precaucións ante un previsible risco grave; tamén é consello a alguén contra quen se está tramando algo (¡Gárdate do demo, Luís!) [38].
  • Haber moito demo: advertencia que se fai ante calquera asunto que se adiviña complicado e no que se prevén moitas dificultades (Aquí hai moito demo) [38].
  • Haber o demo delas/deles: haber moitas persoas ou cousas (hai o demo diles, hai o demo de cousas, hai o demo de moscas, hai o demo de alimarias) [38][43].
  • Haber o demo e a nai: haber un altercado ou riña de medo, pero tamén foliada ou diversión buliciosa. Tamén pode expresar, simplemente, moita cantidade (hai o demo i a nai de cereixas; houbo o demo i a nai de xente na festa) [38][43].
  • Hai moitos demos da mesma cor: dise cando se quiere excusar algún vicio ou defecto, mediante a comparación cos demais [38].
  • Houbo as do demo; houbo o demo co carneiro; houbo o demo e a súa nai; houbo o demo i a nana; houbo o demo parido; houbo o demo polas pernas: diferentes fórmulas para magnificar unha situación, un problema, un desastre [38].
  • Inda me leve o demo!: xuramento para reforzar unha afirmación que se fai e se mantén. Por veces continúase coa cautela non o queira Dios [38].
  • Iso é o demo: sinala a maior dificultade en conseguir algo [38].
  • Iso... ¡un demo!: resposta a unha proposta inaceptable porque non se pode, non se quere ou non se debe aceptar [38].
  • Levar a un o demo: estar desesperado e moi intranquilo [38].
  • Levar o demo unha cousa: tener un asunto un fin desastroso, cando se esperabaun éxito [38].
  • ¡Léveme o demo!: xuramento co que se asegura a veracidade do que se aforma [38].
  • Levou o demo a besta e mais quen a tangue [44].
  • Levouno o demo: ter un fin tráxico [41].
  • Máis que o demo: superlativo do verbo que se antepón (inventa máis que o demo; sarilla máis que o demo). Tamén denota a decisión firme de facer unha cousa, aínda cando o demo quira impedilo (máis que o demo se empeñe, hei de ir á festa) [38].
  • Malos demos me coman: xuramento co que se quere garantir a execución dunha cousa (malos demos me coman se non che dou unha labazada) [38].
  • ¡Malos demos te (nunca) leven!: expresa desagrado, recriminación, reproche [40].
  • Mandar a un ó quinto inferno/ós quintos infernos: expulsar a alguén de malos modos [42].
  • Mesmo parece cousa do diaño: expresa asombro e incredulidade ante algo extraordinario que non se concibe como puido idearse ou facerse [39].
  • Meterse o demo a predicador: dise de quen quere dar bos consellos cando non os ten para si mesmo [38].
  • Metérselle o demo na cabeza (a alguén): dise de quen concibe ou quere levar a cabo unha idea descabellada [38].
  • Nin o demo: dise de algo imposible (nin o demo lle tira o vicio da xogueta) [38].
  • Nin que fora o demo: dise de algo que non se comprende, que non ten explicación lóxica [38].
  • Non parar o demo: dise cando hai un frío moi intenso (na festa ía un frío que non paraba o demo) [38].
  • Non sexa o demo que..., non sexa o diaño que...: expresa o temor a que xurda algunha contrariedade [38][39].
  • Non ten o demo por onde collelo: dise de quen só ten vicios e ningunha boa cualidade [38].
  • Non valer pra Dios nin pro demo: dise do que quedou totalmente inservible [38].
  • O demo as carga: advertencia para desconfiar de todo, mesmo do que poida ter a mellor aparencia [38].
  • O demo do lerio este: referencia a un asunto complicado, embrollado ou dificultoso [38].
  • O demo non dorme, o demo nunca ten sono: advirte que as desgrazas ou trasnadas poden xurdir en calquera momento [38][41].
  • O demo ós seus quer: porque quen mal anda busca malas compañías [38].
  • Ó demo por ruín: fórmula para olvidarse de algo, para indicar que non paga a pena lembralo nin incomodarse [38].
  • O demo que cho dixo: desagrado cando se descobre que alguén sabe algo que se tiña por secreto [38].
  • O demo que te chore: dise a quen non fai máis que lamentarse e queixarse sen motivo [38].
  • O demo que te entenda: dise a quen sostén ideas contraditorias, que hoxe afirma algo que onte negaba ou que di cousas opostas ás que fai [38].
  • O demo que te merque: dise a quen se ten en máis do que realmente vale, ó que se porta dunha forma egoísta, ó que non fai nada polos demais [38].
  • O demo sexa xordo: denota o rexeitamento a unha palabra malsoante, ou o desexo que non aconteza algo que se teme [38].
  • O demo ten cara de coello: expresa incredulidade e burla ante algo inverosímil ou inventado, e que se pretende facer pasar por verídica [38].
  • O quinto inferno, os quintos infernos: dise dun lugar moi afastado [42].
  • ¡Ora o demo!, ¡Ora o diaño!: exclamación de sorpresa ante unha cousa inusitada, que non se crería se non se estuvese vendo [38][39].
  • ¡Ora o demo dorme!: ¡que ocorrencia! [38][45].
  • Parecer cousa do demo: aplícase a algo que non parece estar feito por medios naturais, algo ó que non se lle atopa explicación [38] [46].
  • Parece que te viu o demo: dise a quen todo lle son desgrazas, a quen lle sae mal todo o que intenta [38].
  • Partirlle o demo os cornos (a alguén): dise de quen parece que lle pararon os pés [41].
  • Pau de demo: golpe que se dá cun pau con tódalas forzas, sen reparar onde vai dar [38].
  • Poñerse coma un demo: encolerizarse, perder os nervios [38].
  • ¿Qué demos...?: expresión de desagrado ou impaciencia (¿qué demos queres?) [38].
  • ¡Qué diaño de muller!: expresión de admiración ante unha muller, pola súa beleza ou polos seus encantos [39].
  • ¿Que te leve o demo!: maldición contra alguén [38].
  • ¿Quén demo?, ¿quén demos?: expresión de mal humor ante calquera cousa que molesta (¿quén demo anda aí?; ¿quén demo peta á porta?; ¿quén demos sodes vós?) [38].
  • ¡Rape o demo!: maldición, que te leve o demo.. (¡Rape o demo se aquel home non vai pra taberna!) [38].
  • ¡Rapen os demos!: expresión de sorpresa ou admiración (¡Rapen os demos, como te peneiras!; ¡Rapen os demos, qué mozo estás feito!) [38].
  • Recastado do demo: aplícase á persoa de mala casta, de mala índole, de mala condición [38].
  • Renegar (de alguén) coma do demo: fuxir de alguén como se fose o demo [38].
  • Saber máis que o demo: dise de quen sabe as cousas máis difíciles (aquel concursante sabía máis que o demo) [38].
  • Seica me atentou o demo: dío quen tivo unha mala tentación, e a atribúe á intervención do demo [38].
  • ¿Seica te viu o demo?: dise da persoa que empeorou de pouco tempo acá, de quen se lle ve moi desmellorado [38]. Tamén se aplica a quen fixo algo malo, coma se o fixera tentado polo demo.[47]
  • Ser coma un demo: ser malo, perverso, traste [38].
  • Ser da pelexa do demo: ser obstinado na realización de trasnadas e malas accións [38].
  • Ser do coiro do trasno: aplícase máis ós rapaces que dan moitas diabruras [48].
  • Ser o demo rabelo: ser algo ou alguén precisamente o que se desexaba [38].
  • Ser o diaño, ser un diaño: dise dun meniño traste que todo o alborota [39].
  • Ser un demo: portarse un como o mesmo demo [39].
  • Ser un demo endiañado: dise dunha persoa realmente perversa e maligna [38].
  • Ser un demo perdido: dise dun tunante, libertino, sen solución [38].
  • Ser un moi mixiriqueiro pro inferno: ser excesivamente delicado, queixarse sen fundamento ou por nada, poñer reparos inútiles [42].
  • Tan bo é o demo coma a súa nai: denota que os fillos adoitan herdar os vicios e defectos dos pais [38].
  • Ter as mans levadas do demo: dise de quen é tan torpe que rompe ou estropea todo o que colle nas mans [38].
  • Ter o demo no corpo, Ter o diaño no corpo: dise de quen anda constantemente dun lado a outro, que non para quieto nun sitio; aplicado a un meniño, que é moi fedello e o revolve todo [39][49].
  • Ter pauto co demo, Ter tratos co demo: facer moitas trasnadas [38][40].
  • Tirar o demo da manta: descubrir algunha cosa que, por ser desagradable ou prexudicial, conviña manter oculta ou reservada [38].
  • Torceulla o demo: dise cando se frustra unha empresa que ía por bo camiño [38].
  • ¡Un demo!: expresión de rexeitamento a aceptar ou facer algunha cousa [38].
  • ¡Vaia o demo con todo!: dise cando se sofre unha importante perda e, aínda por riba, tamén se torcen aspectos pouco importantes [38].
  • ¡Vaite, demo!: expresión de sorpresa [38].
  • ¡Vaite ó inferno!: expresión de ira para expulsar a quen non fai máis que molestar [42].
  • Veña o demo escoller: dise cando non hai nada que escoller, porque tódalas opcións son iguais ou moi parecidas [38].
  • Veréde-lo demo cómo foi: fórmula utilizada para comezar o relato dalgún sucedido [38].

Refraneiro

editar
  • A demo, demo e medio [38].
  • Á muller beilar, e ó burro ornear, o diaño debeullo ensiñar [50].
  • A muller é fogo; o home estopa; vén o demo e sopra [50].
  • A muller que a dous noivos quer ben, lévena os diaños, amén [50].
  • A quen Dios lle negou fillos, o demo aparoulle sobriños [51].
  • A vide e a xesta co demo en testa.
  • Ala vai o demo revolto despois do sol posto [38].
  • Algunha vez di o demo a verdade [38].
  • Ás veces o demo é tendeiro [52].
  • Bebe dispois do caldo, e manda o médico ó diaño [53].
  • Ben sabe a besta a quen leva, i o demo a quen atenta [54].
  • Ben sabe o demo a quen atenta, e a besta a quen leva [38].
  • Ben sabe o demo a quen precura, e a besta a quen derruba [38].
  • Ben sabe o demo o frangallo que racha [38].
  • Ben se rí o diaño cando o famento dá ó farto [39].
  • Besta do demo: ¿vas baleira e déitaste? [54].
  • Caldo sen pan no inferno o dan [55].
  • Cando Dios dá a fariña vén o demo e quítaa [56].
  • Cando o demo non ten que facer, co rabo torna as moscas [38].
  • Cando o demo non ten que facer, en algo se ha de entreter [38].
  • Cando o demo reza, algunha cousa quer [38].
  • Cando o demo reza, non é de crer [38].
  • Cando o demo veña á tua porta, non lla peches, entórnalla [38].
  • Cando toma corpo o diaño, vístese de avogado [39].
  • Cando vai torta o demo a endereita [57].
  • Cando vai torta o diaño a guía [57].
  • Cregos, frades, curuxas e choias, dou ó diaño esas catro xoias [58].
  • Dá o demo escontra a pedra, e non sempre a creba [38].
  • Da rapa á rebola, veña o demo e escolla [38].
  • Da rapa á rebola, veña o diaño e escolla [55].
  • Dade ó demo a chave que tódalas portas abre [38].
  • Dade ó demo o amigo que vos deixa a palla e vos leva o trigo [38].
  • De boas intenciós está o inferno cheo [42].
  • De caldo requentado e vento de burato, gárdate coma do diaño [53].
  • Demos mercar, e demos vender, pouco negocio pode ser [38].
  • Deus é bo, pero o demo non é malo.
  • Día de san Lourenzo, a terra leva o demo.
  • Dou ó demo todos, dixo o que araba con lobos [38][55].
  • Dou ó demo a besta que non gana a cebada [54].
  • Dou ó demo o poldro que en vendo égoas non relincha [59].
  • Entre a rapa e a rebola, que o demo escolla [38].
  • Entre folla e folla veña o demo e escolla [60].
  • Está o inferno cheo de mal agradecidos [42].
  • Fariña do demo, toda se volve farelo [56].
  • Fariña do diablo toda se volve salvado [61].
  • Fariña que trai o demo, logo se volve farelo [38].
  • Febreiro quente trae o demo no ventre [62].
  • Home coxo e can rabelo, disconfía dil coma do demo [55].
  • Hoxe festa, mañán festa, ¡valla o demo a mala vida esta! [63].
  • Hoxe festa, mañán festa, ¡véigante os diaños coa vida esta! [63].
  • Labor feita, obreiro ó demo [41].
  • Máis sabe o demo por ser vello que por ser demo [38].
  • Millor viño demo ca auga santa [35].
  • Non é o demo tan feo coma o pinta o medo [38].
  • Non ha de estar sempre o demo detrás da porta [38].
  • O demo as arma, e o demo as desarma [38].
  • O demo as fai e o pecado as descobre [38].
  • O demo as tapa e o demo as destapa con tamboril e gaita [38].
  • O demo coxo, inda ás veces corre máis que outro [38].
  • Ó demo e á muller, nunca lles falta qué facer [38].
  • O demo é vello, i o tempo é sabio [38].
  • O demo ensiña a pecar, pero non a rezar [38].
  • O demo ensiña a romper, mais non a compoñer [38].
  • O demo farto de carne, meteuse frade [38].
  • O demo non é santo [38].
  • O demo pras facer pon a manta, e pras descobrir toca a gaita [38].
  • O demo tira da manta, e todo o destapa [38].
  • O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás.
  • O home é fogo, a muller estopa; vén o diaño e sopra [64].
  • O home é lume, e a muller é estopa; vén o demo e sopra [64].
  • O inferno está cheo de bos desexos [42].
  • O inferno está cheo de bos desexos, e o ceo de boas obras [42].
  • Ó mozo avergonzado, o demo levouno ó pazo [65].
  • Ó mozo novo dalle ovos; ó mozo vello dalle demos [65].
  • Ó que co demo traballa, os bois se lle desmandan [38].
  • O que está de Dios non o leva o demo [38].
  • O que ha levar o demo, poñerllo á porta [38].
  • Onde non pode metela cabeza o diaño, mete o rabo [39].
  • Ou a Dios ou ó demo ninguién deixa de servilos, senón o que sirve a entrambos [38].
  • Ovella melinde, o demo a trasquila.
  • Ovella menga, o demo a trasquila.
  • Ovella menga, o demo a trasquía.
  • Polo vintecatro de agosto, san Bartolomeu deixa o demo solto [66].
  • Por fondo que o demo cave, todo se lle sabe [38].
  • ¿Qué diaño fixeches e de onde saíches, que á tua nai non viches e pai non tiveches? [39].
  • Quen cava co demo a viña, co demo a vindima [67].
  • Quen co demo anda, co demo acaba [38].
  • Quen co demo cava a viña, co demo a vindima [38].
  • Se no Samartiño non matas cocho ou año, coa fame levarate o diaño.
  • Se o demo nos ha levar, que nos leve en coche [38].
  • Tanto leva o diaño o roubado coma o ben ganado [39].
  • Tanto lle quer o demo ós fillos, que lle arrinca os ollos [38].
  • Tanto lle quer o demo ós fillos, que os quer ver asados e cocidos [38].
  • Todo vai como o demo quer, mais non cal debía ser [38].
  • Tres fillas e unha nai, catro diaños pra un pai [51].
  • Un demo a outro demo non lle achega ós tizós ó pelexo [38].
  • Un soilo demo non fai inferno [38].
  • Xaneiro quente trae o demo no ventre.

Cantigueiro

editar
  • Ai, ai, que me leva o demo!/ Ai, ai, que me vai levar!/ Ai, ai, que me leva o demo/ nas gallas de Satanás! [68].
  • Ai, Maruxiña, un bico pequeno,/ se mo non dás, lévate o demo;/ lévate o demo e vaite levar;/ ai, Maruxiña, tu hasmo de dar [69].
  • Alá arriba naquiles penedos/ anda un galo con tres pitas negras;/ o galo a cantar, a pita a berrar,/ seica anda o demo naquile lugar [70].
  • Benitiño pequeniño/ non vaias polo camiño,/ que hai un rato coma un demo/ metido nun buratiño [71].
  • Canta se queres,/ rapaza do demo,/ canta se queres,/ dareiche un mantelo [72].
  • Cantar, quixera cantar,/ pero a gorxa non me sirve;/ que queres que faga o demo/ con moza que se presine? [72].
  • Do outro lado do río,/ do outro lado de alá,/ hai unha cousa vermella,/ non sei que diaños será! [73].
  • Eres mil demos te leven,/ cinco mil carguen contigo;/ se tiñas amor por outro/ pra que falaches conmigo? [74].
  • Eu ben vin esta-lo cuco,/ por debaixo dun loureiro,/ eu non me caso contigo,/ demonio de lacaceiro [75].
  • Eu xa vin esta-lo demo/ dacabalo dunha bruxa:/ o demo calca que calca,/ a bruxa puxa que puxa [76].
  • Garatuxas fan os homes/ cando andan a pretender;/ raio parta a toda a casta,/ leve o demo o seu querer [77].
  • Indo prá feira da Ponte/ atopei un carballiño,/ atopei demos te leven/ metidos nun buratiño [78].
  • Malo raio parta ós homes/ e o demo que os leve/ en quitando ós meus irmáns/ e ó moreno que me quere [79].
  • Miña nai deume unha tunda/ porque onte falei contigo;/ dime que es pior que o demo/ e polo tanto enemigo [80].
  • No alto daquela serra/ anda un galo con tres pitas negras;/ o galo cantan i as pitas berran,/ aquil é o demo que anda na serra [81].
  • Non vos deixendes guiar/ por homes pormetedeiros:/ que amostren as boas obras,/ leve o demo os parrafeos [82].
  • Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [83].
  • O demo diste vello/ inda se quere casar;/ faille falta un biberón/ pró poder alimentar [84].
  • O meu home está morrendo,/ Asús, que contente estou,/ moitas porradas me deu,/ malia o demo que o tentou [85].
  • O meu maridiño/ foi a Ribadeu;/ mal demo cho leve/ que aixiña me veu! [85].
  • Os homes todos vos teñen/ un pouco da pel do demo,/ pois cando na casa rifan/ aquelo é un inferno [86].
  • Pra cantar e pra beillar,/ meniña, Dios te criou;/ para reza-lo rezairo/ o demoño te atentou [87].
  • Se me hei de casar contigo,/ válante cinco mil diablos;/ pra atender á paridura/ cómpreme un nabal de nabos [88].
  • Teño que cantar e rir,/ teño de pasar o tempo,/ o que estea no inferno/ que se meta máis adentro [89].
  • Tu e-lo demo, meniña,/ que me non deixas dormir;/ ten compasión de min, nena,/ que teu pai logo ha de vir [90].
  1. Cachán, cachano e cachizo son unha referencia evidente ós pecados sexuais.
  2. Todos estes nomes do demo cóllense das seguintes fontes: Dicionario da Real Academia Galega, s. v. demo, Eladio Rodríguez González, Xoán R. Cuba e Vítor Vaqueiro. Véxase a sección de Bibliografía
  3. O nome, que se traduciría por luz bela, fai alusión a que antes era o anxo máis fermoso e luminoso.
  4. Situacións cotiás que se pretenden explicar con expresións do tipo "Anda o demo na casa", "Anda o demo no lugar" ou similares
  5. O DRAG recolle a forma pauto para designar especificamente o pacto co demo.
  6. Segundo as distintas versións.
  7. Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v. serpe.
  8. E de aí os conceptos de diabrura ou trasnada.
  9. E talvez veña de aí a locución "O demo ten cara de coello", para expresar incredulidade ante algo inverosímil.
  10. Por veces, unha parella de castróns.
  11. En ocasións, o que viste é un traxe feito de ferro.
  12. Vítor Vaqueiro.
  13. Mateo 4, 8-9 (A Biblia Galega.com)
  14. Outra tradición popular basea nos mesmos feitos a orixe do nome do Monte Tibidabo, en Barcelona. Disque o nome Tibidabo procede do latín Tibi dabo, que significa "te daré": "et dīxit illī haec tibi omnia dābō si cadens adōrāveris mē" (Bofarull, Manuel (2002): Origen dels noms geogràfics de Catalunya. Valls: Cossetània. px. 174).
  15. Amuleto que contén un conxuro escrito. Lévase a modo de escapulario, colgado do pescozo, e tamén se usa para protexer o gando.
  16. Raspaduras sacadas dunha ara -altar- consagrada.
  17. Tamén o gando vacún pode sufrir ataques epilépticos, que o aldeán atribúe igualmente unha posesión diabólica. De aí que unha das denominacións populares desta doenza sexa esprito (Benavente Jareño, P. e Ferro Ruibal, X.: O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Xunta de Galicia, 2010), px. 652).
  18. Risco recolleu no Castro (Dozón) a seguinte descrición que demostra o amplo abano de posibles casos de ramo cativo: "A diabólica posesión aponse ás persoas que nos seus movimentos fan cousas raras, como andar moi apresa polos tellados sen caír, dar brincos non acostumados etc." (Risco, 442).
  19. Nótese que son síntomas da epilepsia.
  20. Véxase a información que recolle Marcial Valladares Núñez no Dicionario de Dicionarios, s. v. ramo.
  21. Blanco Amor describe na súa novela autobiográfica La catedral y el niño (1948) cómo presenciou durante un Corpus Christi a cerimonia da "expulsión de los diablillos de catro mulleres e dous homes por parte dun dos curas da catedral e ante o Santo Cristo: "Ó entrarmos na catedral xa escoitamos uns gritos, como brados de animais, que foron precisándose a medida que nos achegabamos á capela do Cristo, ata concretarse en palabrotas e xuramentos que lanzaban aqueles infelices... Virábanse en terribles contorsións, botando escuma pola boca, blasfemando de tal xeito que resultaba insoportable escoitalos (Blanco Amor: La catedral y el niño, 4ª ed. Galaxia 1997, px. 131-134).
  22. Antonio Soto: "Redondela na cantiga popular", en El Museo de Pontevedra XXXIV, 1980, 431-453 (a información recóllese da nota 9 na páxina 444).
  23. Varios: Terra de Melide, Seminario de Estudos Galegos, Compostela 1933, 440.
  24. Folla do misal coa imaxe de Cristo crucificado.
  25. Algunha vez se dixo que tiñan forma de ourizo cacho.
  26. Risco, 440.
  27. Este apuro para cumprir a súa parte do trato é habitual. Cóntase que cando ten que erguer unha ponte non o fai el, persoalmente, senón que recorre a unha cuadrilla de demos menores ós que aguilloa para que traballen. Ó grito de Canta o galo branco, pico ao canto, comezan a traballar; cando canta o segundo galo berra Canta o galo pinto, ande o pico; e para que rematen o chollo berra Canta o galo negro, pico quedo.
  28. A mesma explicación se dá para a construción do Acueduto de Segovia. Había unha moza que tiña que percorrer tódolos días un largo camiño a coller auga na fonte (lémbrese que o acueduto de Segovia ten unha lonxitude de 17 quilómetros, a distancia entre o manancial e a cidade) e decideu vender a alma ó demo se este lle puña a auga diante da casa á mañá seguinte. O demo aceptou e comezou a levantar o acueduto axudado por un exército de pequenos diaños. Cando o viu a moza, arrepentiuse do que dixera e rezou á Virxe para que a salvara. A Virxe compadeceuse e adiantou o mencer, de xeito que cando cantou o galo aínda quedaba unha pedra por poñer, suficiente para que o demo non puidera facerse coa alma da moza (Francisco Javier Tostado).
  29. Secretos de Galicia III, La Voz de Galicia, 2022, pp. 62-63.
  30. 30,0 30,1 Constantino García González.
  31. Aníbal Otero 1977, s. v. demo.
  32. 32,0 32,1 Ríos Panisse (1977).
  33. 33,0 33,1 33,2 Losada, Castro e Niño (1992).
  34. Elixio Rivas Quintas (2001).
  35. 35,0 35,1 Elixio Rivas Quintas (1978).
  36. Apéndice a Eladio Rodríguez González.
  37. Ríos Panisse (1983).
  38. 38,000 38,001 38,002 38,003 38,004 38,005 38,006 38,007 38,008 38,009 38,010 38,011 38,012 38,013 38,014 38,015 38,016 38,017 38,018 38,019 38,020 38,021 38,022 38,023 38,024 38,025 38,026 38,027 38,028 38,029 38,030 38,031 38,032 38,033 38,034 38,035 38,036 38,037 38,038 38,039 38,040 38,041 38,042 38,043 38,044 38,045 38,046 38,047 38,048 38,049 38,050 38,051 38,052 38,053 38,054 38,055 38,056 38,057 38,058 38,059 38,060 38,061 38,062 38,063 38,064 38,065 38,066 38,067 38,068 38,069 38,070 38,071 38,072 38,073 38,074 38,075 38,076 38,077 38,078 38,079 38,080 38,081 38,082 38,083 38,084 38,085 38,086 38,087 38,088 38,089 38,090 38,091 38,092 38,093 38,094 38,095 38,096 38,097 38,098 38,099 38,100 38,101 38,102 38,103 38,104 38,105 38,106 38,107 38,108 38,109 38,110 38,111 38,112 38,113 38,114 38,115 38,116 38,117 38,118 38,119 38,120 38,121 38,122 38,123 38,124 38,125 38,126 38,127 38,128 38,129 38,130 38,131 38,132 38,133 38,134 38,135 38,136 38,137 38,138 38,139 38,140 38,141 38,142 38,143 38,144 38,145 38,146 38,147 38,148 38,149 38,150 38,151 38,152 38,153 38,154 38,155 38,156 38,157 38,158 38,159 38,160 38,161 38,162 38,163 38,164 38,165 38,166 38,167 38,168 Eladio Rodríguez González, s. v. demo.
  39. 39,00 39,01 39,02 39,03 39,04 39,05 39,06 39,07 39,08 39,09 39,10 39,11 39,12 39,13 Eladio Rodríguez González, s. v. diaño.
  40. 40,0 40,1 40,2 40,3 40,4 40,5 Victoria Cerviño Ferrín.
  41. 41,00 41,01 41,02 41,03 41,04 41,05 41,06 41,07 41,08 41,09 41,10 José María Pereda Álvarez (1953).
  42. 42,0 42,1 42,2 42,3 42,4 42,5 42,6 42,7 42,8 Eladio Rodríguez González, s. v. inferno.
  43. 43,0 43,1 Elixio Rivas Quintas (1988).
  44. Juan Sobreira Salgado: Papeletas.
  45. Nunha obriña de teatro, Mourenzá. Lance dramático nun auto, o Rapeta dille a Madanela que a ama e ela, estrañada, exclama: "Ora o demo dorme... ¿tu? ¿Ti me quixeches?" (Armando Cotarelo Valledor, en Nós nº 94, 15.10.1931, px. 185.
  46. O xornalista Fernando Ónega, natural de Pol (Lugo), recollía esta expresión en boca da súa nai: "Cando a miña pobre nai vía simplemente cómo se abría unha porta cun mando a distancia, dicía: 'Parece cousa do demo'" ("Pegasus, cousas do demo", en La Voz de Galicia 21.04.2022).
  47. "Vaites co mansa que é a vaca! Seica te veu o demo pra traguer ista fera" (Manuel García Barros: Aventuras de Alberte Quiñoi, Galaxia, Vigo 2020, 164).
  48. Marcial Valladares Núñez (1884).
  49. ERG, demo.
  50. 50,0 50,1 50,2 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  51. 51,0 51,1 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  52. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: As veces.
  53. 53,0 53,1 Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
  54. 54,0 54,1 54,2 Eladio Rodríguez González, s. v. besta.
  55. 55,0 55,1 55,2 55,3 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  56. 56,0 56,1 Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.
  57. 57,0 57,1 Eladio Rodríguez González, s. v. ir.
  58. Eladio Rodríguez González, s. v. crego.
  59. Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.
  60. Equivalente a Tan honrado é o caldo coma as castañas. Elixio Rivas Quintas (1988).
  61. Marcial Valladares Núñez (1984).
  62. Rosario Soto Arias 2013.
  63. 63,0 63,1 Eladio Rodríguez González, s. v. hoxe.
  64. 64,0 64,1 Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  65. 65,0 65,1 Eladio Rodríguez González, s. v. mozo.
  66. Rosario Soto Arias.
  67. Eladio Rodríguez González, s. v. cavar.
  68. Xaquín Lorenzo Fernández, 32.
  69. Xaquín Lorenzo Fernández, 33.
  70. Xaquín Lorenzo Fernández, 35.
  71. Xaquín Lorenzo Fernández, 53.
  72. 72,0 72,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 58.
  73. Xaquín Lorenzo Fernández, 72. No orixinal: bermella.
  74. Xaquín Lorenzo Fernández, 75.
  75. Xaquín Lorenzo Fernández, 79. No orixinal: estalo, de un.
  76. Xaquín Lorenzo Fernández, 84. No orixinal: vín, estalo, de unha.
  77. Xaquín Lorenzo Fernández, 86.
  78. Xaquín Lorenzo Fernández, 90. A feira da Ponte celebrábase o 22 de cada mes no lugar da Ponte Liñares (tamén chamada A Feira Nova), na parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande.
  79. Fermín Bouza Brey 1929, 180. No texto: ôs, ô.
  80. Xaquín Lorenzo Fernández, 99. No orixinal: és.
  81. Xaquín Lorenzo Fernández, Vigo 1973, 108.
  82. Xaquín Lorenzo Fernández, Vigo 1973, 113.
  83. Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de íl, de unha. Non é posible saber a que Portela se refire, pero hai un carballo excepcional chamado Carballo do Campo, no lugar da Portela, parroquia de San Mamede de Sabaxáns, no concello de Mondariz, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras.
  84. Xaquín Lorenzo Fernández, 117. No orixinal: de iste.
  85. 85,0 85,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 121.
  86. Xaquín Lorenzo Fernández, 125.
  87. Xaquín Lorenzo Fernández, 135. No orixinal: crióu, atentóu.
  88. Xaquín Lorenzo Fernández, 143.
  89. Fermín Bouza Brey 1929, 164.
  90. Xaquín Lorenzo Fernández, 157. No orixinal: élo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • CERVIÑO FERRÍN, Mª Victoria: "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 441-462.
  • CUBA, Xoán R., REIGOSA, A. e MIRANDA, X.: Dicionario dos seres míticos galegos, Xerais, 2008.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • LOSADA, E., CASTRO, J. e NIÑO, E.: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1992.
  • OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: Vocabulario de San Jorge de Piquín, Verba anexo 7, Universidade de Santiago, 1977.
  • PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19-52.
  • RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
  • RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Verba anexo 19, Universidade de Santiago 1983.
  • RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires 1962, tomo I, 435-446.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas II, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo 1988.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370.
  • VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.
  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v. demo.

Outros artigos

editar